Textos Volver ó índice


Convención internacional sobre a protección dos dereitos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares


Adoptada pola Asemblea Xeral na súa resolución 45/158, de 18 de decembro de 1990.


Preámbulo

Os Estados Partes na presente Convención,

Tendo en conta os principios consagrados nos instrumentos fundamentais das Nacións Unidas en materia de dereitos humanos, en particular a Declaración Universal de Dereitos Humanos, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, a Convención Internacional sobre a Eliminación de tódalas formas de Discriminación Racial, a Convención sobre a eliminación de tódalas formas de discriminación contra a muller e a Convención sobre os Dereitos do Neno,

Tendo en conta tamén os principios e normas establecidas nos instrumentos pertinentes elaborados no marco da Organización Internacional do Traballo, en especial o Convenio relativo os traballadores migrantes (nº97), o Convenio sobre as migracións en condicións abusivas e a promoción da igualdade de oportunidades e de trato dos traballadores migrantes (Nª 143), a Recomendación sobre os traballadores migrantes (Nº86), a Recomendación sobre os traballadores migrantes (Nº 151), o Convenio relativo o traballo forzoso ou obrigatorio, (Nº 29) e o Convenio relativo a abolición do traballo forzoso (105),

Reafirmando a importancia dos principios consagrados na Convención relativa á loita contra as discriminacións na esfera da ensinanza, da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a ciencia e a cultura , recordando a Convención contra a Tortura e Outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes, a Declaración do Cuarto Congreso das Nacións Unidas sobre Prevención do Delicto e Tratamento do Delincuente, o código de conducta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei e as Convencións sobre a escravitude,

Recordando que un dos obxectivos da Organización internacional do Traballo, como se establece na súa Constitución, é a protección dos intereses dos traballadores empregados en países distintos do propio, e tendo en conta os coñecementos e a experiencia en dita organización nas cuestións relacionadas cos traballadores migratorios e cos seus familiares,

Recoñecendo a importancia do traballo realizado en relación cos traballadores migratorios e os seus familiares en distintos órganos das Nacións Unidas, particularmente na Comisión de Dereitos Humanos e a Comisión de Desenvolvemento Social, así como na Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura e a Organización Mundial da Saúde e en outras organizacións internacionais.

Recoñecendo tamén os progresos realizados por algúns Estados mediante acordos rexionais ou bilaterais para a protección dos dereitos dos traballadores migratorios e dos seus familiares, así como a importancia e a utilidade dos acordos bilaterais e multilaterais nesta esfera,

Comprendendo a importancia e a magnitude do fenómeno das migracións, que abarca a millóns de persoas e afecta a un gran número de Estados da Comunidade Internacional,

Conscientes da repercusión que as corrente de traballadores migratorios teñen sobre os Estados e os pobos interesados, e desexosos de establecer normas que poidan contribuír a harmonizar as actitudes dos estados mediante a aceptación dos principios fundamentais relativos o tratamento dos traballadores migratorios dos seus familiares,

Considerando a situación de vulnerabilidade en que con frecuencia se atopan os traballadores migratorios e as súas familias debido, entre outras cousas, á súa ausencia do Estado de orixe e as dificultades coas que tropezan en razón da súa presencia no Estado de emprego,

Convencidos de que os dereitos dos traballadores migratorios e dos seus familiares non foron debidamente recoñecidos en todas partes e, por tanto, requiren unha protección internacional apropiada,

Tendo en conta o feito de que a miúdo a migración é causa de graves problemas para os familiares dos traballadores migratorios, así como para os propios traballadores, particularmente debido á dispersión da familia,

Tendo presente que os problemas humanos que establece a migración son aínda máis graves no caso da migración irregular, e convencidos por tanto de que se debe alentar a adopción de medidas a fin de evitar e e eliminar os movementos e o tránsito clandestinos dos traballadores migratorios, asegurándolles á vez a protección dos seus dereitos humanos fundamentais,

