Textos Volver ó índice


Convenio para a represión da trata de persoas e a explotación da prostitución allea


Adoptado pola Asemblea Xeral na súa resolución 317 (IV), de 2 de decembro de 1949.

Entrada en vigor: 25 de xullo de 1951, de conformidade co artigo 24.



Preámbulo

Considerando que a prostitución e o mal que a acompaña, a trata de persoas para fins de prostitución , son incompatibles coa dignidade e o valor da persoa humana e poñen en perigo o benestar do individuo, da familia e da comunidade,

Considerando que, con respecto a represión da trata de mulleres e nenos, están en vigor os seguintes instrumentos internacionais:

1) Acordo internacional do 18 de maio de 1904 para a represión da trata de brancas, modifico polo protocolo aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 3 de decembro de 1948 ,

2) Convenio Internacional do 4 de maio de 1910 para a trata de brancas, modificado polo precipitado Protocolo,

3) Convenio Internacional do 30 de setembro de 1921 para a represión da trata de mulleres e nenos, modificado polo Protocolo aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de outubro de 1947,

4) Convenio Internacional 11 de outubro de 1933 para a represión da trata de mulleres maiores de idade, modificado polo precipitado Protocolo,

Considerando que a Sociedade de Nacións redactou en 1937 un proxecto de Convenio para estender o alcance de tales instrumentos, e

Considerando que a evolución da situación dende 1937 fai posible a conclusión dun Convenio para fusionar os instrumentos precipitados un que recolla o fondo do proxecto de Convenio de 1937, así como as modificacións que se estime adecuada introducir,

Polo tanto,

As partes contratantes

Conveñen polo presente no que a continuación se establece:


Artigo 1

As Partes no presente Convenio comprométense a castigar a toda persoa que, para satisfacer as paixóns así mesmode outra:

1) Concertase a prostitución doutra persoa , aínda co consentimento de tal persoa;

2) Explorase a prostitución doutra persoa, aínda co consentimento de tal persoa.


Artigo 2

As Partes no presente Convenio comprométense asi mesmo a castigar a toda persoa que:

1) Mantiveraunha casa de prostitución, administrara ou a sabendas sostivera ou participase no seu financiamento;

2) Dera ou tomara en arrendo un edificio ou outro local, ou calquera parte dos mesmos, para explotar a prostitución allea.


Artigo 3

Na medida no que o permitan as leis nacionais serán tamén castigados toda tentativa de cometer as infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 e todo acto preparatorio da súa comisión.


Artigo 4

Na medida que o permitan as leis nacionais, será tamén punible a participación intencional en calquera dos actos delictuosos mencionados nos artigos 1 e 2.

Na medida en que o permitan as leis nacionais, os actos de participación serán considerados como infraccións distintas en tódolos casos nos que esto sexa necesario para evitar a impunidade.


Artigo 5

Cando as persoas perxudicadas tiveran dereito , con arreglo as leis nacionais, a constituirse en parte civil respecto a calquera das infraccións mencionadas no presente Convenio, os estranxeiros terán os mesmos dereitos en condicións de igualdade cos nacionais.


Artigo 6

Cada unha das Partes no presente Convenio convén en adoptar tódalas medidas necesarias para derogar ou abolir unha lei, regramento ou disposición administrativa vixente, en virtude de cal das persoas dedicadas a prostitución ou de quen se sospeite que se adiquen a ela , teñan que inscribirse nun rexistro especial, que poseer un documento especial ou que cumprir algún requisito excepcional para fins de vixilancia ou notificación.


Artigo 7

Na medida en que o permitan as leis nacionais, as condenas anteriores pronunciadas en Estados Estranxeiros polas infraccións mencionadas no presente Convenio, teranse en conta para:

1) Determinar a reincidencia;

2) Inhabilitar o infractor para o exercicio dos seus dereitos civís ou políticos.


