Textos Volver ó índice


Convención sobre a nacionalidade da muller casada


Aberta a firma e ratificación pola Asemblea Xeral na súa Resolución 1040 (XI), de 29 de xaneiro de 1957.

Entrada en vigor: 11 de agosto de 1958, de conformidade co artigo 6.


Os Estados Contratantes,

Recoñecendo que xorden conflictos de lei e de práctica en materia de nacionalidade a causa das disposicións sobre a perda e a adquisición da nacionalidade da muller como resultado do matrimonio, da súa disolución, ou do cambio de nacionalidade do marido durante o matrimonio,

Recoñecendo que, no artigo 15 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou que toda persoa ten dereito a unha nacionalidade e que a ninguén se lle privará arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade,

Desexosos de cooperar coas Nacións Unidas para estender o respeto e a observancia universais dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais para todos sen distinción de sexo,

Conviñeron nas seguintes disposicións:


Artigo 1

Os Estados contratantes conveñen en que nin a celebración nin a disolución do matrimonio entre nacionais e estranxeiros, nin o cambio de nacionalidade do marido durante o matrimonio, poderán afectar automaticamente nacionalidade da muller.


Artigo 2

Os Estados contratantes conveñen en que o feito de que un dos seus nacionais adquira voluntariamente a nacionalidade de outro Estado ou o de que renuncie a súa nacionalidade, non impedirá que a cónxuxe conserve a nacionalidade que posúe.


Artigo 3

1. Os Estados contratantes conveñen en que unha muller estranxeira casada con un dos seus nacionais poderá adquirir, se o solicita, a nacionalidade do marido, mediante un procedemento especial de naturalización privilexiada, con suxeición as limitacións que poidan impoñerse por razóns de seguridade ou de interese público.

2. Os Estados contratantes conveñen en que a presente Convención non poderá interpretarse no sentido de que afecte á lexislación ou a práctica xudicial que permitan a muller estranxeira de un dos seus nacionais adquirir de pleno dereito, se o solicita, a nacionalidade do marido.


Artigo 4

3. A presente Convención queda aberta á firma e a ratificación de calquera Estado Membro das Nacións Unidas e de calquera outro Estado que sexa ou chegue a ser membro de algún organismo especializado das Nacións Unidas, ou que sexa ou chegue a ser parte no Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, ou de calquera outro Estado o que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas dirixise unha invitación ó efecto.

4. A presente Convención deberá ser ratificada e os instrumentos de ratificación deberán ser depositados en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 5

5. Todos os Estados os que se refire o parágrafo 1 do artigo 4 poderán adherirse á presente Convención.

6. A adhesión efectuarase depositando un instrumento de adhesión en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 6

7. A presente Convención entrará en vigor noventa días despois da data en que se depositara o sexto instrumento de adhesión ou de ratificación.

8. Para cada un dos Estados que ratifiquen a Convención ou se adhiran e ela despois de depositado o sexto instrumento de ratificación ou de adhesión, a Convención entrará en vigor noventa días despois da data en que ese Estado depositara o respectivo instrumento de ratificación ou adhesión.


Artigo 7

9. A presente Convención aplicarase a tódolos territorios non autónomos, en fideicomiso, coloniais e outros territorios non metropolitanos dos que das súas relacións internacionais este encargado calquera Estado contratante; o Estado contratante interesado deberá con suxeición ás disposicións do parágrafo 2 do presente artigo, declarar no momento da firma, ratificación ou adhesión a que territorio non metropolitano ou a que outros territorios se aplicará ipso facto a Convención en razón de tal firma, ratificación ou adhesión.