Considerando que os traballadores non documentados ou que se atopan en situación irregular son empregados frecuentemente en condicións de traballo menos favorables que as de outros traballadores e que para determinadas empresas esto constitúe un aliciente para buscar ese tipo de man de obra co obxecto de obter os beneficios de unha competencia desleal,

Considerando tamén que a práctica de empregar a traballadores migratorios que estean en situación irregular será desalentada si se recoñecen máis amplamente os dereitos humanos fundamentais de tódolos traballadores migratorios e, ademais, que a concesión de determinados dereitos adicionais os traballadores migratorios e os seus familiares que estean en situación regular alentará a tódolos traballadores migratorios a respectar e cumprir as leis e procedementos establecidos polos interesados,

Convencidos, por esto, da necesidade de lograr a protección internacional dos dereitos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares, reafirmando e establecendo normas fundamentais nunha convención ampla que teña aplicación universal,


Conviñeron no seguinte:



PARTE I - Alcance e definicións



Artigo 1

1. A presente Convención será aplicable, salvo cando en ela se dispoña outra cousa, a tódolos traballadores migratorios e os seus familiares sen distinción algunha por motivos de sexo, raza, color, idioma, relixión ou convicción, opinión política ou de outra índole, orixe nacional, étnico ou social, nacionalidade ou idade, situación económica, patrimonio, estado civil, nacemento ou calquera outra condición.

2. A presente Convención será aplicable durante todo proceso de migración dos traballadores migratorios e os seus familiares, que comprende a preparación para a migración, a partida, o tránsito e todo período de estancia e de exercicio dunha actividade remunerada no Estado de emprego, así como o regreso o Estado de orixe ou o Estado de residencia habitual.


Artigo 2

Os efectos da presente Convención:

1. Entenderase por “traballador migratorio” toda persoa que vaia a realizar, realice ou realizase unha actividade remunerada en un Estado do que non sexa nacional;

2. a) Entenderase por “traballador fronteirizo” todo traballador migratorio que conserve a súa residencia habitual nun Estado veciño, o que normalmente regrese cada día ou polo menos unha vez por semana;

b) Entenderase por “traballador de temporada” todo traballador migratorio para o que o traballo, pola súa propia natureza, dependa de condicións estacionais e só se realice durante parte do ano;

c) Entenderase por “mariño”, termo que inclúe os pescadores, todo traballador migratorio empregado a bordo dunha embarcación rexistrada nun Estado do que non sexa nacional;

d) Entendemos por “traballador dunha estructura mariña” todo traballador migratorio empregado en unha estructura mariña que se atope baixo a xurisdicción dun Estado do que non sexa nacional;

e) Entenderase por “traballador itinerante” todo traballador migratorio que, aínda tendo a súa residencia habitual nun Estado, teña que viaxar a outro Estado ou outros Estados por períodos breves, debido a súa ocupación;

f) Entenderase por “traballador vinculado a un proxecto” todo traballador migratorio admitido a un Estado de emprego por un prazo definido para traballar soamente nun proxecto concreto que realice en ese Estado o seu empregados;

g) Entenderase por “traballador con emprego concreto” todo traballador migratorio:

h) Entenderase por “traballador por conta propia” todo traballador migratorio que realice unha actividade remunerada sen ter contrato de traballo e obteña a súa subsistencia mediante esta actividade, traballando normalmente só ou xunto cos seus familiares, así como todo traballador migratorio recoñecido como traballador por conta propia pola lexislación aplicable do Estado de emprego ou polos acordos bilaterais ou multilaterais.


Artigo 3

A presente Convención non se aplicará a:

a) As persoas enviadas ou empregadas por organizacións e organismos internacionais e as persoas enviadas ou empregadas por un Estado fora do seu territorio para desempeñar funcións oficiais, para as que a admisión e a condición xurídica estean regulados polo dereito internacional xeral ou por acordos ou convenios internacionais concretos;

b) As persoas enviadas ou empregadas por un Estado fora do seu territorio, ou por un empregador no seu nome, que participen en programas de desenrolo e en outros programas de cooperación, a súa admisión e condición xurídica estean reguladas por un acordo co Estado de emprego e que, de conformidade con ese acordo, non sexan considerados traballadores migratorios;

c) As persoas que se instalen en un país distinto do seu Estado de orixe en calidade de investidores;

d) Os refuxiados e os apátridas, a menos que estea previsto que se aplique a estas persoas na lexislación nacional pertinente do Estado Parte de que se trate ou en instrumentos internacionais en vigor nese Estado;

e) Os estudiantes e as persoas que reciben capacitación;

f) Os mariños e os traballadores en estructuras mariñas que non fosen autorizadas a residir e exercer unha actividade remunerada no Estado de emprego.


