Texturas nº 2 - Agosto/99Volver ó sumario


O caso Pinochet e a impunidade en América Latina
O vento punitivo que vén do Norte


Roberto Montoya

Eses trazos autoritarios comúns á maioría das democracias e pseudodemocracias latinoamericanas que teñen lugar na década dos 90 ten o seu correlativo e exemplo nos Estados Unidos de América. É “ese vento punitivo que vén de América”, como o cataloga Loïc Wacquant (13), ese vento que reivindica con orgullo que os métodos expeditivos do ex alcalde de Nova York, Rudolp Giulliani, lograron reducir drasticamente a porcentaxe de delictos na cidade dos rañaceos. Wacquant cita como demostración desta “xestión policial da miseria” datos do Ministerio Federal de Xustiza, no que, para demostrar a eficacia das prisións, sostén que ó triplicarse a poboación carceraria nos EUA entre 1975 e 1989 puidéronse evitar os milleiros de mortes que soamente en 1990 poderían provocar os delincuentes detidos, se estivesen libres. En febreiro pasado, Amnistía Internacional denunciou a xeneralizada brutalidade policial nos Estados Unidos e a sistemática violación dos dereitos humanos dos detidos. No seu amplo informe sobre os EUA de maio pasado (14), Amnistía presentou probas de cómo esta situación se exacerba cando se trata de persoas pertencentes a minorías raciais, tanto no trato policial coma no xudicial e nas condenas a morte.

Paradoxalmente, sen embargo, os EUA dan cátedra xa non soamente de dereitos humanos en todo o mundo, senón que agora tamén advirten, ós mesmos países nos que hai vinte anos axudaron a subir ó poder ós dictadores militares, dos perigos da desigualdade económica e social. “Se a crecente desigualdade no reparto da riqueza non se detén, poderiamos ver inestabilidade e disturbios, que conducirían ó regreso dos gobernantes autoritarios”, dixo a Secretario de Estado norteamericana, Madeleine Albright, durante unha reunión do Consello das Américas en Miami a comezos de maio pasado.Volver ó sumario


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/8/99