Texturas Internacionais nº 5Volver ó sumario
Os irmanamentos en Galicia, a ruta local do internacional
 
Metodoloxía


María del Mar Gómez
 
 

Nun primeiro momento, a revisión da bibliografía dispoñible, que podemos cualificar certamente de escasa, permitiu a conformación dun estudio preliminar. Se revisaron tamén outras fontes académicas e administrativas de interese para a investigación e o informe afondando máis en aspectos inicialmente abordados no dossier preliminar pero recollidos de forma máis trivial. Igualmente, en paralelo, se organizou e preparou o proceso de investigación coa formulación dun plan de acción.

Nunha segunda fase, efectuouse unha recollida e análise de datos, ampla e aberta, basicamente de carácter informativo, que foron contrastados cos existentes noutras fontes, a fin de obter unha radiografía o máis completa posible.

A realización de entrevistas foi o seguinte paso, algunhas telefónicas, outras persoais, con base nun cuestionario previamente elaborado. A dificultade maior operou na ilocalización dalgunhas autoridades que obrigou a recompilar a información a partir das achegas dos técnicos municipais. Así mesmo, dado o carácter marxinal en moitos casos da temática obxecto de investigación, non resultou sempre doado coñecer os datos mínimos e básicos, o cal proporciona unha idea da baixa intensidade xeral destas iniciativas.

A radiografía así obtida, unha vez sistematizada permitiu extraer algunhas conclusións e propostas concretas que aquí se adiantan co humilde propósito de ser implementadas administrativamente por quen corresponda a fin de mellorar a eficacia deste instrumento.

Igualmente, con esta metodoloxía o que se pretende é estimular o debate e a participación de todos os sectores sociais implicados –ou que potencialmente se poden implicar– nos irmanamentos e servir como panca de transformación da realidade, fuxindo dun academicismo pasivo e limitado á simple obtención dun maior grao de coñecemento.

Volver ó sumario

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2003
Fernando Pol