Artigo 8

As infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 do presente convenio serán consideradas como casos de extradición en todo tratado de extradición xa concertado ou que ulteriormente se concerte entre calqueira das Partes do
Convenio.

As Partes do Convenio que non subordinen a extradición a existencia dun tratado, deberán recoñecer en adiante as infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 do presente Convenio como casos de extradición entre elas.

A extradición será concedida con arreglo as leis do Estado o que se formulase a petición de extradición.


Artigo 9

Nos Estados que teñan unha lexislación que non admita a extradición de nacionais , os nacionais que houberan regresado o seu país despois de cometer no estranxeiro calquera das infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 do presente Convenio, serán enxuiciados e castigados polos tribunais do propio Estado.

Non se aplicará esta disposición cando, en casos análogos entre as partes no presente Convenio, non poida concederse a extradición dun estranxeiro.


Artigo 10

As disposicións do artigo 9 non se aplicarán cando o inculpado fora xulgado nun Estado estranxeiro e, caso de ter sido condenado, cumprira a súa condena ou condonáranlla ou reducido a pena con arreglo o disposto nas leis de tal
Estado estranxeiro.


Artigo 11

Ningunha das disposicións do presente Convenio deberá interpretarse no sentido de prexulgar a actitude de calquera das Partes respecto a cuestión xeral dos límites da xurisdicción penal en dereito internacional.


Artigo 12

No presente Convenio non afecta o principio de que as infraccións a que se refiren terán que ser definidas, enxuiciadas e castigadas, en cada Estado, conforme as súas leis nacionais.


Artigo 13

As Partes no presente Convenio estarán obrigadas a executar as comisións rogatorias relativas as infraccións mencionadas neste Convenio, conforme as súas leis e prácticas nacionais.

A transmisión de comisións rogatorias efectuarase:

1) Por comunicación directa entre as autoridades xudiciais;

2) Por comunicación directa entre ministros de xustiza dos dous Estados , ou por comunicación directa de outra autoridade competente do Estado que formulase a solicitude o ministro de xustiza do Estado o que se lle foi formulada a solicitude;

3) Por conducto do representante diplomático ou consular do Estado que formulase a solicitude, acreditado no Estado o que se lle foi formulada a solicitude; tal representante enviará as comisións rogatorias directamente a autoridade xudicial competente ou a autoridade indicada polo goberno do Estado o que lle fose formulada a solicitude, e deberá decidir, directamente de tal autoridade, os documentos que constitúan a execución das comisións rogatorias.

Nos casos 1 e 3 , enviarase sempre unha copia da comisión rogatoria a autoridade superior do Estado o que lle fose formulada a solicitude.

Salvo acordo en contrario, as comisións rogatorias serán redactadas no idioma da autoridade que formulase a solicitude , pero o Estado o que lle foi formulada a solicitude poderá pedir unha traducción o seu propio idioma, certificada conforme o orixinal pola autoridade que formulase a solicitude.

Cada unha das Partes do Presente Convenio notificará a cada unha das demais Partes cal ou cales dos medios de transmisión anteriormente mencionados recoñecerá para as comisións rogatorias de tal Parte.

Ata que un Estado fixera tal notificación, seguirá en vigor o procedemento que utilice normalmente en canto as comisións rogatorias.

A execución das comisións rogatorias non dará lugar a reclamación de reembolso por dereitos ou gastos de ningunha clase, salvo gastos de peritaxe.

Nada do disposto no presente artigo deberá interpretarse no sentido de comprometer as Partes no presente Convenio a adoptar en materia penal calquera forma ou método de proba que sexa incompatible coas súas leis nacionais.


Artigo 14

Cada unha das Partes no presente Convenio establecerá ou manterá un servicio encargado de coordinar e centralizar os resultados das investigacións sobre as infraccións que se refire o presente Convenio.

Tales servicios terán o seu cargo a compilación de toda a información que poida facilitar a prevención e o castigo das infraccións as que se refire o presente Convenio e deberán manter estreitas relacións cos servicios correspondentes os demais Estados.