Artigo 4

Os efectos da presente Convención, o termo “familiares” refírese as persoas casadas con traballadores migratorios ou que manteñan con eles unha relación que, de conformidade co dereito aplicable, produza efectos equivalentes ó matrimonio, así como os fillos o seu cargo e a outras persoas o seu cargo recoñecidas como familiares pola lexislación aplicable ou por acordos bilaterais ou multilaterais aplicables entre os Estados de que se trate.


Artigo 5

Os efectos da presente Convención, os traballadores migratorios e os seus familiares:

a) Serán considerados documentados ou en situación regular se foron autorizados a ingresar, a permanecer e a exercer unha actividade remunerada no Estado de emprego de conformidade coas lais dese Estado e os acordos internacionais en que ese Estado sexa parte;

b) Serán considerados non documentados ou en situación irregular senón cumpren as condicións establecidas no inciso a) de este artigo.


Artigo 6

Os efectos da presente Convención

a) Por “Estado de orixe” entenderase o Estado do que sexa nacional a persoa de que se trate;

b) Por “Estado de emprego” entenderase o Estado onde o traballador migratorio vaia a realizar, realice ou realizase unha actividade remunerada, segundo o caso;

c) Por “Estado de tránsito” entenderase calquera Estado polo que pase o interesado en un viaxe o Estado de emprego ou do Estado de emprego o Estado de orixe ou o Estado de residencia habitual.



PARTE II - Non discriminación do recoñecemento de dereitos



Artigo 7

Os Estados Partes comprometeranse, de conformidade cos instrumentos internacionais sobre dereitos humanos, a respectar e asegurar a tódolos traballadores migratorios e os familiares que estean dentro do seu territorio ou sometidos á xurisdicción os dereitos previstos na presente Convención, sen distinción algunha por motivos de sexo, raza, color, idioma, relixión ou convicción, opinión política ou de outra índole, orixe nacional, étnico ou social, nacionalidade, idade, situación económica, patrimonio, estado civil, nacemento ou calquera outra condición.



PARTE III - Dereitos humanos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares



Artigo 8

a) Os traballadores migratorios e os seus familiares poderán saír libremente de calquera Estado, incluído o seu Estado de orixe. Ese dereito non estará sometido a restricción algunha, salvo as que sexan establecidas pola lei, sexan necesarias para protexer a seguridade nacional, a orde pública, a saúde ou a moral públicas ou os dereitos e liberdades alleos e que sexan compatibles con outros dereitos recoñecidas na presente parte da Convención.

b) Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a regresar en calquera momento o seu Estado de orixe e permanecer en el.


Artigo 9

O dereito á vida dos traballadores migratorios e os seus familiares estará protexido por lei.


Artigo 10

Ningún traballador migratorio ou familiar seu será sometido a torturas nin a tratos inhumanos ou crueis, inhumanos ou degradantes.


Artigo 11

1. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será sometido a escravitude nin servidume.

2. Non se esixirá os traballadores migratorios nin os seus familiares que realicen traballos forzosos ou obrigatorios.

3. O parágrafo 2 do presente artigo non obstará para que os Estados nos cales a súa lexislación admita para certos delictos penas de prisión con traballos forzosos poidan impoñer estes en cumprimento da sentencia dictada por un tribunal competente.

