|
Posicións políticas
O Intergrupo de Nacións sen Estado do Parlamento Europeu está composto por membros do Parlamento
que representan a partidos nacionáis de Escocia, Gales, Flandes, o Val de Aosta, Cataluña, Euskadi,
Galiza, Andalucía, as Illas Canarias, as Illas Baleares e Valencia. O Intergrupo congratúlase da
evolución histórica da Unión Europea cara a maiores níveis de integración através
dunha soberanía compartida. A paulatina atribución de elementos de soberanía a autoridades
supraestatáis foi acompañada por outro proceso paralelo de descentralización nas entidades
políticas subestatáis, o que abriu novas posibilidades ás nacións dentro dos Estados
plurinacionais, que pretenden desenvolver as súas competencias políticas e lexislativas e atinxir
un autogoverno adecuado no marco da Unión Europea.
Os membros do Intergrupo pertencen a organizacións políticas que abogan por un nacionalismo democrático,
cívico e universalista que fomente a defensa dos dereitos humanos. Respeitan as distintas formas e obxectivos
institucionáis perseguidos en cada un dos seus países cara a consecución da soberanía
e o autogoverno da nación. O Intergrupo defende o principio de soberanía compartida na construción
dunha Europa política, e pide aos Estados membros que recoñezan tamén este principio. Os Estados
membros deberían ter en conta este principio e garantir que os poderes transferidos á Unión
Europea non recorten o grao de autogoverno nen minen as competencias lexislativas de ditas nacións, seja
cal for o nível de autogoverno que xa teñan logrado.
A Unión Europea atópase nunha nova encrucillada e enfréntase a un duplo reto. Debe recoñecer
o carácter das súas propias institucións, especialmen te a Comisión e o Parlamento
Europeu, co fin de acadar un equilibrio democrático entre elas e o Consello, que representa aos Estados.
As institucións de representación directa non deben estar apartadas da toma de decisións en
temas económicos e monetarios, de seguridade ou xudiciais. O alargamento mediante a integración dos
Estados da Europa Central e Oriental e do Mediterráneo non debe levar ao abandono dos obxectivos políticos
de coesión social e territorial da UE. Estase producindo unha especie de loita entre, por unha parte, os
partidos que se inclinan por manter a actual Unión Europea interguvernamental, na que os governos dos Estados
membros adoptan decisións de forma non democrática e secreta e, por outra parte, os que estamos convencidos
da necesidade dunha Unión Europea política, na que as institucións emanen direitamente da
vontade democrática dos povos e dos cidadáns. Até agora, o Parlamento, direitamente eleito
polos seus cidadáns, e a Comisión, como institucións característicamente europeas,
estiveron subordinadas aos governos dos Estados membros, que detentan o poder executivo e o esencial do poder lexislativo
da Comunidade a través do Consello. Desta forma, a consecución dunha Unión económica
e democrática enfréntase a retrasos no que respeita ao control democrático e a garantía
da obtención dos direitos políticos, económicos e sociáis que teñen existido
históricamente a escala estatal ou nacional. A extensión do procedimento de codecisión a tódo
os sectores baixo competencia da UE, e especialmente nos ámbitos das políticas comúns, reducirá
no futuro o déficit democrático.
Frente a esta situación, faise imperiosa a necesidade dun acordo constitucional que garanta o carácter
político e democrático da Unión Europea. Unha Constitución Europea debería definir
tanto as competencias das institucións europeas como as dos Estados e nacións, garantindo o pleno
recoñecemento do principio de subsidiariedade na vida da Unión.
Debate constitucional
Como consecuencia das reformas que terán lugar de conformidade co disposto no Tratado de Niza (reformas
futuras que deberían entrar en vigor no ano 2004), o Intergrupo de Nacións sen Estado defenderá
estas posicións e principios políticos. Elaborará propostas e apresentará ao Parlamento
Europeu, e á sociedade europea no seu conxunto, unha alternativa representativa dun movimento democrático
que ten por obxectivo atinxir unha Unión Europea política e social, unha Europa diversa cultural
e nacionalmente.
A este fin, as organizacións políticas e os deputados europeus membros do Intergrupo exixen as
faculdades políticas necesarias para representar os seus intereses dentro da Unión Europea. Hai que
tomar medidas que garantan a presencia directa destas nacións nas institucións da Unión Europea.
As nacións deben asistir ás reunións do Consello, así como ás reunións
que celebra o Comité de Representantes Permanentes dos Estados membros (COREPER) antes das reunións
do Consello. Debe concederse ás entidades constitucionáis o dereito a recurrir ante o Tribunal de
Xustiza Europeu. Deberían obter un estatus privilexiado, con arregro ao Tratado, para ter aceso directo
ao Tribunal nos asuntos ultra vires e para protexer as suas prerrogativas constitucionais na medida en que esto
implique á UE. A presenza activa das nacións resultaría útil para coordinar e adaptar
a construción da Unión Europea ás novas realidades nacionais, moi diferentes actualmente das
que existían cando se estableceu a estructura institucional da Comunidade Europea.
