| 1902 |
|
Nace en Corcubión o 25 de xaneiro. |
| 1908 |
|
Inicia en Glasgow os seus estudios. |
| 1919 |
|
Matricúlase na Universidade de Glasgow para
cursar estudios de Filoloxía Inglesa. |
| 1923 |
|
Solicita a convalidación dos seus estudios
adquirindo o título de profesor de idiomas. |
| 1927 |
|
Comeza a colaborar cos diarios “El Pueblo Gallego”,
de Vigo, e “Informaciones”, de Madrid. |
| 1928 |
|
Publica “La saudade y el arte en los pueblos célticos”. |
| |
Traduce ó inglés “Almas Brujas” de
Manuel Linares Rivas. |
| 1931 |
|
Pronuncia a conferencia “O nacionalismo, un credo
moderno”. |
| |
Participa na Asemblea de constitución do
Partido Galeguista. É elixido membro do Consello Permanente e directivo provisional. |
| 1932 |
|
Na II Asemblea do Partido Galeguista é reelixido
membro do seu Consello directivo. |
| |
Forma parte da comitiva que participa no mitin
de Carral. |
| 1933 |
|
Representa ó Partido Galeguista no IX Congreso
de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna os días 16, 17 e 18 de setembro. |
| 1934 |
|
Na III Asemblea do Partido Galeguista obtén,
en votación secreta, 1.654 votos. É o máis votado para a Secretaría Executiva asumindo
a responsabilidade de relacións internacionais. |
| |
É elixido conselleiro primeiro do Grupo
do Partido Galeguista de A Coruña. |
| |
Participa na reunión de Galeuzca celebrada
en Compostela. |
| 1935 |
|
Publica na Editorial Nós: “Teatro irlandés.
Dous folk-dramas de W.B. Yeats”, traducidos directamente do inglés, en colaboración cos irmáns
Vilar Ponte. |
| |
Na IV Asemblea do Partido Galeguista é reelixido
secretario de Relacións Internacionais e membro do Comité Executivo. |
| |
É elixido presidente da nova directiva da
Irmandade da Fala de A Coruña. |
| |
Preside a tribuna da homenaxe rendida a Curros
Enríquez en A Coruña. |
| |
Representa ó Partido Galeguista no Consello
Galego de Galeuzca. |
| 1936 |
|
É designado representante da Asociación
de Escritores de Galicia en A Coruña. |
| |
Participa activamente na campaña a prol
do Estatuto. |
| |
Consumada a rebelión fascista, establécese
en Muxía, na casa duns familiares. |
| 1940 |
|
É condenado a quince anos de inhabilitación
absoluta, oito anos e un día de desterro a máis de cen quilómetros de Muxía e ó
abono dunha multa de 25.000 pta. |
| |
Traslada a súa residencia a Coruxo-Vigo. |
| 1944 |
|
Casa en Cambados con Jesusa Sineiro Vidal. |
| 1945 |
|
Trasládase a Vigo. |
| 1946 |
|
A Federación de Sociedades Galegas da Arxentina
premia as súas traduccións de poesía inglesa ó galego. |
| 1948 |
|
Recibe en Galicia a George Hills, da emisora BBC. |
| |
Exíliase en Portugal. |
| 1949 |
|
Publícase “Poesía inglesa y francesa
vertida al gallego” (Buenos Aires, en colaboración con Luís Tobío e F.M. Delgado Gurriarán). |
| |
De novo en Londres, comezan as súas colaboracións
na BBC. |
| |
Colabora co Jornal de Noticias de Porto. |
| 1950 |
|
Publica “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía”
(Boletín do Instituto Español de Londres). |
| |
Colabora co diario “La Nación” de Buenos
Aires. |
| 1955 |
|
Anima a celebración da I Festa do Viño
Albariño. |
| 1956 |
|
Regresa a Galicia definitivamente. |
| |
Incorpórase como profesor de inglés
ó Instituto Laboral de Vilagarcía. |
| 1957 |
|
Colabora ocasionalmente co Diario de Pontevedra
e El Pueblo Gallego. |
| 1960 |
|
Principia as súas colaboracións con
Faro de Vigo. |
| 1961 |
|
É un dos principais impulsores da Romaría
Viquinga de Catoira. |
| 1964 |
|
Participa en Baden (Viena) na V Conferencia de
Ministros Europeos de Educación adicada ó estudio “Da civilización do país da lingua
que se ensina”. |
| 1965 |
|
Publica na revista Grial (número 8) a traducción
de “Os Rubáiyat” de Omar Khayyám, poeta persa do século XI, a partir da versión inglesa
de Edward Fitzgerald. |
| 1967 |
|
Falece en Cambados o 17 de xullo. |
| |
Publícase en Grial, a título póstumo,
un traballo seu adicado á figura do poeta e nobel irlandés W.B. Yeats. |
| 1974 |
|
Publícase en Grial, “Laios gaélicos”,
obra inédita de Plácido Castro. |