Distribuir contido

Acción exterior de Galicia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2171 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

17/11/2012
17/11/2012
IGADI

Por todos é coñecido que Galiza posúe un amplo e consolidado conxunto de especificidades de carácter identitario, histórico, social e mesmo cultural que lle confiren unha posición privilexiada á hora de presentarse perante a sociedade internacional. E unha delas, senón a máis poderosa en materia de acción exterior, sería a nosa lingua, o galego.

02/11/2012
02/11/2012
IGADI

(Intervención no II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos EE.UU.: Experiencias de Galicia e Açores”)

A diáspora, como a lingua ou a nosa condición atlántica, entre outros, é un dos sinais de identidade de Galicia como comunidade e un valor diferencial a ter en conta para o desenvolvemento de calquera estratexia de proxección exterior baseada no irrenunciable principio de universalización. Sen dúbida, esa bagaxe diaspórica que nos define como país co seu ronsel de memoria e reflexión constitúe, a primeira vista, un valor que Galicia ten a obriga de compartir coa sociedade internacional contemporánea, dentro e fóra das estruturas que lle dan forma.

17/10/2012
17/10/2012
IGADI

A acción exterior é de vital importancia para Galicia. Por iso, a maioría das forzas políticas que concorren ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 21 de outubro incorporan no seu programa electoral, en maior ou menor media, un apartado referente ao papel que Galicia debe desempeñar no mundo. Os dous partidos maioritarios, PPdeG e PSdG-PSOE, son os que lle dedican un espazo maior a esta materia e os que coinciden nos ámbitos prioritarios de actuación, aínda que o enfoque e os medios para conseguir estes fins sexan diferentes. Así, mentres o Partido Popular de Galicia aposta por seguir afondando nas políticas centradas na internacionalización da economía, o PSdG-PSOE sinala como prioridades a definición dunha axenda exterior en cooperación cos axentes económicos, culturais e sociais; ou contar coa colaboración do Goberno do Estado e das súas institucións no exterior có ánimo de ser máis eficientes.A máis, o PSdG-PSOE anuncia: a modificación da rede de oficinas no exterior para incorporar os servizos que demandan as empresas, a promoción dunha imaxe de marca de Galicia asociada aos valores emerxentes da sociedade, así como facilitar tanto a presenza das institucións públicas e privadas de Galicia nos foros internacionais, como o desenvolvemento de eventos promovidos por entidades multilaterais en Galicia.

25/09/2012
25/09/2012

A acción exterior é un activo esencial para calquera sociedade que pretenda estar no mundo e tirar proveito tanto das novas oportunidades como situarse na corrente das principais tendencias internacionais. Só así se pode arbitrar un palco de encontro entre pobos e culturas pero tamén reducir o peso da periferia e da distancia dos principais centros de poder.

20/09/2012
20/09/2012

Pronunciamento ante as eleccións do 21 de Outubro

Convocados os comicios autonómicos para o próximo 21 de Outubro, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, considera oportuno trasladar ao conxunto da opinión pública e ás diferentes formacións que concorren neste proceso, as seguintes consideracións e propostas.

02/05/2012
30/04/2012

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal atópase nunha encrucillada dende hai tempo, mesmo con anterioridade á actual crise. A ela chegamos constatando avances importantes de todos coñecidos en certas materias. Pero se de algo carecemos ao longo destes anos na súa formulación e xestión foi dunha visión efectivamente integral da relación entre Galicia e (o Norte de) Portugal.

24/04/2012
24/04/2012

As comunidades autónomas non deberían permitir que unha vez aberto se pechara en falso o debate sobre a acción exterior, ata agora reducido a cuestións case anecdóticas.

09/12/2011
01/01/2012
ECO

Leo con satisfacción que emerxen proxectos conxuntos de pequenas e medianas empresas galegas e portuguesas para promover a súa internacionalización. En concreto, do sector agroalimentario e no marco do proxecto Lan Pymexport, con financiamento europeo. Ao longo do último ano, algunhas voces, tamén institucionais, téñense feito eco da importancia de favorecer unha alianza interrexional de cara á internacionalización.

28/09/2011
29/09/2011

O presidente Feijóo non é dos que se prodigan nas saídas ao exterior. Por iso cabe atribuír unha especial significación á súa recente viaxe a Panamá e México.

28/08/2011
01/09/2011

Jorge Carlos Fonseca foi elixido novo presidente caboverdiano na segunda rolda das eleccións celebradas o pasado 21 de agosto.

03/08/2011
03/08/2011

Nese discurso que na calor da crise abunda na idea de aliviar administración e descualificar a acción das comunidades autónomas en numerosos campos, acostuma a colarse a referencia ás “miniembaixadas repartidas por todo o mundo” que veñen a ser algo así como gasto disparatado, produto de delirios de grandeza equiparable ao de aeroportos sen viaxeiros ou circuítos de carreira sen coches, que de todo hai na viña del señor.

11/07/2011
11/07/2011
A Galicia Exterior

Tradicionalmente tense considerado que a emigración, en clara relación coas súas motivacións de orixe, constitúe un drama para o país, unha “sangría” a medio camiño entre a “traizón” e a renuncia a involucrarse nunha dinámica de transformación do país que só pode vir, xenuinamente, desde dentro.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais