Texturas nº 4 - Abril/2000
Os conflictos de Oriente Medio: Unha introducción
Principais claves para entender os conflictos do Machrek
Situación socio-económica actual do Machrek
En principio, cómpre ter en conta que existen dúas clases de situación económica moi diferentes en todo o Mundo Árabe; primeiro, a diferencia entre o Estado e as élites dirixentes e a situación xeral do pobo; e segundo, a diferencia entre países productores de petróleo e os que non o son. A referencia á “situación socioeconómica” implica ó primeiro caso onde ademais relaciónanse o desenvolvemento económico e connotacións sociais e culturais.
Para sentar as bases deste desenvolvemento cómpre abandonar a idea, preconcibida en Occidente, dunha muller árabe chea de fillos, dedicada exclusivamente á súa casa e á súa familia. A cultura árabe, como todas, evoluciona, cambia, transfórmase e adáptase ó paso do tempo. Por este motivo o índice de natalidade está baixando (25), e nalgúns casos de forma alarmante.
Existen unha serie de factores (26) que son as causas primeiras deste cambio demográfico. A viciñanza con outros países, de tendencias demográficas opostas, provoca un importante contaxio. Esta vicindade provoca unha incorporación paulatina de modelos antes inexistentes no Machrek, como é a introducción do Estado do Benestar. Será este Estado do Benestar quen diversifique os factores sinalados. Destes factores cabe salientar cinco que influíron de maneira máis profunda e inmediata no cambio demográfico:
• A muller tivo maior acceso a educación e a cultura.
• O mercado laboral abriuse tamén á muller árabe.
• Retrásase a idade para contraer matrimonio pois existe maior independencia.
• Fanse proxectos de vida máis claros e concretos.
• A existencia da seguridade social é a causa de que desapareza a antiga dependencia que os pais tiñan respecto dos fillos varóns ó chegar a unha idade anciá. “Os fillos deixan de ser unha necesidade vital para converterse nunha forma de realización persoal”.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
A pesares de que a poboación árabe diminuíu, segue sendo unha poboación xove (28) que debe enfrontarse co problema da emigración. A presión migratoria é moi forte e afecta xa á muller entre un 22% e un 25%. Ademais, a que emigra é unha man de obra pouco ou nada cualificada (29) debido a que aínda non se avanzou de maneira suficiente na educación dos xoves entre as clases menos favorecidas (30).
Outro problema parello á emigración é a economía somerxida que afecta a case todos os países de Oriente Medio. A principal causa radica na existencia dunha economía moi fragmentada, que funciona sen unha verdadeira integración económica. Unha elite minoritaria posúe todas as claves económicas: favorecen monopolios, instalanse nun clientelismo totalmente aceptado e extendido, realizan concesións a empresas estranxeiras (31) que unicamente favorecen á cúpula do poder; elites militares ou civís que xa están enriquecidas, mentres que no resto da sociedade reinan as dificultades e as miserias.
Aínda que o crecemento previsto para os próximos 20 anos é dun 7% non sería estraño
non acadar esa cifra se temos en conta que ata o ano 1999 houbo países con crecemento 0 e incluso negativo
e que a inflación aumenta de forma desproporcionada. Ano tras ano, a débeda externa (32) avanza dunha maneira imparable. Así mesmo, as políticas de axuste estructural
que promove o FMI (Fondo Monetario Internacional) nestes países, en vez de axudar e favorecer o desenvolvemento
e a estabilidade, contribúen á diminución da educación na poboación, sacrifican
a incorporación das mulleres ó mercado laboral, e provocan un aumento progresivo do nivel de poboación
activa en paro.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/05/2000