Texturas nº 3 - Decembro/99Volver ó sumario


Macau, ¿exemplo para Taiwan?
Diferencias entre o caso de Hong Kong e o de Macau


Minkang Zhou

Aspectos diferenciais

As dúas situacións teñen en común a cuestión a resolver, isto é, o traspaso da soberanía e do goberno dos dous territorios de mans europeas a chinesas. Sen embargo existen substanciais diferencias.

Historicamente, os portugueses obtiveron o territorio Macau mediante o suborno a funcionarios corruptos e o engano. O posterior “Tratado Amigable de Intercambio Comercial” que asinaron a dinastía Quing e Portugal non foi máis cá consecuencia do fracaso chinés ante os europeos. Pola contra, os ingleses obtiveron o dominio de Hong Kong pola forza militar na Guerra do Opio (1840-1842).

As negociacións entre China e Gran Bretaña centráronse en dirimir quén exercía a soberanía en Hong Kong, era polo tanto unha disputa entre dous estados que reclamaban o seu dominio sobre o mesmo territorio. No caso de Macau, Portugal xa tiña recoñecido, en 1974, que a soberanía pertencía a China, polo que a negociación resultou moito máis amigable e doada. A discrepancia situouse en torno á data do traspaso. Ademais, as conversas luso-chinesas comezaron despois de que se tivese asinado o acordo entre China e Gran Bretaña. Así pois, moitos aspectos do acordo sobre Macau (sistema político, económico e social; poder lexislativo e xudicial; etc.) non son máis ca unha adaptación do modelo de Hong Kong.

As diferencias entre os dous casos sitúanse en torno á composición das respectivas cidadanías, a inglesa establecida en Hong Kong e a portuguesa asentada en Macau. Os ingleses son moi poucos, forman unha sociedade pechada, case todos eles retornan a Inglaterra ao xubilarse, polo que ao longo destes 150 anos non botaron raíces. Pola contra, os portugueses nestes 400 anos mesturáronse cos chineses mediante emparellamentos e actualmente a poboación de Macau está composta, maioritariamente, por mestizos que ademais ocupan a maior parte dos postos relevantes da administración e desempeñan un destacado papel ao fronte das principais actividades industriais ou comerciais. Así mesmo, Gran Bretaña nunca lles recoñeceu aos naturais de Hong Kong a nacionalidade inglesa e polo tanto non teñen os mesmos dereitos legais que os nacidos nas Illas Británicas, mentres que Portugal hai moitas décadas que considera aos portugueses nacidos en Macau e aos mestizos como cidadáns portugueses de pleno dereito. Hai moitos portugueses e mestizos que naceron, creceron, educáronse, traballaron e xubiláronse en Macau. En definitiva, os portugueses mesturáronse con chineses, mentres que os ingleses non o fixeron.


Diverxencias entre a Lei Básica de Hong Kong e a de Macau

Ao realizarmos unha análise comparativa entre as dúas Leis Básicas podemos subliñar unha serie de trazos diferenciais como:

Volver ó sumario


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/1999