Artigo 15

Na medida no que o permitan as leis nacionais e en que as autoridades encargadas dos servicios mencionados no artigo 14 o estimen convinte, tales autoridades deberán subministrar os encargados dos servicios correspondentes de outros Estados os datos seguintes:

1) Información detallada respecto a calquera das infraccións mencionadas no presente Convenio ou as tentativas de cometelas,

2) Información detallada acerca de calquera enxuiciamento , detención, condena, negativa de admisión ou expulsión de persoas culpables de calquera das infraccións mencionadas no presente Convenio, así como dos desprazamentos de tales persoas e calesqueira outros datos pertinentes.

Os datos subministrados nesta forma haberán de incluír a descrición dos infractores, as súas impresións dixitais, fotografías, antecedentes policiais e antecedentes penais.


Artigo 16

As Partes no presente Convenio comprométense a adoptar medidas para a prevención da prostitución e para a rehabilitación e adaptación social das víctimas da prostitución e das infraccións as que se refire o presente Convenio, ou a estimular a adopción de tales medidas, polos seus servicios públicos ou privados de carácter educativo, sanitario, social, económico e outros servicios conexos.


Artigo 17

As Partes no presente Convenio comprométense a adoptar ou manter , en relación coa emigración ou inmigración, as medidas que sexan necesarias, con arreglo as súas obrigas en virtude do Presente Convenio, para combater a trata de persoas de un ou outro sexo para fins da prostitución.

En especial comprométense a:

1) A promulgar as disposicións regramentarias que sexan necesarias para protexer os inmigrantes ou emigrantes, e en particular as mulleres e os nenos , tanto no lugar de chegada como no de partida como durante a viaxe;

2) A adoptar as disposicións para organizar unha publicidade adecuada na que se advirta o público o perigo de dita trata;

3) A adoptar medidas adecuadas para garantir a vixilancia nas estacións de ferrocarril, nos aeroportos,en portos marítimos e durante as viaxes e en outros lugares públicos, a fin de impedir a trata internacional de persoas para fins da prostitución;

4) A adoptar medidas adecuadas para informar as autoridades competentes da chegada de persoas que prima facie parezan ser culpables ou cómplices de dita trata ou víctimas delas.


Artigo 18

As Partes no presente Convenio comprométense, con arreglo as condicións prescritas nas súas leis nacionais , a tomar declaracións as persoas estranxeiras adicadas a prostitución, con obxecto de establecer a súa identidade e estado civil e de determinar as causas que lles obrigaron a saír do seu Estado. Os datos obtidos desta forma serán comunicados as autoridades do Estado de orixe de tales personas, con miras a súa repatriación eventual.


Artigo 19

As Partes no presente Convenio comprométense, con arreglo as condicións prescritas nas súas leis nacionais e sen prexuízo do enxuiciamento ou de outra acción por violacións das súas disposicións, en canto sexa posible:

1) A adoptar as medidas adecuadas para proporcionar axuda e manter as víctimas indixentes da trata internacional de persoas para fins da prostitución, mentres se tramita a súa repatriación;

2) A repatriar as persoas as que se refire o artigo 18 que desexaran ser repatriadas ou que foran reclamadas por persoas que teñan autoridade sobre elas, ou que a expulsión se ordenase conforme a lei. A repatriación levarase a cabo unicamente previo acordo co Estado de destino en canto a identidade e a nacionalidade das persoas das que se trate, así como respecto o lugar e a data de chegada as fronteiras.Cada unha das Partes no presente Convenio facilitará o tránsito de tales persoas a través do seu territorio.

Cando as persoas as que se refire o parágrafo precedente non puideran devolver o importe dos gastos da súa repatriación e carecera de cónxuxe, parentes ou titores que puideran sufragalos, a repatriación ata a fronteira, o porto de embarque ou o aeroporto máis próximo en dirección o Estado de orixe, será costeada polo Estado de residencia e o costo do resto do viaxe
será sufragado polo Estado de orixe.