4. Os efectos deste artigo, a expresión “traballos forzosos ou obrigatorios” non incluirá:

a) Ningún traballo ou servicio, no previsto no parágrafo 3 deste artigo, que normalmente deba realizar unha persoa que, en virtude de unha decisión da xustiza ordinaria, estea detida ou fose posta ulteriormente en situación de liberdade condicional;

b) Ningún servicio esixido en casos de emerxencia ou de desastre que ameacen a vida ou o benestar da comunidade;

c) Ningún traballo ou servicio que forme parte das obrigacións civís normais, na medida en que se impoña tamén os cidadáns do Estado de que se trate.


Artigo 12

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a liberade de pensamento, de conciencia e de relixión. Este dereito incluirá liberdade de profesar ou de adoptar a relixión ou crenza da súa elección, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou crenza, individual ou colectivamente, tanto en público como en privado, mediante o culto, a celebración de ritos, as prácticas e a ensinanza.

2. Os traballadores migratorios e os seus familiares non serán sometidos a coacción algunha que limite a súa liberdade de profesar e adoptar unha relixión ou crenza da súa elección.

3. O exercicio do dereito previsto no parágrafo 2 do presente artigo entraña obrigas e responsabilidades especiais. Polo tanto, poderá ser sometido a certas restriccións, a condición de que estas foran establecidas por lei e sexan necesarias para:

a) Respectar os dereitos o bo nome dos alleos;

b) Protexer a seguridade nacional dos Estados de que se trate, a orde pública ou a saúde e moral públicas;

c) Previr toda propaganda en favor da guerra;

d) Previr toda apoloxía do odio nacional, racial ou relixioso que constitúa incitación á discriminación, a hostilidade e a violencia.


Artigo 13

O dereito de opinión dos traballadores migratorios e os seus familiares non será obxecto de inxerencia algunha.

Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á liberdade de expresión; este dereito comprende a liberdade de recabar, recibir e difundir información e ideas de toda índole, sen limitacións de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou en forma impresa ou artística, ou por calquera outro medio da súa elección.

O exercicio do dereito previsto no párrafo 2 do presente artigo entraña obrigas e responsabilidades especiais. Polo tanto, poderá ser sometido a certas restriccións, a condición de que éstas fosen establecidas por lei e sexan necesarias para:

a) Respectar os dereitos ou o bo nome alleos;

b) Protexer a seguridade nacional dos Estados de que se trate, a orde pública ou a saúde ou a moral públicas;

c) Previr toda a propaganda en favor da guerra;

d) Previr toda apoloxía do odio nacional, racial ou relixioso que constitúa incitación á discriminación, a hostalidade ou a violencia.


Artigo 14

Ningún traballador migratorio ou familiar seu será sometido a inxerencias arbitrarias ou ilegais na súa vida privada, familia, fogar, correspondencia ou outras comunicacións nin ataques ilegais contra o seu honor e o seu bo nome, Tódolos traballadores migratorios terán dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques.


Artigo 15

Ningún traballador migratorio ou familiar seu será privado arbitrariamente dos seus bens, xa sexan de propiedade persoal exclusiva ou en asociación con outras persoas. Cando en virtude da lexislación vixente no estado de emprego, os bens dun traballador migratorio ou de un familiar seu sexan expropiados total ou parcialmente, a persoa interesada terá dereito a unha indemnización xusta e apropiada.


Artigo 16

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á liberdade e a seguridade persoais.

2. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á protección efectiva do Estado contra toda violencia, dano corporal, ameaza ou intimidación por parte de funcionarios públicos ou de particulares, grupos ou institucións.

3. A verificación polos funcionarios encargados de facer cumprir a lei da identidade dos traballadores migratorios ou dos seus familiares realizarase con arreglo os procedementos establecidos pola lei.

4. Os traballadores migratorios ou os seus familiares non serán sometidos, individual nin colectivamente, a detención ou previsións arbitrarias; non serán privadas da súa liberdade, salvo por motivos e de conformidade cos procedementos que a lei estableza.

5. Os traballadores migratorios e os seus familiares que sexan detidos serán informados no momento da detención, de ser posible en un idioma que comprendan, dos motivos de esta detención, e notificaráselles prontamente, en un idioma que comprendan, as acusacións que se lles formularon.

6. Os traballadores migratorios e os seus familiares detidos ou presos a causa dunha infracción penal serán levados sen demora ante un xuíz ou outro funcionario autorizado pola lei para exercer funcións xudiciais e terán dereito a ser xulgados nun prazo razoable ou a ser postos en liberdade. A prisión preventiva das persoas que deberán ser xulgadas non debe ser a regra xeral, pero a súa liberdade poderá estar subordinada a garantías que aseguren a comparecencia do acusado no acto do xuízo ou en calquera outro momento das dilixencias procesuais e, no seu caso, para a execución do fallo.

7. Cando un traballador migratorio ou un familiar sexa arrestado, recluído en prisión ou detido en espera de xuízo ou sometido a calquera outro tipo de detención:

8. Os traballadores migratorios e os seus familiares que sexan privados da súa liberdade por detención ou prisión terán dereito a incoar procedementos ante un tribunal, a fin de que este poida decidir sen demora acerca da legalidade da súa detención e ordenar a súa liberdade se a detención non fose legal. No exercicio de este recurso, recibirán a asistencia, gratuíta se fose necesario, de un intérprete cando non puideron entender ou falar no idioma utilizado.

9. Os traballadores migratorios e os seus familiares que foran víctimas de detención ou prisión ilegal terán dereito a esixir unha indemnización.


Artigo 17

1. Todo traballador migratorio ou familiar seu privado de liberdade será tratado humanamente e co respecto debido á dignidade inherente ó ser humanos e a súa identidade cultural.

2. Os traballadores migratorios e os seus familiares acusados estarán separados dos condenados, salvo en circunstancias excepcionais, e sometidos a un réxime distinto, adecuado a súa condición de persoas non condenadas. Se foran menores de idade, estarán separados dos adultos e a vista da súa causa terá lugar con maior celeridade.

3. Todo traballador migratorio ou familiar seu que se atope detido nun Estado de tránsito ou no Estado de emprego por violación das disposicións sobre migración será aloxado, na medida do posible, nos locais distintos dos destinados ás persoas condenadas ou as persoas detidas que esperen a ser xulgadas.

4. Durante todo o período de prisión en cumprimento dunha sentencia imposta por un tribunal, o tratamento do traballador migratorio ou familiar seu terá por finalidade esencial da súa reforma e readaptación social. Os menores delincuentes estarán separados dos adultos e serán sometidos a un tratamento adecuado á súa idade e condición xurídica.

5. Durante a detención ou prisión, os traballadores migratorios e os seus familiares terán o mesmo dereito que os nacionais a recibir visitas de membros da súa familia.

6. Cando un traballador migratorio sexa privado da súa liberdade, as autoridades competentes do Estado do que se trate prestarán atención os problemas que se plantexen os seus familiares, en particular o cónxuxe e os fillos menores.

7. Os traballadores migratorios e os seus familiares sometidos a calquera forma de detención ou de prisión prevista polas leis vixentes no Estado de emprego ou no Estado de tránsito gozarán dos mesmos dereitos que os nacionais de ditos Estados que se atopen en igual situación.

8. Se un traballador migratorio ou un familiar seu é detido co obxecto de verificar unha infracción das disposicións sobre a migración, non correrán pola súa conta os gastos que ocasione este procedemento.


Artigo 18

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán iguais dereitos que os nacionais do Estado de que se trate ante os tribunais e as cortes de xustiza. Terán dereito a ser oídos publicamente e coas debidas garantías por un tribunal competente, independente e imparcial, establecido pola lei, na substanciación de calquera acusación de carácter penal formulada contra eles ou para a determinación dos dereitos ou obrigas de carácter civil.

2. Todo traballador migratorio ou familiar seu acusado dun delicto terá dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade conforme a lei.

