Textos Volver ó índice


Declaración sobre o dereito ó desenvolvemento

A Asemblea Xeral.

Tendo presentes os propósitos e principios da Carta das Nacións Unidas relativos á realización da cooperación internacional na solución dos problemas internacionais de carácter económico, social, cultural ou humanitario e no desenvolvemento e estímulo do respeto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos, sen facer distingos por motivos de raza , sexo, idioma ou relixión.

Recoñecendo que o desenvovemento é un proceso global económico, social , cultural e político, que tende ao melloramento constante do benestar de toda a poboación e de todos os individuos sobre a base da súa participación activa, libre, e significativa no desenvolvemento e na distribución xusta dos beneficios que del se derivan.

Considerando que, conforme ás disposicións da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, toda persoa ten dereito a unha orde social e internacional na que se poidan realizar plenamente os dereitos e as liberdades enunciadas nesa Declaración.

Lembrando as disposicións do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.

Lembrando asemesmo os acordos, convencións, resolucións, recomendacións e demais instrumentos pertinentes das Nacións Unidas e dos seus organismos especializados relativos á descolonización, á prevención de discriminacións, ao respeito e a observancia dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, ao mantenimento da paz e a seguridade internacional e o ulterior Fomento das relacións de amizade e cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta.

Lembrando o dereito dos pobos a libre determinación, en virtude do cal teñen dereito a determinar libremente a súa condición política e a realizar o seu desenvolmento económico, social e cultural.

Lembrado tamén o dereito dos pobos a exercer, con suxeción ás disposicións pertinentes de ambos Pactos Internacionais de dereitos humanos, a súa soberanía plena e completa sobre todos os seus recursos e riquezas naturais.

Conscente da obrigación dos Estados, en virtude da Carta, de pormover o respeto universal e a observación dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais par todos, sen distingos de ningunha clase por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de outra índole, orixe nacional ou social, situación económica, nacemento ou outra condición.

Considerando, que a eliminación das violacións masivas e patentes dos dereitos humanos dos pobos e individuos afectados por situacións tais como as resultantes do colonialismo, o neocolonialismo, o apartheit, todas as formas de racismo e discriminación racial, a dominación e a ocupación extranxeiras, a agresión e as ameazas contra da soberanía nacional, a unidade nacional e a integridade territorial, e as ameazas de guerra; contribuiría a establecer circunstancias propicias para o desenvolvemento de grande parte da humanidade.

Preocupada pola existencia de graves obstáculos, constituidos, entroutras cousas, pola denegación dos dereitos civís, políticos, económicos sociais e culturais, obstáculos que se opoñen ao desenvolvemento e á plena realización do ser humano e dos pobos, e considerando que todos os dereitos humanos son indivisibles e interdependientes e que, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento, debería examinarse coa mesma atención e urxencia a aplicación, promoción e protección dos dereitos civís, políticos, económicos sociais e culturais, e que, en consecuencia, a promoción, o respeito, o goce de certos dereitos humanos e liberdades fundamentais non poden xustificar a denegación doutros dereitos humanos e liberdades fundamentais.

Considerando que a paz e a seguridade internacionais son elementos esenciais para a realización do dereito ao desenvolvemento.

Reafirmando que existe unha estreita relación entre o desarme e o desenvolvemento, que os progresos na esfera do desarme promoverían considerablemente os progresos no eido do desenvolvemento e que os recursos liberados coas medidas de desarme deberían destinarse ao desenvolvemento económico e social e ao benestar de todos os pobos, e , en particular, dos paises en desenvolvemento.

Recoñecendo que a creación de condicións favorabeis ao desenvolvemento dos pobos e as persoas é o deber primordial dos respectivos Estados.

Consciente de que os esforzos para promover e protexer os dereitos humanos a nivel internacional deben ir acompañados de esforzos para establecer unha nova orde económica internacional.

Conformando que o dereito ao desenvolvemento é un dereito humano inalienable e que a igualdade de oportunidades para o desenvolvemento é unha prerrogativa tanto das nacións como dos individuos que compoñen as nacións.

Proclama a seguinte


Declaración sobre o dereito ao desenvolvemento


Artigo 1

1. O dereito ao desenvolvemento é un dereito humano inalienable en virtude co cal todo ser humano e todos os pobos están facultados para participar nun desenvolvemento económico, social, cultural e político no que poidan realizarse plenamente todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais, a contribuir a ese desenvolvemento e a gozar del,

2. O dereito humano ao desenvolmento humano implica tamén a plena realización do dereito dos pobos á libre determinación, que inclue, con suxeción ás disposicións pertinentes de ambos Pactos internaciónais de dereitos humanos, o exercicio do seu deretio inalienable á plena soberanía sobre todas as súas riquezas e recursos naturais.


Artigo 2

1. A persoa humana é o suxeito central do desenvolvemento e debe ser o participante activo e o beneficiario do dereito ao desenvolmento.

