Textos Volver ó índice


Convención sobre a protección do patrimonio mundial, cultural e natural

París, vintetrés de novembro de 1972.


A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, na súa 17a. Reunión celebrada en París do 17 de outubro ó 21 de novembro de 1972,

Constatando que o patrimonio cultural e o patrimonio natural están cada vez máis ameazados de destrucción, non soamente polas causas tradicionais de deterioro, senón tamén pola evolución da vida social e económica que as agrava con fenómenos de alteración ou de destrucción aínda máis temibles.

Considerando que o deterioro ou a desaparición dun ben do patrimonio cultural e natural constitue un empobrecemento nefasto do patrimonio de todos os pobos do mundo.

Considerando que a protección dese patrimonio a escala nacional é en moitos casos incompleto, dada a magnitude dos medios que require e a insuficiencia dos recursos económicos, científicos e técnicos do país en cuio territorio se atopa o ben que ha de ser protexido.

Tendo presente que a Constitución da Unesco estipula que a Organización axudará á conservación, ó progreso e á difusión do saber, velando pola conservación e a protección do patrimonio universal e recomendando ós interesados as convencións internacionais que sexan necesarias para ese obxecto.

Considerando que as convencións, recomendacións e resolucións internacionais existentes en favor dos bens culturais e naturais, demostran a importancia que ten para todos os pobos do mundo, a conservación deses bens únicos e irremplazables de calquera que sexa o país a que pertenzan.

Considerando que certos bens do patrimonio cultural e natural presentan un interese excepcional que esixe se conserven como elementos do patrimonio mundial da humanidade enteira.

Considerando que, ante a amplitude e a gravedade dos novos peligros que lles ameazan, incumbe á colectividade internacional enteira participar na protección do patrimonio cultural e natural de valor universal excepcional prestando unha asistencia colectiva que sen reemplazar a acción do Estado interesado a complete eficazmente.

Considerando que é indispensable adoptar para iso novas disposicións convencionais que establezan un sistema eficaz de protección colectiva do patrimonio cultural e natural de valor excepcional dunha maneira permanente, e segundo métodos científicos e modernos.

Habendo decidido, na súa décimosexta reunión, que esta cuestión sería obxecto dunha Convención internacional,

Aproba neste día dazaseis de novembro de 1972, a presente Convención:


I. DEFINICIÓNS DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL


Artigo 1

Aos efectos da presente Convención considerarase “patrimonio cultural”:


Artigo 2

Aos efectos da presente Convención consideraranse “patrimonio natural”:


Artigo 3

Incumbirá a cada Estado na presente Convención identificar e delimitar os diversos bens situados no seu territorio e mencionados nos artículos 1 e 2.


II. PROTECCIÓN NACIONAL E PROTECCIÓN INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL


Artigo 4

Cada un dos Estados Partes na presente Convención recoñece que a obriga de identificar, protexer, conservar, rehabilitar e transmitir ás xeneracións futuras o patrimonio cultural e natural situado no seu territorio, incumbelle primordialmente. Procurará actuar con ese obxecto polo seu propio esforzo e ata o máximo dos recursos de que dispoña, e chegado o caso, mediante a asistencia e a cooperación internacionais de que se poida beneficiar, sobre todo nos aspectos financeiro, artístico, científico e técnico.


Artigo 5

Co obxecto de garantir unha protección e unha conservación eficaces e revalorizar o máis activamente posible o patrimonio cultural e natural situado no seu territorio e nas condicións adecuadas a cada país, cada un dos Estados Partes na presente Convención procurará dentro do posible:

a) Adoptar unha política xeral encamiñada a atribuir ó patrimonio cultural e natural unha función na vida colectiva e a integrar a protección dese patrimonio nos programas de planificación xeral.

b) Institutir no seu territorio, se non existen, un ou varios servicios de protección, conservación e revalorización do patrimonio cultural e natural, dotados dun persoal adecuado que dispoña de medios que lle permitan levar a cabo as tareas que lle incumban.

