| Texturas Internacionais nº 5 Os irmanamentos en Galicia, a ruta local do internacional |
| Unha Guía Rápida: os irmanamentos en vintecinco preguntas |
|
María del Mar Gómez |
|
1. ¿Que é un Irmanamento? É o encontro de dous municipios que deciden facer pública a súa unión para contrastar os seus problemas e para desenvolver entre eles uns lazos de amizade e de cooperación cada vez máis estreitos. É un compromiso que adopta o municipio e os seus habitantes, como culminación dunha serie de contactos preliminares. O primeiro grupo de contacto acostuma a ser reducido e integrado polo alcalde, algúns edís e algún membro do Comité de Irmanamento, caso de que xa estea formado. É o momento do encontro persoal e da primeira reunión conxunta de traballo na que se debe dar resposta a unha serie de interrogantes elementais: ¿por que nos queremos irmandar? ¿que actividades queremos desenvolver? ¿que obxectivos queremos acadar a través desta unión? A primeira visita debe ir seguida dunha invitación por parte da outra Corporación para afondar no coñecemento mutuo e no traballo preparatorio. Os irmanamentos entre municipios, impulsados polas corporacións e sempre coa participación da cidadanía, permiten un mutuo coñecemento, un achegamento a problemáticas e retos comúns, así como a articulación de fórmulas de cooperación e de solidariedade. Os irmanamentos posibilitan o desenvolvemento de relacións de tipo horizontal entre as respectivas sociedades, tanto a nivel sectorial como en conxunto, enaltecendo valores positivos como a convivencia e a comprensión. Así mesmo, poden favorecer o progreso recíproco a partir da complementariedade das respectivas economías locais e a potenciación do turismo. Calquera concello pode facelo. Tamén as mancomunidades de municipios, mesmo as deputacións provinciais ou parroquias ou barrios. Pero o formato clásico e máis contextualizador nos remite ao concello como institución máis representativa e que pode aglutinar a pequena escala mil e unha dimensións de interese (cultura, deporte, industria, comercio, educación, turismo, etc) para o artellamento de relacións bilaterais sólidas. Debe ser o Pleno da Corporación quen proporcione a forma definitiva ás iniciativas que se poidan formular neste sentido. Un aspecto importa coidar especialmente: o consenso político, de forma que todas as forzas políticas presentes nunha corporación poidan advertir e valorar a transcendencia desta iniciativa para o conxunto da cidadanía. Deste xeito evitaremos que no futuro os hipotéticos cambios que poidan producirse nunha corporación en virtude da alternancia democrática non afecten á marcha e funcionamento dun proxecto que debe caracterizarse pola súa dimensión marcadamente institucional. O consenso que debe presidir a aprobación da iniciativa debe traducirse tamén no fomento da participación plural no programa de actividades que poida definirse para dotar de contido o irmanamento. Facilita o mutuo coñecemento e o intercambio de experiencias, aspectos que poden redundar na mellora da xestión e no afianzamento de boas prácticas de goberno. Así mesmo permiten o achegamento a problemáticas e retos comúns, permitindo artellar alternativas enriquecedoras para todos e coas que ampliar o benestar cidadá. Os irmanamentos provocan unha apertura de horizontes que nos pode axudar a ver con máis claridade as carencias do noso municipio e nos pode axudar a emprender novas realizacións. O problema do idioma acostuma a ser o obstáculo máis presente. Pero na práctica se ven demostrando que cada un é quen de desenvolverse moito mellor do que imaxinaba inicialmente. En moitos casos os propios animadores se propoñen como primeira meta a aprendizaxe do idioma da cidade ou vila irmandada. A tal efecto, organizan cursos elementais para mozos e adultos que permiten familiarizarse coa linguaxe cotiá e acadan un grande éxito. Na actualidade, non, e resulta bastante complicado por iso dispor dunha relación actualizada de entidades locais irmandadas. É un dato de interese na medida en que, unha vez optemos por un país e un concello determinado, de saber doutros concellos de Galicia irmandados con municipios do mesmo país, o intercambio de información pode favorecer especialmente a aqueles que se inician nesta dimensión da vida local. A tipoloxía é moi ampla. Dos irmanamentos “reconciliación” xurdidos despois da segunda guerra mundial, pasamos aos chamados europeístas, comprensión, cooperación, triangulares, etc. O tipo de irmanamento vai estar en función do contido predominante que vai presidir o marco de relacións. Se a relación a establecemos cun municipio dun país do Sur, en vías de desenvolvemento, a cooperación ao desenvolvemento pode ser o eixe esencial. Se é cun país comunitario, o turismo, a aprendizaxe de idiomas ou outros elementos o cualificarán especificamente. A título orientativo se acostuma a fixar unha proporcionalidade en función do número de habitantes: ata 10.000, un; de 10.000 a 50.000, un-dous; de 50.000 a 100.000, dous-tres; de 100.000 a 500.000, tres irmanamentos. Esa determinación