Texturas nº 4 - Abril/2000
Os conflictos de Oriente Medio: Unha introducción
Os conflictos no Machrek (49)
O sionismo e a creación do estado de Israel
![]() |
|
| Ubicación do futuro Estado de Israel despois do I Congreso sionista. Fonte: Manière de Voir, Le Monde Diplomatique. | |
O sionismo, ademais dun movemento filosófico, debe considerarse como unha proposta colonialista que ten por obxectivo principal a creación dun Estado Xudeu. A vertebración ideolóxica, económica e xurídica do movemento resultaban indispensables para acadar os seus fins políticos.
A primeira opción barallada para a creación deste Estado non foi o establecemento en Palestina senón que se contemplou tamén a posibilidade de establecerse na Patagonia de Arxentina. Tamén Gran Bretaña chegou a ofrecer ó movemento sionista parte dos seus territorios no leste de África-Uganda (1903). Estas dúas últimas opcións foron rexeitadas e no primeiro congreso sionista de 1897, celebrado en Basilea (Suiza), decidiuse a posta en marcha dunha campaña destinada a conseguir un asentamento definitivo en terras de Palestina (50).
Esta campaña perseguía “robustecer o sentimento de dignidade persoal e a conciencia nacional do pobo xudeu”, e a partir dunha colonización racional da zona (51), organizar e asociar a todos os xudeus do mundo e predispoñer ós gobernos Aliados a favor da meta do sionismo. Estas ideas son recoñecidas abertamente no VII Congreso, que proclama sen rodeos o principio dunha acción colonizadora de Palestina e o expansionismo cara territorios limítrofes. Así se expón nun Memorando que a Organización sionista mundial presenta á Conferencia de Paz de Versalles en 1919. Esa proposta de acción aínda perdura case 100 anos despois.
A organización do movemento sionista foi rápida, a pesares de que contou coa oposición directa de moitos xudeus que non compartían esas ideas de raza e nacionalidade (52). Entre outras estructuras creáronse o Banco colonial xudeu e o Fondo nacional xudeu, ambos os dous con finalidades puramente políticas, para poder conseguir un Estado xurídicamente garantido, avalado polo dereito internacional público.
A forza de expansión do Imperialismo europeo foi considerada polos sionistas a mellor vía para a consecución do seu obxectivo final. Para os gobernos occidentais, a perspectiva dun Estado tapón xudeu na súa zona de influencia representaba unha garantía para a súa seguridade e a súa defensa.
![]() |
|
| Os acordos Sykes-Picot (1916). Fonte: Atlas histórico mundial II. | |
Coa Revolución Bolchevique este acordo caducou e Gran Bretaña fíxose co liderato, non sen antes establecer unha tácita alianza coa organización sionista por medio da Declaración Balfour (54) (1917). Nela, Londres recoñecía o proxecto de establecer un “fogar nacional xudeu” en Palestina e establecía o propósito de favorecer este establecemento con todas as súas consecuencias , na medida en que impulsaba ós seus plans imperialistas de crear un Estado tapón entre Exipto e Siria, impedindo a súa unidade. Deste xeito perxudicabase tamén a emerxencia dun nacionalismo árabe forte.
O contido da Declaración Balfour foi ben maquillado para non provocar reaccións arabistas de signo contrario e non afectar medularmente a recén creada alianza coa dinastía hachemita, que Gran Bretaña apoiaba. Para minimizar o seu alcance e os seus posibles efectos, deuse a coñecer en 1922 o “White Manifest” de Churchill; no mesmo ano que a SDN (Sociedade de Nacións) aprobaba o mandato británico.
Estados Unidos incorporase definitivamente ó proxecto sionista en 1944-45, facilitando a plena culminación da declaración Balfour en maio de 1947 cando a ONU asumiu o plan de partición da zona mediante a Resolución 181, e Gran Bretaña retirou as súas tropas de Palestina. É a creación do Estado de Israel (55), que xurde en boa medida co enorme impulso recibido pola situación creada en toda Europa durante a II Guerra Mundial.
![]() |
|
| Fonte: Rexistros oficiais británicos de 1975. | |
Durante os anos que median entre 1920 e 1948, o sionismo actuou como a forza de colonización que anunciara
nos seus primeiros congresos, a Aliyah. A pesares das reticencias de moitos países promotores (57) deste novo Estado, os xudeus establecéronse en Palestina a golpe de fortes
oleadas de emigrantes que foron imposibles de controlar. Os límites establecidos nos acordos internacionais
ó efecto, foron superados sobradamente.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/05/2000