c) Desenvolver os estudios e a investigación científica e técnica e perfeccionar os métodos de intervención que permitan a un Estado facer fronte ós perigos que ameacen o seu patrimonio cultural e natural.

d) Adoptar as medidas xurídicas, científicas, técnicas, administrativas e financeiras adecuadas, para identificar, protexer, conservar, revalorizar e rehabilitar ese patrimonio; e

e) Facilitar a creación ou o desenvolvemento de centros naxionais ou rexionais de formación en materia de protección, conservación e revalorización do patrimonio cultural e natural e estimular a investigación científica neste campo.


Artigo 6

1. Respectando plenamente a soberanía dos Estados en cuios territorios se atope o patrimonio cultural e natural a que se refiren os artículos 1 e 2 e sen perxuicio dos dereitos reais previstos pola lexislación nacional sobre ese patrimonio, os Estados Partes na presente Convención recoñecen que constitue un patrimonio universal en cuia protección a comunidade internacional enteira ten o deber de cooperar.

2. Os Estados Partes obriganse, en consecuencia e de conformidade co disposto na presente Convención, a prestar o seu concurso para identificar, protexer, conservar e revalorizar o patrimonio cultural e natural de que trata o artículo 11, párrafos 2 e 4, se o pide o Estado en cuio territorio estea situado.

3. Cada un dos Estados Partes na presente Convención obrigase a non tomar deliberadamente ningunha medida que poida causar dano, directa ou indirectamente, ó patrimonio cultural e natural de que tratan os artículos 1 e 2 situado no territorio doutros Estados Partes nesta Convención.


Artigo 7

Para os fins da presente Convención, entendarase por protección internacional do patrimonio mundial cultural e natural o establecemento dun sistema de cooperación e asistencia internacional destinado a secundar aos Estados Partes na Convención nos esforzos que despreguen para conservar e identificar ese patrimonio.


III. COMITE INTERGOBERNAMENTAL DE PROTECCION DO PATRIMONIO MUNDIAL, CULTURAL E NATURAL


Artigo 8

1. Crease na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura un Comité intergobernamental de protección do patrimonio cultural e natural de valor universal excepcional, denominado "o Comité do Patrimonio Mundial". Estará composto de 15 Estados Partes na Convención, elixidos polos Estados Partes nela, constituidos en Asamblea Xeral durante as reunións ordinarias da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. O número de Estados Membros do Comité aumentarase ata 21, a partir da reunión ordinaria da Conferencia Xeral que siga á entrada en vigor da presente Convención en 40 ou máis Estados.

2. A elección dos membros do Comité garantirá a representación equitativa das diferentes rexións e culturas do mundo.

3. Ás sesións do Comité poderán asistir, con voz consultiva, un representante do Centro Internacional de estudios para a conservación e restauración dos bens culturais (Centro de Roma), un representante do Consello internacional de monumentos e lugares de interese artístico e histórico (ICOMOS) e un representante da Unión internacional para a conservación da naturaleza e os seus recursos (UICN), ós que se poderán engadir, a petición dos Estados Partes reunidos en Asamblea Xeral durante as reunións ordinarias da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, representantes doutras organizacións intergobernamentais ou non gobernamentais que teñan obxectivos semellantes.


Artigo 9

1. Os Estados Membros do Comité do patrimonio mundial deberán exercer o seu mandato desde que remate a reunión ordinaria da Conferencia Xeral na que foran elixidos ata a clausura da terceira reunion ordinaria seguinte.

2. Sen embargo, o mandato dun tercio dos membros designados na primera elección expirará ó fin da primeira reunión ordinaria da Conferencia Xeral seguinte a aquela na que se elixiran e o mandato dun segundo tercio dos membros designados ó mesmo tempo, expirará ó fin da segunda reunión ordinaria da Conferencia Xeral seguinte a aquela na que foran elixidos. Os nomes deses membros serán sorteados polo Presidente da Conferencia Xeral despois da primeira elección.