3. Durante o proceso, todo traballador migratorio ou familiar seu acusado dun delicto terá dereito as seguintes garantías mínimas:

a) A ser informado sen demora, nun idioma que comprenda e en forma detallada, da natureza e as causas da acusación formulada na súa contra;

b) A dispoñer do tempo e dos medios adecuados para a preparación da súa defensa e comunicarse con un defensor da súa elección;

c) A ser xulgado sen dilacións indebidas;

d) A estar presente no proceso e a defenderse persoalmente ou ser asistido por un defensor da súa elección; a ser informado, se non tivera defensor, do dereito que lle asiste a telo, e, sempre que o interese da xustiza o esixa, a que se lle nome defensor de oficio, gratuitamente se carecese de medios suficientes para pagalo;

e) A interrogar ou facer interrogar os testemuñas de cargo e a obter a comparecencia dos testemuñas de descargo e a que estes sexan interrogados nas mesmas condicións que os testemuñas de cargo;

f) A ser asistido gratuitamente por un intérprete, se non comprende ou non fala o idioma empregado polo tribunal;

g) A non ser obrigado a declarar contra sí mesmo nin considerarse culpable.

4. No procedemento aplicable ós menores, terase en conta a súa idade e a importancia de promover a súa readaptación social.

5. Todo traballador migratorio ou familiar seu declarado culpable dun delicto terá dereito a que o fallo condenatorio e a pena que se lle impuxo sexan examinados por un tribunal superior, conforme o prescrito pola lei.

6. Cando unha sentencia condenatoria firme contra un traballador migratorio ou un familiar seu fora ulteriormente revocada ou o condenado fose indultado por producirse ou descubrirse un feito plenamente probatorio da comisión de erro xudicial, quen sufrira unha pena como resultado de tal sentencia deberá ser indemnizado conforme a lei, a menos que se demostre que lle é imputable en todo ou en parte o non revelarse oportunamente o feito descoñecido.

7. Ningún traballador migratorio ou familiar seu poderá ser xulgado nin sancionado por un delicto mediante sentencia firme de acordo coa lei e o procedemento penal do Estado interesado.


Artigo 19

1. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non foran delictivos segundo o dereito nacional ou internacional; tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión. Se con posteridade a comisión do delicto a lei dispón a imposición dunha pena máis leve, o interesado beneficiarase desa disposición.

2. Ó dictar unha sentencia condenatoria por un delicto cometido por un traballador migratorio ou un familiar seu, deberanse considerar os aspectos humanitarios relacionados coa súa condición, en particular con respecto o seu dereito de residencia ou de traballo.


Artigo 20

1. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será encarcerado polo solo feito de non cumprir unha obriga contractual.

2. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será privado da súa autorización de residencia ou permiso de traballo nin expulsado polo solo feito de non cumprir unha obriga emanada dun contrato de traballo, a menos que o cumprimento desa obriga constitúa unha condición necesaria para dita autorización ou permiso.


Artigo 21

Ningunha persoa que non sexa un funcionario público debidamente autorizado pola lei poderá confiscar, destruír ou intentar destruír documentos de identidade, autorizacións de entrada, estancia, residencia ou permanencia no territorio dun país nin permisos de traballo. Nos casos en que a confiscación de eses documentos estea autorizado, non poderá efectuarse sen a previa entrega dun recibo detallado. En ningún caso estará permitido destruír o pasaporte ou o documento equivalente de un traballador dun traballador migratorio ou dun familiar seu.


Artigo 22

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares non poderán ser obxecto de medidas de expulsan colectiva. Cada caso de expulsión será examinado e decidido individualmente.

2. Os traballadores e os seus familiares só poderán ser expulsados do territorio dun Estado Parte en cumprimento de unha decisión adoptada pola autoridade competente conforme á lei.

3. A decisión seralles comunicada nun idioma que o poidan entender. Seralles comunicada por escrito se o solicitasen e esto non fose obrigatorio por outro concepto, e salvo circunstancias excepcionais xustificadas por razóns de seguridade nacional, indicaranse tamén os motivos da decisión. Informarase os interesados de estes dereitos antes de que se pronuncie a decisión ou, a máis tardar, en ese momento.