2. Todos os seres humanos teñen, individual e colectivamente, a responsabilidade do desenvolvemento, tendo en conta a necesidade do pleno respeto dos seus dereitos humanos e liberdades fundamentais, así como os seus deberes para coa comunidade, único dominio no que se pode asegurar a libre e plena realización do ser humano, e, por conseguinte deben promover e protexer unha orde política, social e aconómica axeitada para o desenvolvemento.

3. Os Estados teñen o dereito e o deber de formular políticas de desenvolvemento nacional adecuadas co fin de mellorar constantemente o benestar da poboación enteira e de todos os individuos sobre a base da súa participación, libre, e significativa no desenvolvemento e na equitativa distribución dos beneficios resultantes do mesmo.


Artigo 3

1. Os Estados teñen o deber primordial de crear condicións nacionais e internacionais favorables para a realización do dereito ao desenvolvemento.

2. A realización do dereito ao desenvolvemento esixe o pleno respeto dos principios do dereitos internacional referentes ás relacións de amizade e á cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

3. Os Estados teñen o deber de cooperar mutuamente para lograr o desenvolvemento e eliminar os obstaculos ao desenvolvemento. Os Estados deben realizar os seus dereitos e sos seus debees do modo que promovan unha nova orde económica internacional baseada na igualdade soberana, a interdependencia, o interese común e a cooperación entre todos os Estados, e que fomenten a observancia e o goce dos dereitos humanos.


Artigo 4

1. Os Estados teñen o deber de adoptar, individual e colectivamente, medidas para fomular políticas axeitadas de desenvolvemento internacional co propósito facer máis doada a plena realización do dereito ao desenvolvemento.

2. Requírese unha acción sostida para promover un desenvolvemento máis rápido dos países en desenvolvemento.

Como complemento dos esforzos dos países en desenvolvemento é indispensable unha cooperación internacional efectiva para proporcionarlles os medios e as facilidades adecuadas para fomentar o seu desenvolvemento global.


Artigo 5

Os Estados adoptarán enérxicas medidas para eliminar as violacións masivas e patentes dos dereitos humanos dos pobos e os seres humanos efectados por situacións como as resultantes do aparheid, todas as formas de racismo e discriminación racial, o colonialismo, a dominación e ocupación estranxeiras, a agresión, a inxerencia e as ameazas de guerra e a negativa a recoñecer o dereito fundamental dos pobos á libre determinación.


Artigo 6

1. Todos Estados deben de cooperar con miras a promover, fomentar e reforzar o respeito universal e á observancia de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos, sen ningunha distinción por motivos de raza, sexo, idioma e relixión.

2. Todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais son indivisibles e interdependentes ; compre dar igual atención e urxente consideración á aplicación, promoción e protección dos dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais.

3. Os Estados deben adoptar, no plano nacional, todas as medidas para eliminar os obstáculos ao desenvolvemento resultantes da inobservancia dos dereitos civís e políticos, así como dos dereitos económicos, sociais e culturais.


Artigo 7

Todos os Estados deben promover o establecemento, mantemento e afortalamento da paz e a seguridade internacionais e, con ese obxectivo, deben facer canto estea no seu poder para lograr o desarme xeral e completo baixo un control internacional eficaz, así como lograr que os resursos liberados con medidas efectivas de desarme se utilicen para o desenvolvemento global, en particular dos países en desenvolvemento.


Artigo 8

1. Os Estados deben adoptar, no plano nacional, todas as medidas necesarias para a realización do dereito ao desenvolvemento e garantirán, entroutras cousas, a igualdade de oportunidades para todos en canto ao acceso aos recursos básicos, á educación, aos servizos de saúde, aos alimentos, á vivenda, ao emprego, e á xusta distribución dos ingresos. Deben adoptarse medidas eficaces para lograr que a muller participe activamente no proceso de desenvolvemento. Deben facerse reformas económicas e sociais edecuadas co obxecto de erradicar todas as inxustizas sociais.

2. Os Estados deben alentar a participación popular en todas as esferas como factor importante para o desenvolvemento e para a plena realización de todos os dereitos humanos.


Artigo 9

1. Todos os aspectos do dereito ao desenvolvemento enunciados na presente Declaración son indivisibles e interdependentes e cada un debe ser interpretado no conexto do conxunto deles.

2. Nada do exposto na presente Declaración debe ser interpretado en menoscabo dos propósitos e principios das Nacións Unidas, nin no senso de que calquera Estado, grupo ou persoa teñen dereito a desenvolver calquera actividade ou realizar calquera acto que teña por obxecto a violación dos dereitos establecidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos e nos Pactos internacionais de dereitos humanos.


Artigo 10

Débense adoptar medidas para asegurar o pleno exercicio e a consolidación progresiva do dereito ao desenvolvemento, mesmo a formulación, adopción e aplicación de medidas políticas, lexislativas e doutra índole no plano nacional e internacional.Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/2/99