3. Os Estados Membros do Comité designarán, para que os representen nél, a persoas calificadas no campo do patrimonio cultural ou do patrimonio natural.


Artigo 10

1. O Comité do Patrimonio Mundial aprobará o seu regulamento.

2. O Comité poderá en todo momento invitar ás súas reunións a organismos publicos ou privados, asi como a persoas privadas, para consultarlles sobre cuestións determinadas.

3. O Comité poderá crear os órganos consultivos que considere necesarios para executar o seu labor.


Artigo 11

1. Cada un dos Estados Partes na presente Convención presentará ó Comité do Patrimonio Mundial, na medida do posible, un inventario dos bens do patrimonio cultural e natural situados no seu territorio e aptos para ser incliuidos na lista de que trata o párrafo 2 deste artigo. Este inventario, que non se considerará exhaustivo, habrá de conter documentación sobre o lugar en que esten situados os bens e sobre o interese que presenten.

2. A base dos inventarios presentados polos Estados segundo o disposto no párrafo 1, o Comité establecerá, levará ó día e publicará, co titulo de "Lista do patrimonio mundial", unha lista dos bens do patrimonio cultural e do patrimonio natural, tal como os definen os artigos 1 e 2 da presente Convención, que considere que posúan un valor universal excepcional seguindo os criterios que establecera. Unha lista revisada posta ó día distribuirá ó menos cada dous anos.

3. Será preciso o consentemento do estado interesado para inscribir un ben na Lista do patrimonio mundial. A inscripción dun ben situado nun territorio que sexa obxecto de reivindicación de soberanía ou de xurisdicción por parte de varios Estados non prexulgará nada sobre os dereitos das partes en litixio.

4. O Comité establecerá, levará ó día e publicará, cada vez que as circunstancias o esixan, co nome de "Lista do patrimonio mundial en perigo" unha lista dos bens que figuren na Lista do patrimonio mundial, cuia proteccion esixa grandes traballos de conservación para os cales se pedira axuda en virtude da presente Convención. Esta lista conterá unha estimación do custe das operacións. Só poderán figurar nesa lista os bens do patrimonio cultural e natural que estén ameazados por perigos graves e precisos como a ameaza de desaparición debida a un deterioro acelerado, proxectos de grandes obras públicas ou privadas, rápido desenvolvemento urbano e turístico, destrucción debida a cambios de utilización ou de propiedade da terra, alteracións profundas debidas a unha causa desconocida, abandono por calquer motivo, conflicto armado que estoupara ou ameace estoupar, catástrofes e cataclismos, incendios, terremotos, deslizamentos de terreo, erupcións volcánicas, modificacións do nivel das augas, inundacións e maremotos. O Comité poderá sempre, en caso de emerxencia, efectuar unha nova inscripción na Lista do patrimonio mundial en perigo e darlle unha difusión inmediata.

5. O Comité definirá os criterios que servirán de base para a inscripción dun ben do patrimonio cultural e natural nunha ou noutra das listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do presente artigo.

6. Antes de denegar unha petición de inscripción nunha das duas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do presente artigo, o Comité consultará co Estado Parte en cuio territorio esté situado o ben do patrimonio cultural ou natural de que se trate.

7. O Comité co acordo dos Estados interesados, coordinará e estimulará os estudios e as investigacións necesarios para constituir as listas a que se refiren os párrafos 2 e 4 do presente artigo.


Artigo 12

O feito de que un patrimonio cultural e natural non se inscribira nunha ou noutra das duas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do artigo 11 non significará en modo algun que non teña un valor universal excepcional para fins distintos dos que resultan da inscripción nestas listas.


Artigo 13

1. O Comité do Patrimonio Mundial recibirá e estudiará as peticións de asistencia internacional formuladas polos Estados Partes na presente Convención no que respecta ós bens do patrimonio cultural e natural situados nos seus territorios, que figuran ou son susceptibles de figurar nas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do artigo 11. Esas peticións poderán ter por obxecto a protección, a conservación, a revalorización ou a rehabilitación de ditos bens.