O Intergrupo considera que algúns aspectos do discurso constitucional actual en Europa son inadecuados,
na medida en que prestan unha unha atención desmedida ás relacións entre a Unión e
os Estados membros, en detrimento de aquelas partes da Unión que son nacións dentro dos Estados da
Unión, é decir, de Estados constituidos por unións históricas de partes anteriormente
independentes e autogovernadas. A maioría destas nacións dentro dos Estados, ou 'nacións sen
Estado', aspiran (moitas xa o atinxiron) o estatus de países constitucionalmente autónomos dentro
dos seus respeitivos Estados membros. Como tais, gozan de faculdades constitucionais de governo que incluen tanto
o executivo como o lexislativo, e as veces o xudicial, aínda que, dende o ponto de vista da Constitución
do Estado, as competencias destas nacións ainda están xurídicamente subordinadas. Políticamente,
están normalmente enraizadas na vontade popular dos cidadáns de cada nación, polo que as competencias
conferidas só se poden revocar, na práctica, en circunstancias moi excepcionais.
No contexto do debate constitucional europeu, as nacións autónomas dentro dos Estados, amais das
suas aspiracións políticas e culturais específicas, teñen nalgúns aspectos reivindicacións
similares ás dos Länder dunha federación como Alemaña ou Austria, ou as denominadas 'rexións
constitucionáis ou entidades territoriais constitucionais'. (O término 'rexión' non é
acaido para denominar ás nacións sen Estado, tendo por outra parte, unha carga ideolóxica,
precisamente porque se utiliza partindo do suposto de que só os Estados que existen actualmente ('Estados
nación') son auténticas nacións. Uitilizamos, en consecuencia, o término máis
comprensivo de 'entidades constitucionáis dentro dos Estados', ou 'entidades constitucionais, ao apresentar
os nosos argumentos. As 'entidades constitucionais', a este fin, poderían incluir tanto as nacións
dentro dos Estados como as rexións constitucionais.
Sete teses constitucionáis
Por todo isto, o Intergrupo apresenta sete tesis específicas referentes ao debate sobre unha Constitución
europea:
1. Existe a necesidade dunha representación parlamentaria máis xusta. Actualmente o Consello é
a institución que representa aos Estados como tais. Se ben nos textos comunitarios se afirma que o Parlamento
representa ás persoas e aos povos de Europa, o Parlamento déscrebese nos Tratados como unha Institución
composta por delegacións nacionais, máis ou menos numerosas en función da povoación
e influencia dos Estados, gozando os Estados de maior povoación dunha representación por habitante
maior que a correspondente aos mais povoados, con arregro ao principio de proporcionalidade degresiva. Nalgúns
Estados o conxunto do seu territorio constitue unha circunscripción electoral única, aplicándose
a proporcionalidade na atribución de escanos á listas que se apresentan ás eleicións
para o Parlamento Europeu.
As entidades constitucionáis, xa sexan nacións ou rexións, mais tamén as rexións
administrativas ou xeográficas dos Estados, deberían constituir unidades a efeitos das eleicións
ao Parlamento. A longo prazo, debería aplicarse mais que na actualidade o principio democrático que
confire o mesmo valor ao voto de cada cidadán (por exemplo, Luxemburgo dispón dunha representación
moito maior que a de Euskadi e Dinamarca ten o dobre de representantes que Escocia). Se se mantén o principio
da proporcionalidade degresiva, este debería aplicarse rexión por rexión e non Estado por
Estado.
2. Debería existir unha conceición máis ampla da subsidiariedade. É necesario afianzar
as competencias exercidas polos poderes lexislativo e executivo das entidades constitucionáis dentro dos
Estados membros frente á erosión pola parte das institucións da Unión, da mesma maneira
que se procura cos poderes dos Estados. A sua vez, a definición das competencias respeitivas entre os Estados
e as entidades constitucionais debe reflectirse no deseño constitucional da Unión Europea. A este
respeito, as nacións internas e as rexións constitucionáis difiren, de feito e de direito,
das rexións xeográficas ou administrativas. Para poder dirixir os asuntos públicos axeitada
e eficazmente, a autoridade administrativa correspondente debe estar próxima aos povos e cidadáns.
En calquer caso, os parlamentarios membros do Intergrupo opóñense a unha interpretación do
principio de subsidiariedade que se aplique só ás relacións entre os Estados membros e as
institucións da Unión. A subsidiariedade debería significar transferencia de asuntos executivos
importantes e decisivos ao nível máis próximo aos cidadáns, para chegar a unha participación
efeitiva de todos os países e nacións da Unión Europea nas institucións comunitarias.
