Texturas Internacionais nº 3Volver ó sumario
A acción exterior de Galicia en América Latina
 
O corpo consular de América Latina en Galicia


Xulio Ríos e María Xosé Viqueira
 
 

Entre os 41 consulados existentes en Galicia, Europa e América Latina son as rexións máis representadas. Se no caso de Europa, o tráfico marítimo é a razón principal da súa presencia, en relación a América Latina a causa reside na emigración galega que partía cara ó continente americano dende os portos de Vigo e A Coruña. É tamén por esta razón que moitos destes consulados se instalaron nos anos cincuenta e incluso antes, como é o caso de Uruguai, que leva funcionando dende hai máis dun século, ou o de Venezuela, en activo dende hai máis de cincuenta anos. Hoxe estes consulados desenvolven idénticas funcións, pero doutro signo: asesoran e prestan axuda a emigrantes retornados ou ben atenden as necesidades dos seus nacionais que, agora en maior número, emigran ó noso país.

A representación consular de América Latina, a pesar de ser inferior en número á europea (que suma un total de 24 consulados), ten sen embargo, un valor cualitativo adicional. Dos catro diplomáticos de carreira que ostentan o cargo consular, tres pertencen a dita rexión: Arxentina, Venezuela e Cuba.

A efectos da implementación da acción exterior, a Xunta de Galicia contempla os consulados como un factor dinamizador a ter en conta na promoción e o estreitamento de relacións cos países de América Latina.

 
Volver ó sumario

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/04/2002