2. As peticións de axuda internacional, en aplicación do párrafo 1 do presente artigo, poderán ter tamén por obxecto a identificación dos bens do patrimonio cultural ou natural definidos nos artigos 1 e 2, cando as investigacióins preliminares demostraran que merecen ser proseguidas.

3. O Comité decidirá sobre esas peticións, determinará, chegado o caso, a índole e a importancia da súa axuda e autorizará a celebración no seu nome, dos acordos necesarios co Goberno interesado.

4. O Comité fixará a orde de prioridade das súas intervencións. Para iso terá en conta a importancia respectiva dos bens que se deban protexer para o patrimonio mundial cultural e natural, a necesidade de asegurar unha protección internacional ós bens máis representativos da naturaleza ou do xenio e a historia dos pobos do mundo, a urxencia dos traballos que se teñan que emprender, a importancia dos recursos dos Estados en cuio territorio se atopen os bens ameazados e en particular a medida en que poderán asegurar a salvagarda deses bens polos seus propios medios.

5. O Comité establecerá, porá ó día e difundirá unha lista dos bens para os que se prestara axuda internacional.

6. O Comité decidirá sobre a utilización dos recursos do Fondo creado en virtude do disposto no artigo 15 da presente Convención. Buscará a maneira de aumentar os recursos e tomará para iso as disposicións necesarias.

7. O Comité cooperará coas organizacións internacionais e nacionais gobernamentais e non gobernamentais, cuios obxectivos sexan análogos ós da presente Convención. Para elaborar os seus programas e executar os seus proxectos, o Comité poderá recurrir a esas organizacións e, en particular ó Centro internacional de estudios de conservación e restauración dos bens culturais (Centro de Roma), ó Consello internacional de monumentos e lugares de interese artístico e histórico (ICOMOS) ou á Unión Internacional para a conservación da naturaleza e os seus recursos (UICN), como tamén a organismos públicos e privados, e a particulares.

8. O Comité decidirá por maioría de dous tercios dos membros presentes e votantes. Constituirá quorum a maioría dos membros do Comité.


Artigo 14

1. O Comité do Patrimonio Mundial estará secundado por unha secretaría nomeada polo Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

2. O Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, utilizando o máis posible os servicios do Centro Internacional de estudios para a conservación e a restauración dos bens culturais (Centro Roma), do Consello Internacional de monumentos e de lugares de interese artístico e histórico (ICOMOS) e os da Unión Internacional para a Conservación da naturaleza e os seus recursos (UICN) dentro das súas competencias e das súas atribucións respectivas, preparará a documentación do Comité e a orde do día das súas reunións, e executará as súas decisións.


IV. FONDO PARA A PROTECCION DO PATRIMONIO MUNDIAL CULTURAL E NATURAL


Artigo 15

1. Crease un Fondo para a Protección do Patrimonio Cultural e Natural Mundial de Valor Universal Excepcional, denominado "o Fondo do Patrimonio Mundial".

2. O Fondo estará constituido como fondo fiduciario, de conformidade coas disposicións pertinentes do Regulamento Financieiro da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

3. Os recursos do Fondo estarán constituidos por:

a) As contribucións obrigatorias e as contribucións voluntarias dos Estados Partes na presente Convención.

b) As aportacións, donacións ou legados que poidan facer:

c) Todo interese producido polos recursos do Fondo.

d) O producto das colectas e as recaudacións das manifestacións organizadas en proveito do Fondo.

e) Todos os demais recursos autorizados polo Regulamento que elaborará o Comité do Patrimonio Mundial.

4. As contribucións ó Fondo e as demais formas de axuda que se presten ó Comité só se poderán dedicar ós fins fixados por él. O Comité poderá aceptar contribucións que deban ser destinadas a un determinado programa ou a un proxecto específico a condición de que él decidira poñer en práctica ese programa ou executar ese proxecto. As contribucións que se fagan ó fondo non han de estar supeditadas a condicións políticas.