é consecuencia da necesidade de garantir que os acordos adoptados neste sentido poidan logo dispor de vida real e autónoma. Moitos irmanamentos difíciles de xestionar poden derivar en desencanto e frustración. Podemos citar: similitude das poboacións, idéntica toponimia, vínculos históricos, orientación europeísta, razóns de tipo simbólico, lazos culturais ou cuestións de interese común no marco transfronteirizo, a existencia dunha área marítima compartida, a potenciación da cooperación ao desenvolvemento, o mutuo respaldo a acordos de paz locais e a procesos de normalización política e reconstrucción económica tras superar fases de conflictos, simples intercambios entre entidades e cidadáns. Tan diversa é a problemática citada anteriormente que resulta decisiva unha reflexión previa para acertar na elección do municipio co que irmandarse. De non definir ese perfil con claridade e actuar de xeito impulsivo sen calibrar estratexicamente a pervivencia futura desa iniciativa, pode axexarnos o fracaso. Importa por iso sopesar adecuadamente a decisión, barallando distintos puntos de partida, identificando as similitudes que poidan aproximar: toponimia, historia, arquitectura, rango administrativo, actividade económica, actividades culturais ou deportivas, festividades ou outras actividades distintas pero complementarias. Un irmanamento entra en vigor coa subscrición do “Protocolo”, “Convenio de Irmandade” ou “Pacto de Irmandade”, asinado polos alcaldes dos respectivos municipios, unha vez que os plenos adoptaron os acordos esixidos. A cerimonia de irmanamento debe desenvolverse sucesivamente en cada municipio. Pode programarse como unha recepción de “notables” ou como unha festa popular (neste caso a preparación debe ser coidadosa). En canto ao aloxamento, é costume enraizada o facelo con familias da localidade xa que facilita o coñecemento directo entre as persoas. É o instrumento que propicia e asegura a participación real das poboacións e contribúe ao dinamismo e duración do irmanamento. É o interlocutor das poboacións e se encarga da elaboración de proxectos e programas. Agrupa, baixo a presidencia de honor do alcalde e arredor dunha delegación da corporación, a representantes das asociacións locais (culturais, deportivas, xuvenís...), cámaras de comercio e industria, asociacións de comerciantes, profesores de centros educativos, etc. O traballo conxunto dos Comités representa un enriquecemento considerable xa que permite a definición de obxectivos comúns e a súa posta en práctica. As primeiras actividades dos Comités han de referirse ás asociacións e organizacións locais con similitudes ou intereses comúns e posteriormente intentar asociar a colectivos non incorporados. Así será posible pasar de “vivir xuntos” a “facer xuntos”. As estructuras que pode adoptar son moi variadas, en función das características específicas que concorran en cada caso. Non obstante, as máis usuais son: de estructura municipalista, con representación do concello por unha banda (alcalde, parte dos edís, técnicos relacionados coas áreas involucradas no irmanamento) e a poboación por outra (incluíndo representantes de diversos colectivos sociais); e de estructura asociativa: o Comité se constitúe como unha entidade cultural e recreativa sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia. Citemos algunhas: encontros e intercambios escolares e xuvenís; aprendizaxe e práctica de idiomas; integración de emigrantes; relacións de tipo comercial e económico; intercambios de experiencias entre os órganos rectores das comunidades (urbanismo, medio, transportes, formación do persoal municipal...); desenvolvemento de programas de índole cultural e social; fomento do turismo entre os cidadáns das respectivas poboacións; intercambios deportivos; recoñecementos simbólicos; celebración anual dunha semana sobre a cidade ou vila irmandada con actos de moi diverso carácter, etc. Sempre é recomendable elaborar unha lista con todas as asociacións e entregar copias á poboación irmandada. Cómpre implicar ao número máis amplo posible de cidadáns e estes deben considerar o irmanamento como un asunto de todos. A tal efecto, é esencial a planificación da información que debe chegar ao conxunto da sociedade a través de todos os medios posibles: directamente a colectivos, mediante boletíns, folletos, carteis, notas de prensa, etc. As federacións de municipios e provincias de Galicia e de España. Tamén os departamentos de administración local ou de acción exterior da Xunta de Galicia. Igualmente centros especializados de análise e investigación coma o IGADI. Se acompaña neste Manual un listado de contactos. O habitual é contar cunha partida específica nos orzamentos (se recomenda o 0,5%) ou se non é posible, adaptar parte do orzamento destinado a actividades culturais ou recreativas. Os gastos que deben considerarse son: gastos de viaxe dos representantes desprazados; de cerimonia, recepcións, regalos e de animación; de aloxamento de manutención; posibles subvencións a entidades para a realización de actividades con entidades similares do municipio irmandado. As actividades dos irmanamentos, xeradoras de gasto ou non, deben implicar a amplos sectores da poboación para que poidan comprobar de motu propio a utilidade deste investimento. As axudas para irmanamentos se realizan a través do Fondo Europeo para Irmanamentos e subvencionan a creación de novos vínculos e o reforzamento dos xa existentes. Por outra banda, a Comisión Europea subvenciona actividades levadas a cabo entre os entes locais da Unión (Sócrates, Leonardo da Vinci, Calidoscopio, Eurathlon...). A Xunta de Galicia non dispón de subvencións específicas pero algunhas actividades programadas no marco dun irmanamento poden acadar subvencións de diferentes departamentos. Outro tanto acontece coas deputacións provinciais. Actualmente, o número de entidades locais irmandadas en Galicia rolda os setenta, un número importante e significativo que da conta da existencia dunha preocupación nun momento dado por impulsar este mecanismo de cooperación. A Coruña e Pontevedra lideran o proceso, seguidos de preto por Lugo. Pero moitos destes irmanamentos son pasivos, é dicir, carecen de vitalidade por falta de contido debido a que despois da ilusión inicial non se deu co mecanismo idóneo para a súa dinamización. Non obstante, existen exemplos paradigmáticos de irmanamentos moi activos. Neles ten especial relevancia a participación cidadá. O principal destino dos irmanamentos é Europa occidental, destacando Francia e Portugal. No caso de Francia é de destacar a sensibilidade céltica. Cos municipios da Europa da ampliación comezan a emerxer propostas concretas. O seguinte bloque é o integrado por outras comunidades de España, en especial Catalunya. A seguir, o continente americano, con especial proxección para América Latina (Arxentina, Cuba). Hai e debe habela e nun dobre sentido. Non é por casualidade que algún concello galego estea irmandado con outro de países como Arxentina onde radica unha comunidade integrada por fillos (ou xa descendentes) orixinarios dese territorio. E á inversa: cando nun municipio galego asentan inmigrantes procedentes dun determinado país africano, eses vínculos se reforzan cun irmanamento con aquel municipio do que proceden na súa maioría. Esas fondas afinidades facilitan a concreción dunha cooperación útil e beneficiosa para ambas partes, tanto no ámbito estricto do desenvolvemento coma no das relacións en xeral. Igualmente, pois non debemos auspiciar irmanamentos de forma illada senón formando parte dunha estratexia global de país que atenda á definición de prioridades xeográficas (Europa, África de expresión portuguesa, América Latina con presencia de galegos, etc) a fin de anoar maiormente eses vínculos. Se a Administración impulsa estas iniciativas nunha mesma orientación que a Administración autonómica (sen prexuízo da autonomía de cada quen), que as universidades, que as organizacións sociais e económicas, etc, estaremos optimizando valiosos recursos e garantindo unha maior eficacia como conxunto. Existe unha ruta local do internacional. Nunha sociedade como a que vivimos todos os axentes incorporan unha dimensión exterior no seu facer. Tamén os concellos, que participan inevitablemente da vida política internacional a través da adopción de acordos sobre temáticas internacionais, a realización de contactos, viaxes ou visitas, a cooperación ao desenvolvemento, a cooperación transfronteiriza, a participación en programas europeos con fondos comunitarios ou en programas específicos de colaboración entre colectividades territoriais, a participación en redes internacionais de entes locais ou no asociacionismo internacional de poderes locais. Os irmanamentos constitúen unha manifestación da proxección exterior local que debe ser entendida como complemento e reforzamento da política exterior que desenvolve o Estado. • Debe partirse dunha proposta racionalizada e sopesada ao dar o paso para establecer un irmanamento. • É moi importante a adecuada elección do municipio contraparte, analizando previamente o tipo de irmanamento que arelamos e as súas características. • Manter conversas previas para sondar obxectivos e actividades. • A nivel interno do concello é recomendable lograr o consenso político para tomar a decisión de irmandarse, elixir o tipo de irmanamento, designar o municipio contraparte, redactar o protocolo e concretar as actividades. • Elaborar con rigor o protocolo máis alá da formalidade que implica. • Establecer claramente as responsabilidades política e técnica no seguimento do irmanamento. • Consignar unha dotación orzamentaria suficiente. • Deseñar unha política informativa adecuada e permanente cara a cidadanía. • Establecer fórmulas de participación cidadá a través do Comité de Irmanamento. • Efectuar unha convocatoria de subvencións para as asociacións do municipio. • Manter un nivel permanente de atención creativa para explorar as posibilidades e solucionar os problemas que poidan xurdir na planificación e desenvolvemento das actividades. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2003 |