| Tribuna |
||||||||
| Liberdade para o Papa Xosé Luís Franco Grande, (A Nosa Terra, 24/01/2008) |
||||||||
|
Dirixíndose aos manifestantes (os datos tómoos de Le Monde do domingo 20), o Papa defendeu a tolerancia e o “amor pola liberdade e a verdade”. Unha maneira de procurar deixar en fóra de xogo aos que impediron o seu discurso en La Sapienza e que organizaron nela unha “semana anticlerical”. Pero a verdade é que Ratzinger cando se refire á verdade só ten en conta a súa, nunca a dos outros, pois unha e outra vez nos di que a única verdade é a da súa Igrexa e que fóra dela non é posible a salvación. Estraña maneira de ser liberal e de defender a verdade. Con eses antecedentes ben coñecidos, non vexo como se pode ser “sempre respectuoso coas opinións dos outros” e procurar “cun espírito libre e responsable, a verdade e o ben”, como dixo aos manifestantes. Agás, claro é, que se trate tan só da súa verdade e do seu ben, que el acostuma valorar sempre “pro domo sua”. Ou sexa, que se viu forzado a facer un discurso ben hipócrita, como calquera outro político, entretecendo nel frases ocas que serven para todo e non din nada, nun esforzo manifesto para que aparecesen como intolerantes os profesores e os alumnos, non el. A miña conclusión é a de sempre: que este Papa parece moi pouco cristián.
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 01/02/2008 |
||||||||
|
||||||||