Artigo 16

1. Sen perxuicio de calquera contribución voluntaria complementaria, os Estados Partes na presente Convención obriganse a ingresar normalmente, cada dous anos, no Fondo do Patrimonio Mundial, contribucións cuia cuantía en forma dunha porcentaxe única aplicable a todos os Estados decidirá a Asamblea Xeral dos Estados Partes na Convención, reunida durante a celebración da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Esa decisión da Asamblea Xeral requerirá a maioría dos Estados Partes presentes e votantes que non fixeran a declaración que menciona o párrafo 2 do presente artigo. A contribución obrigatoria dos Estados Partes na Convención non poderá exceder en ningún caso do 1% da contribución ó presuposto ordinario da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

2. Non obstante, calquera dos Estados a que se refire o artigo 31 ou o artigo 32 da presente Convención poderá, no momento de depositar o seu instrumento de ratificación, de aceptación ou de adhesión, declarar que non se considera obrigado polas disposicións do párrafo 1 do presente artigo.

3. Todo Estado Parte na Convención que formulara a declaración mencionada no párrafo 2 do presente artigo, poderá retirala en calquera momento, notificandollo ó Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Sen embargo, o feito de retirar a declaración non producirá efecto algun respecto da contribución obrigatoria que adeude dito Estado ata a data da seguinte Aasemblea Xeral dos Estados Partes na Convención.

4. Para que o Comité esté en condicións de prever as súas operacións de maneira eficaz, as contribucións dos Estados Partes na presente Convención que fixeran a declaración de que trata o párrafo 2 do presente artigo habrán de ser entregadas dunha maneira regular, cada dous anos polo menos, e non deberán ser inferiores ás contribucións que tiveran que pagar se estiveran obrigados polas disposicións do párrafo 1 do presente artigo.

5. Todo Estado Parte na Convención que esté en retraso no pago da súa contribución obrigatoria ou voluntaria no que respecta ó ano en curso e ó ano civil inmediatamente anterior, non poderá ser elixido membro do Comité do Patrimonio Mundial, se ben esta disposición non será aplicable na primeira elección. Se tal Estado é xa membro do Comité non será aplicable na primeira elección. Se tal Estado é xa membro do Comité, o seu mandato extinguirase no momento en que se efectuen as eleccións previstas polo párrafo 1 do artigo 8 da presente Convención.


Artigo 17

Os Estados Partes na presente Convención considerarán ou favorecerán a creación de fundacións ou de asociacións nacionais públicas e privadas que teñan por obxecto estimular as liberalidades en favor da protección do patrimonio cultural e natural definido nos artigos 1 e 2 da presente Convención.


Artigo 18

Os Estados Partes na presente Convención prestarán o seu concurso ás campañas internacionais de colecta de fondos que se organicen en proveito do Fondo do Patrimonio Mundial baixo os auspicios da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.
Facilitarán as colectas feitas con este proposito polos organismos mencionados no párrafo 3 do artigo 15.


V. CONDICIÓNS E MODALIDADES DA ASISTENCIA INTERNACIONAL


Artigo 19

Todo Estado Parte na presente Convención poderá pedir asistencia internacional en favor dos bens do patrimonio cultural ou natural de valor universal excepcional situados no seu territorio. Unirá á súa petición os elementos de información e os documentos previstos no artigo 21 de que dispoña que o Comité necesite para tomar a súa decisión.


Artigo 20

Sen perxuicio das disposicións do párrafo 2 do artigo 13 do apartado c) do artigo 22 e do artigo 23, a asistencia internacional prevista pola presente Convención só se poderá conceder ós bens do patrimonio cultural e natural que o Comité do Patrimonio Mundial decidira ou decida facer figurar nunha ou nas dúas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do artigo 11.