Artigo 20

As Partes no presente Convenio, se non o fixeran xa, deberán adoptar as medidas necesarias para a inspección das axencias de colocación, a fin de impedir que as persoas que buscan traballo, en especial mulleres e nenos, se expoñan o perigo da prostitución.


Artigo 21

As Partes no presente Convenio comunicarán o Secretario Xeral das Nacións Unidas as leis e regramentos que xa foran promulgados nos seus Estados, e, no sucesivo, comunicarán anualmente toda lei ou regramento que promulgaron respeto as materias a que se refire o presente Convenio, así como toda medida adoptada por elas en canto a aplicación do Convenio. As informacións recibidas serán publicadas periodicamente polo Secretario Xeral e enviadas a tódolos membros das Nacións Unidas e os Estados non membros os que se comunique oficialmente o presente Convenio con arreglo o artigo 23.


Artigo 22

En caso de que xurdira unha controversia entre as Partes no presente Convenio, respeto a súa interpretación ou aplicación, e que tal controversia non puidera ser resolta por outros medios, será sometida a Corte Internacional de Xustiza, a petición de calquera das Partes na controversia.


Artigo 23

O presente Convenio quedará aberto a firma de todo membro das Nacións Unidas, así como de calquera outro Estado o que o Consello Económico e Social dirixira unha invitación o efecto.

O presente Convenio será ratificado e os instrumentos de ratificación serán depositados na Secretaría Xeral das Nacións Unidas.

Os Estados os que se refiere o parágrafo primeiro, que non firmaran o Convenio , poderán adherirse a el.

A adhesión efectuarase mediante o depósito de un instrumento de adhesión na Secretaria Xeral das Nacións Unidas.

Os efectos do presente Convenio, o termo AEstado@comprenderá igualmente a tódalas colonias e territorios baixo fideicomiso dun Estado que firme o Convenio ou se adhira a el, así como a tódolos demais territorios dos que o Estado sexa responsable das súas relacións internacionais.


Artigo 24

O presente Convenio entrará en vigor noventa días despois da data de depósito do segundo instrumento de ratificación ou adhesión.

Respecto a cada estado que ratifique o Convenio , ou se adhira a el, despois do depósito do segundo instrumento de ratificación ou adhesión, o Convenio entrará en vigor en noventa días despois do depósito por tal Estado do seu instrumento de ratificación ou adhesión.


Artigo 25

Transcorridos cinco anos despois da súa entrada en vigor, calquera parte no presente Convenio poderá denuncialo mediante notificación por escrito dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Tal denuncia surtirá efecto, con respecto a parte que a formule, un ano despois da data na que sexa recibida polo Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 26

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos membros das Nacións Unidas e os Estados non membros os que se refiere o artigo 23:

a) De firmas, ratificacións e adhesións, recibidas con arreglo ó artigo 23;

b) Da data no que o presente Convenio entrará en vigor , con arreglo ó artigo 24;

c) Das denuncias recibidas con arreglo ó artigo 25.


Artigo 27

Cada parte no presente Convenio comprométese a adoptar, de conformidade coa súa Constitución, as medidas lexislativas ou de outra índole necesarias para garantir o presente Convenio.


Artigo 28

As disposicións do presente convenio avogarán, nas relacións entre as partes no mesmo, as disposicións dos instrumentos internacionais mencionados nos incisos 1, 2, 3, e 4 do segundo parágrafo do Preámbulo, cada un dos cales considerarase caducado cando tódalas Partes no mesmo chegasen a ser Partes no presente Convenio.


Protocolo final

Nada no presente Convenio poderá interpretarse en perxuicio de calquera lexislación que, para a aplicación das disposicións encamiñadas a obter a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea, prevea as condicións máis severas que as estipuladas polo presente Convenio.

Las disposicións dos artigos 23 a 26 inclusive do convenio aplicaranse a este Protocolo.

Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/03/2000