Texturas Internacionais nº 5Volver ó sumario
Os irmanamentos en Galicia, a ruta local do internacional
 
O protocolo de irmanamento, principios inspiradores, obxectivos e actividades


María del Mar Gómez
 
 

Un irmanamento entra en vigor cando se subscribe o preceptivo documento, denominado polo xeral “protocolo de irmanamento”, “convenio de irmanamento” ou “pacto de irmanamento”, que é asinado polos alcaldes dos municipios irmandados. Previamente, os respectivos consistorios deben aprobar a decisión nunha sesión plenaria.

Nese protocolo se establece o marco de colaboración, os obxectivos perseguidos, as materias de actuación conxunta e as actividades a efectuar, entre outros extremos que se consideren oportunos. Habitualmente se programan actividades relativas a intercambios informativos, culturais, escolares, deportivos, turísticos, festivos, comerciais, ambientais, idiomas e asesoramento técnico.

Os protocolos acostuman a ser moi similares en canto a principios inspiradores: reflicten intencións xerais relativas á amizade, cooperación, axuda mutua, profundización no coñecemento da contraparte, desexos de paz e prosperidade, etc. Cada irmanamento engade as súas particularidades ou marca o acento en aspectos de especial relevancia para ambas poboacións.

Así, é usual introducir o texto apuntando que ambas poboacións “queren por medio de intercambios culturais, educativos, turísticos e industriais, fomentar e afondar os lazos de amizade e comprensión mutuos, conscientes de que con iso contribúen tamén á paz mundial”, ou que agardan que “este programa xere un entendemento mutuo entre as xentes das dúas cidades/municipalidades e contribúa a unha paz e prosperidade eternas”.

Os irmanamentos con un contido europeísta acostuman a deixar constancia expresa dese feito. Os de marcada inspiración solidaria tamén patentizan a súa orientación nos textos.

En definitiva, cada irmanamento subliña aqueles aspectos que van a ser especialmente atendidos. Por exemplo, as cidades de certo potencial económico, comercial e portuario contemplan tales sectores como fundamentais para a cooperación.

Volver ó sumario

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2003
Fernando Pol