Artigo 21

1. O Comité do Patrimonio Mundial determinará o procedemento de exame das peticións de asistencia internacional que estará chamado a prestar e indicará os elementos que deberá conter a petición que describirá a operación que se proxecte, os traballos necesarios, unha evaluación do seu custe, a súa urxencia e as razóns polas cales os recursos do Estado peticionario non lle permiten facer fronte á totalidade dos gastos. Sempre que sexa posible, as peticións apoiaranse nun dictame de expertos.

2. Por razón dos traballos que se poida ter que emprender, sen demora, o Comité examinará con preferencia as peticións que se presenten xustificadas por calamidades naturais ou por catástrofes. O Comité disporá para eses casos dun fondo de reserva.

3. Antes de tomar unha decisión, o Comité efectuará os estudios ou as consultas que estime necesarios.


Artigo 22

A asistencia do Comité do Patrimonio Mundial poderá tomar as formas seguintes:

a) Estudios sobre os problemas artísticos, científicos e técnicos que plantexan a protección, a conservación, a revalorización e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural definido nos párrafos 2 e 4 do artigo 11, da presente Convención.

b) Servicios de expertos, de técnicos e de man de obra cualificada para velar pola boa execución do proxecto aprobado.

c) Formación de especialistas de todos os niveis en materia de identificación, protección, conservación, revalorización, e rehabilitación do patrimonio cultural e natural.

d) Subministro de equipo que o Estado interesado non posúa ou non poda adquirir.

e) Préstamos a interese reducido, sen intereses ou reintegrables a longo prazo.

f) Concesión en casos excepcionais e especialmente motivados, de subvencións non reintegrables.


Artigo 23

O Comité do Patrimonio Mundial poderá tamén prestar asistencia internacional a centros nacionais ou rexionais de formación de especialistas de todos os grados en materia de identificación; protección, conservación, revalorización, e rehabilitación do patrimonio cultural e natural.


Artigo 24

Unha asistencia internacional moi importante só se poderá conceder despois dun estudio científico, económico e técnico detallado. Este estudio haberá de facer uso das técnicas máis avanzadas de protección, conservación, de revalorización e de rehabilitación do patrimonio cultural e natural e haberá de corresponder ós obxectivos da presente Convención. Haberá de buscar tamén a maneira de empregar racionamente os recursos disponibles no Estado interesado.


Artigo 25

O financiamento dos traballos necesarios non incumbirá, en principio, á comunidade internacional máis que parcialmente. A participación do Estado que reciba a asistencia internacional habrá de constituir unha parte cuantiosa da súa aportación a cada programa ou proxecto, salvo cando os seus recursos non llelo permitan.


Artigo 26

O Comité do Patrimonio Mundial e o Estado beneficiario definirán no acordo que concerten as condicións en que se levará a cabo un programa ou proxecto para o que se facilite asistencia internacional con arreglo ás disposicións desta Convención. Incumbirá ó Estado que reciba tal asistencia internacional seguir protexendo, conservando e revalorizando os bens así preservados, en cumprimento das condicións establecidas no acordo.


VI. PROGRAMAS EDUCATIVOS


Artigo 27

1. Os Estados Partes na presente Convención, por todos os medios apropiados, e sobre todo mediante programas de educación e de información, farán todo o posible por estimular nos seus pobos o respecto e o aprecio do patrimonio cultural e natural definido nos artigos 1 e 2 da presente Convención.

2. Obrigaranse a informar ampliamente ó público das ameazas que pesen sobre ese patrimonio e das actividades emprendidas en aplicación da presente Convención.


Artigo 28

Os Estados Partes na presente Convención, que reciban en virtude dela, unha asistencia internacional tomarán as medidas necesarias para facer que se coñeza a importancia dos bens que foran obxecto de asistencia e o papel que esta desempeñara.


Artigo 29

1. Os Estados Partes na presente Convención indicarán nos informes que presenten á Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, nas datas e na forma que esta determine, as disposicións lexislativas e regulamentarias, e as demáis medidas que tomaran para aplicar a presente Convención, asi como a experiencia que adquirisen neste campo.

