Texturas Internacionais nº 2Volver ó sumario
Sempre no Mundo
 
Presentación


Xulio Ríos
 

Vivimos unha desas épocas nas que, como dicía Irene Peter, se un non está confuso é que non pensa con claridade. Pero os conscientes do desconcerto sempre agradecerán a fortuna de poder seguir en directo os múltiples acontecementos que converxen na definición dos novos escenarios internacionais, de observar este complexo período de transición que marca unha nova inflexión dos tempos.

As entregas seleccionadas para este libro aproxímanse a aqueles conflictos (Balcáns, Timor Leste ou Chechenia) e actores internacionais que están no epicentro dos grandes cambios da última década (decadencia de Rusia, emerxencia de China), conflictos e actores que protagonizan este cambio e que van seguir condicionando a evolución internacional nas próximas décadas. Na escolma están implícitos igualmente os indicadores dalgunhas tendencias (rexurdir dos nacionalismos, defensa dos dereitos humanos) que permiten afondar nas interdependencias concretas e nas claves xerais do mundo contemporáneo.

Todos son pequenos retallos das grandes preocupacións que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desenvolveu ó longo da última década prestando sempre coidada atención a esa intervención social que debe aínda estimular unha adecuada resposta de Galicia ós desafíos do exterior.

Volver ó sumario

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/11/2001