4. Salvo cando unha autoridade xudicial dicte unha decisión definitiva, os interesados terán dereito a expoñer as razóns que lles asistan para opoñerse a súa expulsión, así como someter o seu caso a revisión ante a autoridade competente, a menos que razóns imperiosas de seguridade nacional se opoña a esto. Ata tanto se faga dita revisión, terán dereito a solicitar que se suspenda a execución da decisión de expulsión.

5. Cando unha decisión de expulsión xa executada sexa ulteriormente revocada, a persoa interesada terá dereito a reclamar a indemnización conforme a lei, e non se fará valer a decisión anterior para impedir a esa persoa que volva a ingresar o Estado do que se trate.

6. En caso de expulsión, o interesado terá oportunidade razoable antes ou despois da partida, par a arreglar o concernente o pago dos salarios e outras prestacións que se lle deban e o cumprimento das súas obrigas pendentes.

7. Sen perxuicio da execución de unha decisión de expulsión, o traballador migratorio ou familiar seu que sexa obxecto de ela poderá solicitar autorización de ingreso nun Estado que non sexa o seu Estado de orixe.

8. Os gastos a que de lugar o procedemento de expulsión de un traballador migratorio ou familiar seu non correrán pola súa conta. Poderá esixírselle que pague os seus propios gastos de viaxe.

9. A expulsión do Estado de emprego non menoscabará por sí sola ningún dos dereitos que adquirise de conformidade coa lexislación de ese Estado un traballador migratorio ou un familiar seu, incluído o dereito a recibir os salarios e outras prestacións que se lle deban.


Artigo 23

Os traballadores migratorios e os familiares terán dereito a recorrer a protección e a asistencia das autoridades consulares ou diplomáticas do seu estado de orixe, ou do Estado que represente os intereses de ese estado, en tódolos casos en que queden menoscabados os dereitos recoñecidos na presente Convención, en particular, en caso de expulsión, informarase sen demora de este dereito á persoa interesada, e as autoridades do Estado que dispuxera a expulsión facilitarán o exercicio do dereito.


Artigo 24

Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito, en todas partes, ó recoñecemento da súa personalidade xurídica.


Artigo 25

1. Os traballadores migratorios gozarán dun trato que non sexa menos favorable que o que reciben os nacionais do Estado de emprego no tocante a remuneración e de:

a) Outras condicións de traballo, e dicir, horas extraordinarias, horario de traballo, descanso semanal, vacacións pagadas, seguridade, saúde, fin da relación de emprego e calesqueira outras condicións de traballo que, conforme á lexislación e a práctica nacionais, estean comprendidas en ese termo;

b) Outras condicións de emprego, é dicir, idade mínima de emprego, restricción do traballo a domicilio e calquera outro asuntos que, conforme á lexislación e a práctica nacionais, se consideren condicións de emprego.

2. Non será legal menoscabar nos contratos privados de emprego o principio de igualdade de trato que se menciona na parágrafo 1 do presente artigo.

3. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas adecuadas para asegurar que os traballadores migratorios non sexan privados de ningún dos dereitos derivados de este principio a causa de irregularidades na súa permanencia ou emprego. En particular, os empregadores non quedarán exentos de ningunha obriga xurídica nin contractual, nin as súas obrigas se verán limitadas en forma algunha a causa de calquera de esas irregularidades.


Artigo 26

1. Os Estados Partes recoñecerán o dereito dos traballadores migratorios e os seus familiares a:

a) Participar nas reunións e actividades dos sindicatos ou de calquera outras asociacións establecidas conforme a lei, con miras a protexer os seus intereses económicos, sociais, culturais e de outra índole, con suxeición soamente as normas da organización pertinente;

b) Afiliarse libremente a calquera sindicato ou a calquera das asociacións citadas, con suxeición soamente as normas da organización pertinente;

c) Solicitar axuda e asistencia de calquera sindicato ou de calquera das asociacións citadas.

2. O exercicio de tales dereitos só poderá estar suxeito as restriccións previstas pola lei que sexan necesarias nunha sociedade democrática en interese da seguridade nacional ou da orde pública ou para protexer os dereitos e liberdades dos demais.