3. A Unión debe recoñecer a idea de pluralismo constitucional. É dicir, debe recoñecerse
claramente que as constitucións dos Estados, así como dentro deles as das entidades constitucionais,
existen independentemente da Constitución da Unión. A sua validez non depende da Constitución
da UE, e aquelas non pode verse suprimidas pola ación lexislativa no ámbito da Unión. Este
é o corolario lóxico da subsidiariedade no seu máis amplo senso, no que insistimos. As actuais
competencias xudiciais da Unión non son plenamente adecuadas para tratar este asunto, a pesar da notábel
actuación, durante moitos anos, do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. É necesaria algunha
forma de Tribunal ou órgao constitucional especial, que conte con maxistrados especializados en Direito
constitucional dos Estados membros, coas entidades e rexións constitucionáis e o co Tribunal de Xustiza
das Comunidades Europeas, para tratar os asuntos que coloquen conflitos constitucionáis.
4. A idea de pluralismo constitucional implica unha conceición moi descentralizada da Unión. É
dicir, a Unión ainda non é, e non ten por qué chegar a ser nunca, o lugar dunha soberanía
absoluta única exercida en nome de todo o corpus de cidadáns da Unión como un todo único.
Existe unha soberanía dividida e e equilibrada de forma que os povos de cada Estado siguen sendo os donos
da Constitución do seu Estado, á vez que colaboran cos demáis baixo unha cidadanía
común da Unión para establecer unha soberanía limitada no ámbito da UE. As entidades
constitucionais deberían ter un direito similar ao dos Estados membros. O debate sobre o 'federalismo' debería
ter plenamente en conta este carácter fortemente descentralizado que lle debe corresponder á Unión.
De feito, éste é o carácter desexábel para a esperada Constitución da Unión
de maneira que o termo 'confederación' sexa polo menos tan apropiado como o de 'federación'.
5. Habería que recoñecer a posibilidade dun "alargamento" interior da Unión .
Cabe debatir se as nacións que na actualidade son entidades constitucionais nos Estados da Unión
obteñen, na súa situación actual, avantaxes dentro da Unión Europea que compensen as
suas desigualdades comparativas coas nacións de tamaño similar que constituen Estados membros da
Unión. Algúns partidos nacionalistas nalgunhas entidades constitucionais teñen como obxectivo
político explícito acadar a independencia nacional dentro da UE. No caso que nos ocupa, trátase
de entidades que cumpren os 'criterios de Copenhague' de maneira que, se foran Estados externos que solicitasen
a sua adesión como países candidatos, terían vía aberta para integrarse na Unión.
É importante introducir unha doctrina sobre as condicións e a posibilidade da 'alargamento interior
da UE'.
6. O Comité das Rexiòns reproduce o problema do desequilibrio numérico existente no Parlamento,
polo que non pode respostar adecuadamente ás necesidades das entidades constitucionais dentro dos Estados
membros. Unha institución que, se supón, permete ás 'rexións' ter voz nos procesos
da Unión debería reflectir, en certo grao, a povoación relativa das suas circunscripcións.
En vez disto, o Comité das Rexións, tal como está concebido na actualidade, limítase
a reproducir con números proporcionalmente menores a distribución dos escanos entre Estados que se
da no Parlamento Europeu. Esta situación da lugar a situacións absurdas, tais como a de que Luxemburgo
teña máis membros que Galiza, Gales ou Flandes, ou que as rexións de Dinamarca teñan
unha representación maior que Cataluña, Andalucía ou as Illas Canarias. Lonxe de ofrecerlles
ás entidades constitucionais un foro que lles permita compensar as suas diferencias proporcionais noutras
institucións, o Comité das Rexións intensifica esas desigualdades.
7. As consideracións culturais e sociais revisten gran importancia na construción de Europa. O
recoñocemento das entidades constitucionais dentro dos Estados membros non é só un fin en
sí mesmo. Europa é esencialmente unha familia de culturas e tanto a solidaridade como a diversidade
cultural, incluida a lingüística, teñen un valor fundamental para a construción da Unión.
Por esta razón, segue sendo importante procurar uns níveis comúns e elevados de benestar en
toda a Unión. E particularmente necesario protexer a diversidade lingüística da Unión
Europea.
As línguas oficiais das nacións sen Estado deben ser recoñecidas como elementos esenciais
da rica herencia cultural da UE. Hai que conceder ás línguas oficiais das nacións sen Estado
os mesmos direitos lexislativos que á língua oficial do Estado membro.
No que atinxe aos Fundos Estruturais, deberá aplicarse o equilibrio territorial e a coesión social.
Habería que establecer unha política de emprego a escala da UE e reforzar e desenrolar sectores produtivos
como a agricultura, a pesca e as industrias tradicionáis e innovadoras das nacións e rexións.
O recoñocimento do estatus das entidades constitucionais é parte deste proceso.
|