Texturas nº 3 - Decembro/99Volver ó sumario


Macau, ¿exemplo para Taiwan?
Introducción


Minkang Zhou

Semella que os nosos devanceiros non nos queren deixar entrar no novo milenio sen que teñamos resoltos algúns dos problemas que eles deixaron sen resolver, como a cuestión da soberanía da Canle de Panamá, na actualidade baixo control dos estadounidenses, ou o da gobernación da península de Macau, hoxe en mans dos portugueses.

Macau é a derradeira colonia portuguesa en Asia. Nos últimos 486 anos os portugueses converteron esta península, practicamente deshabitada á súa chegada, nun punto de encontro entre Oriente e Occidente, nunha cidade na que se mestura a cultura chinesa e a europea, nun paraíso de diversión e recreo, nunha xoia brillante no extremo Oriente que logrou convivir durante moitos anos coa outra perla, Hong Kong.

Macau, nome e lugar seguramente descoñecido para moitos galegos, vai seguir o camiño que Hong Kong rematou de percorrer hai dous anos. Vai abandonar a soberanía de Lisboa para pasar á de Beijing. Isto acontecerá o 20 de decembro de 1999. Mais, ¿por que?Volver ó sumario


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/1999