2. Eses informes comunicaranse ó Comité do Patrimonio Mundial.

3. O Comité presentará un informe sobre os seus traballos en cada unha das reunións ordinarias da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.


VIII. CLAUSULAS FINAIS


Artigo 30

A presente Convención está redactada en árabe, español, francés, inglés e ruso, sendo os cinco textos igualmente idénticos.


Artigo 31

1. A presente Convención será sometida á ratificación ou á aceptación dos Estados Membros da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, de conformidade cos seus respectivos procedementos constitucionais.

2. Os instrumentos de ratificación ou de aceptación serán depositados en poder do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.


Artigo 32

1. A presente Convención quedará aberta á adhesión de todos os Estados non membros da Organizaciíon das Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, invitados a adherirse a ela pola Conferencia Xeral da Organización.

2. A adhesión efectuarase depositando un instrumento de adhesión en poder do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.


Artigo 33

A presente Convención entrará en vigor tres meses despois da data do depósito do vixésimo instrumento de ratificación, de aceptación ou de adhesión, pero só respecto dos Estados que depositaran os seus instrumentos respectivos de ratificación, de aceptación ou de adhesión nesa data ou anteriormente. Para os demáis Estados, entrará en vigor tres meses despois de efectuado o depósito do seu instrumento de ratificación, de aceptación ou de adhesión.


Artigo 34

Aos Estados Partes na presente Convención que teñan un sistema constitucional federal ou non unitario lles serán aplicables as disposicións seguintes:

a) No que respecta ás disposicións desta Convención cuia aplicación entrana unha acción lexislativa do poder lexislativo federal ou central, as obrigas do Goberno federal ou central serán as mesmas que as dos Estados Partes que non sexan Estados federais.

b) No que respecta ás disposicións desta Convención cuia aplicación dependa da acción lexislativa de cada un dos Estados, países, provincias ou cantóns constituintes, que en virtude do sistema constitucional da federación, non estén facultados para tomar medidas lexislativas, o Goberno federal comunicará esas disposicións, co seu dictame favorable, ás autoridades competentes dos Estados, países, provincias ou cantóns.


Artigo 35

1. Cada un dos Estados Partes na presente Convención terá a facultade de denunciala.

2. A denuncia notificarase por medio dun instrumento escrito, que se depositará en poder do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

3. A denuncia surtirá efecto doce meses despois da recepción do instrumento de denuncia. Non modificará en nada as obrigas financeiras que deba asumir o Estado denunciante ata a data en que a retirada sexa efectiva.


Artigo 36

O Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura informará ós Estados Membros da Organización, ós Estados non membros a que se refire o artigo 32, así como ás Nacións Unidas, do depósito de todos os instrumentos de ratificación, de aceptación ou de adhesión mencionados nos artigos 31 e 32, e das denuncias previstas no artigo 35.


Artigo 37

1. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, poderá revisar a presente Convención. Pero esta revisión só obrigará ós Estados que cheguen a ser Partes na Convención revisada.

2. No caso de que a Conferencia Xeral aprobe unha nova Convención, que constitúa unha revisión total ou parcial da presente, e a menos que a nova Convención dispoña outra cousa, a presente Convención deixará de estar aberta á ratificación, á aceptación ou á adhesión, a partir da data de entrada en vigor da nova Convención revisada.


Artigo 38

En virtude do disposto no artigo 102 da Carta das Nacións Unidas, a presente Convención rexistrarase na Secretaría das Nacións Unidas a petición do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.



Feito en París, neste día vintetrés de novembro de 1972, en dous exemplares auténticos que levan a firma do Presidente da Conferencia Xeral, na 17a. Reunión, e do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para Educación, a Ciencia e a Cultura, que se depositarán nos arquivos da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura e cuias copias autenticadas entregaranse a todos os Estados a que se refiren os artigos 31 e 32, así como ás Nacións Unidas. Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 4/3/99