10. Nos casos en que, para os efectos da nacionalidade, un territorio non metropolitano non sexa considerado parte integrante do territorio metropolitano, ou nos casos en que se requira o previo consentimento dun territorio non metropolitano en virtude das leis ou prácticas constitucionais do Estado contratante ou do territorio non metropolitano para que a Convención se aplique a dito territorio, aquel Estado contratante tratará de lograr o consentimento necesario do territorio non metropolitano dentro dun prazo de doce meses a partir da data da firma da Convención por ese Estado contratante, e cando se lograra tal consentimento do Estado contratante notificarao o Secretario Xeral das Nacións Unidas . A presente Convención aplicarase ó territorio ou territorios mencionados en tal notificación a partir da data da súa recepción polo Secretario Xeral.

11. Despois da expiración do lapso de doce meses mencionando no parágrafo 2 do presente artigo, os Estados contratantes interesados informarán ó Secretario Xeral sobre os resultados das consultas celebradas con aqueles territorios non metropolitanos dos que as súas relacións internacionais estén encargados e o seu consentimento para a aplicación quedara pendente.


Artigo 8

12. No momento da firma, da ratificación ou da adhesión, todo Estado poderá formular reservas a calquera artigo da presente Convención, con excepción dos artigos 1 e 2.

13. Toda reserva formulada conforme ó parágrafo 1 do presente artigo non afectará o carácter obrigatorio da Convención entre o Estado que fixera a reserva e os demais Estados partes, con excepción da disposición ou as disposicións que foran obxecto de reserva. O Secretario Xeral das Nacións Unidas comunicará o texto de esa reserva a tódolos Estados que sexan ou cheguen a ser partes na Convención. Todo Estado parte na Convención ou que chegue a ser parte na mesma poderá notificar ó Secretario Xeral que non está disposto a considerarse obrigado pola Convención con respecto ó Estado que formulase a reserva. Esta notificación deberá facerse, no que concerne a Estados que xa sexan partes na Convención, dentro dos noventa días seguintes a data da comunicación do Secretario Xeral e, no que concerne a Estados que os Estados que ulteriormente cheguen a ser partes na Convención dentro dos noventa días seguintes a data do depósito do instrumento de ratificación ou adhesión. En caso de que se houbera feito tal notificación, considerarase que a Convención non é aplicable entre o Estado autor da notificación e o Estado que fixera a reserva.

14. O Estado que formule unha reserva conforme o parágrafo 1 do presente artigo poderá retirala, na súa totalidade ou en parte, en calquera momento despois da súa aceptación, enviando para elo unha notificación do Secretario Xeral das Nacións Unidas. Esta notificación surtirá efecto na data da súa recepción.


Artigo 9

15. Todo Estado contratante poderá denunciar á presente Convención mediante unha notificación escrita dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas. A denuncia surtirá efecto un ano despois da data en que o Secretario Xeral reciba a notificación.

16. A presente Convención quedará derogada na data en que surta efecto a denuncia que reduza a menos de seis o número de Estados contratantes.


Artigo 10

Toda cuestión que xurda entre dous ou máis Estados contratantes sobre a interpretación ou a aplicación da presente Convención, que non sexa resolta por medio de negociacións, será sometida a Corte Internacional de Xustiza , para que a resolva, a petición de calquera das partes en conflicto, salvo que as partes interesadas conveñan en outro modo de solucionala.


Artigo 11

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos Estados membros das Nacións Unidas e os Estados non membros os que se refire o parágrafo 1 do artigo 4 da presente Convención:

a) As firmas e os instrumentos de ratificación depositados en cumprimento do artigo 4;

b) Os instrumentos de adhesión depositados en cumprimento do artigo 5;

c) A data en que a presente Convención entrará en vigor segundo o artigo 6;

d) As comunicacións e notificacións que se reciban, segundo o disposto no artigo 8;

e) As notificacións de denuncias recibidas segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 9;

f) A derogación da Convención segundo o disposto no parágrafo 2 do artigo 9.


Artigo 12

17. A presente Convención, con textos en chino español, francés, inglés e ruso fan fe por igual, quedará depositada nos arquivos das Nacións Unidas.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas enviará copia certificada da Convención a tódolos Estados Membros e os Estados non Membros a que se refire o parágrafo 1 do artigo 4.Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/05/2000