Distribuir contido

Acción Exterior de Galicia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1934 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

11/08/2017
11/08/2017
Sermos Galiza

Teño o meu propio parecer a propósito da concesión da medalla de ouro de Galicia ao ex presidente portugués Cavaco Silva pero con independencia diso o que chama a atención do xesto das autoridades galegas cara Portugal é a insistencia unha vez mais no simbolismo sen que isto teña unha correspondencia coa dotación dunha axenda construtiva. Ata unha persoa tan pouco sospeitosa de hipercriticismo como o secretario xeral do Eixo Atlántico, Vázquez Mao, recoñecíao non hai moito neste mesmo dixital ao comentar os resultados do último cumio hispano-luso. Por certo que o Eixo xa se adiantara á propia Xunta ao lle outorgar a Cavaco unha medalla de ouro hai un par de anos.

11/08/2017
11/08/2017
ECO

China semella estar de moda en Galicia. O alcalde da Coruña estivo por alá recentemente, antes fora o de Pontevedra. E moito antes, Orozco, cando exercía o bastón de mando en Lugo. Entre outros líderes da tribo. Agora tocoulle a quenda ao presidente da Xunta. Primeira vez. Chegar a China corenta anos despois de comezar a política de reforma e apertura que a transformou na segunda economía do mundo é un mérito a destacar. Ir da man de empresas poderosas nese modelo de relacionamento non gobernamental que constitúe a marca senlleira da nosa paradiplomacia tampouco é cousa menor, certamente propio das sociedades con institucións febles e que teñen dificultades para establecer relacións de goberno a goberno pero tamén propio de quen fai causa da segmentación por principio, diferenciando entre comenencias a corto prazo e estratexias de alcance con certa altura de miras.

15/09/2016
15/09/2016
Sermos

As eleccións locais de hai pouco mais dun ano sacudiron en boa medida os cimentos do poder municipal galego abrindo fiestras de esperanzas dun cambio transformador, tamén na abordaxe do reto  exterior. O poder urbano de novo signo tiña e ten ante si moitos desafíos. A necesidade de dotarse dunha estratexia exterior é evidente no caso das grandes urbes. Non obstante, ningún paso, nin sequera simbólico, se deu neste sentido. É unha magoa que así sexa. Quedan un par de anos para poñerlle remedio.

04/05/2015
05/05/2015
Praza

Contrasta soberanamente o flagrante silencio rexistrado no debate da autonomía de outubro pasado sobre cuestións exteriores co acaloramento da mais recente liorta parlamentaria a propósito de Venezuela. Semella que só o tema importa cando outras consideracións se cruzan por medio. A diferenza na intensidade aplicada polas súas señorías ten a ver mais cun debate rebordante de ideoloxía mesturado co afán de prexudicar ao contrario e menos coa necesidade e conveniencia de xerar propostas construtivas que salienten o que pode achegar Galicia nestes contextos.

27/06/2012

Igadi, Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Santiago de Compostela, marzo 2003, 233 páx.

27/06/2012

Igadi, Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Santiago de Compostela, marzo 2004, 202 páx.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais