| Texturas Internacionais nº 5 Os irmanamentos en Galicia, a ruta local do internacional |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Os irmanamentos en Europa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
María del Mar Gómez |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O irmanamento é un instrumento útil e concreto para consolidar a identidade de Europa, afirma a Comisión. Dende este punto de vista, o Parlamento Europeo creou en 1989 unha partida orzamentaria para o fomento de iniciativas relacionadas co irmanamento. Dende entón, a Comisión Europea se encarga de xestionar un programa de subvencións que se converteu nun importante instrumento para o desenvolvemento dos irmanamentos entre vilas e cidades en toda Europa. En maio de 2003, 80.000 europeos participaban en accións de irmanamento cofinanciadas pola Comisión Europea. Unha cifra reveladora que reflicte a vitalidade deste movemento e o interese da poboación polo proceso europeo. Falamos dun fenómeno que non deixou de evolucionar tanto nas súas formas como nas súas motivacións. Dende 1990, máis de 11.000 cidades e municipios participaron nestas accións de irmanamento. Os maiores estados membros da UE se sitúan nos cinco primeiros postos relativos á participación e copan así mesmo os primeiros lugares nas estatísticas relativas a 2002. Polonia e Hungría ocupan as primeiras posicións entre os países candidatos. A priori, se podería pensar que o irmanamento é un asunto entre veciños. Pero unha mirada máis atenta ás estatísticas revela que tal suposición debe ser matizada. Un 34,6% dos irmanamentos rexistrados na UE e os países candidatos involucran a países que non son limítrofes. Por países limítrofes se entende neste caso os países que entre as súas fronteiras media unha distancia inferior a trescentos quilómetros, de modo que países como Dinamarca e Suecia ou incluso o Reino Unido e Bélxica, separados por unha extensión de auga, se considerarían limítrofes. Se detectan catro tendencias. En primeiro lugar, as cidades dos países bálticos se irmandan prioritariamente entre elas. Por outra banda, o principal socio de cada un dos “cinco grandes” de Europa (Alemaña, Francia, España, Italia e Reino Unido) é outro dos grandes de Europa (o de Francia é Alemaña, e viceversa, o do Reino Unido, España e o de Italia é Francia). En terceiro lugar, as cidades dos países periféricos de Europa acostuman preferir os irmanamentos con socios de países centrais en detrimento dos seus veciños directos. Por último, cabe destacar que os vínculos entre as cidades de países do norte e do sur de Europa non son moi frecuentes, o que evidencia canto queda por facer aínda para afortalar esas relacións no seo da UE. O caso de Portugal dá conta da influencia que factores como a inmigración exercen nos irmanamentos. “Efectivamente, a inmigración é un factor clave para comprender a importancia de Francia nos irmanamentos en que participan cidades portuguesas. A miúdo son os propios inmigrantes portugueses os que inician os trámites nos seus municipios con obxecto de levar a cabo o irmanamento coas súas cidades de orixe”, afirma Sandra Ceciarini, da Secretaría Xeral do Consello de Municipios e Rexións de Europa. Outro exemplo de concentración é o éxito que ten Francia entre as cidades irlandesas, o cal se explica pola vontade de aprender idiomas, un dos principais motores que impulsan as accións de irmanamento. “En Irlanda, as escolas desempeñaron o papel de punta de lanza do movemento dos irmanamentos. Actuando no marco de programas de aprendizaxe de linguas, trataron de irmandarse co seu primeiro socio natural: Francia, e, especialmente, con Bretaña”, asegura Mark Callanan, responsable en materia de irmanamentos no Instituto de Administración Pública de Dublín. Número de cidades que participaron en accións de irmanamento financiadas pola Comisión Europea dende 1990:
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2003 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||