Artigo 27

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares gozarán no Estado de emprego, con respecto a seguridade social, do mesmo trato que os nacionais na medida en que cumpran los requisitos previstos na lexislación aplicable de ese Estado ou en tratados bilaterais e multilaterais aplicables. As autoridades competentes de ese Estado de orixe e do Estado de emprego poderán tomar en calquera momento as disposicións necesarias para determinar as modalidades de aplicación de esta norma.

2. Cando a lexislación aplicable non permita que os traballadores migratorios ou os seus familiares gocen de algunha prestación, o Estado de que se trate, sobre a base do trato outorgado os nacionais que estiveran en situación similar, considerará a posibilidade de reembolsarlles o monto das contribucións que houberan aportado en relación con esas prestacións.


Artigo 28

Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a recibir calquera tipo de atención médica urxente que resulte necesaria para preservar a súa vida ou para evitar danos irreparables a súa saúde en condicións de igualdade de trato cos nacionais do Estado de que se trate. Esa atención médica de urxencia non poderá negarse por motivos de irregularidade no que respecta a permanencia ou o emprego.


Artigo 29

Tódolos fillos dos traballadores migratorios terán dereito a ter un nome, o rexistro do seu nacemento e a ter unha nacionalidade.


Artigo 30

Tódolos fillos dos traballadores migratorios gozarán do dereito fundamental de acceso á educación en condicións de igualdade de trato cos nacionais do Estado de que se trate. O acceso dos dos fillos de traballadores migratorios as institucións de ensinanza preescolar ou as escolas públicas non poderá denegarse nin limitarse a causa da situación irregular no que respecta á permanencia ou o emprego de calquera dos pais, nin o carácter irregular da permanencia do fillo no Estado de emprego.


Artigo 31

1. Os Estados Partes velarán porque se respecte a identidade cultural dos traballadores migratorios e dos seus familiares e non impedirán que estes manteñan vínculos culturais cos seus Estados de orixe.

2. Os Estados Partes poderán tomar as medidas apropiadas para axudar e alentar os esforzos a este respecto.


Artigo 32

Os traballadores migratorios e os seus familiares, o rematar a súa permanencia no Estado de emprego, terán dereito a transferir os seus ingresos e aforros e, de conformidade coa lexislación aplicable dos Estados de que se trate, os seus efectos persoais e outras pertenzas.


Artigo 33

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a que o Estado de orixe , o Estado de emprego ou o Estado de tránsito, segundo corresponda, lles proporcione información acerca de:

a) Os seus dereitos con arreglo a presente Convención;

b) Os requisitos establecidos para a súa admisión, os seus dereitos e obrigas con arreglo a lei e a práctica do Estado interesado e calesqueira outras cuestións que lles permitan cumprir formalidades administrativas ou de outra índole en dito Estado.

2. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas que se consideren apropiadas para difundir a información mencionada ou velar porque sexa subministrada por empregadores, sindicatos ou outros órganos ou institucións apropiadas. Segundo corresponda, cooperarán cos demais Estados interesados.

3. A información adecuada será subministrada os traballadores migratorios e os seus familiares que a soliciten gratuitamente e, na medida do posible, en un idioma que poidan entender.


Artigo 34

Ningunha das disposicións da presente Convención terá por efecto eximir os traballadores migratorios e os seus familiares da obriga de cumprir as leis e regramentacións de tódolos Estados de tránsito e do Estado de emprego nin da obriga de respectar a identidade cultural dos habitantes deses Estados.


Artigo 35

Ningunha das disposicións da presente Parte da Convención interpretarse no sentido de que implica a regularización da situación de traballadores migratorios ou de familiares seus non documentados ou en situación irregular ou o dereito ou o dereito de que a súa situación sexa así regularizada, nin menoscabará as medidas encamiñadas a asegurar as condicións satisfactorias e equitativas para a migración internacional previstas na parte VI da presente Convención.



PARTE IV - Outros dereitos dos traballadores migratorios e os seus familiares que estean documentados ou se atopen en situación regular



Artigo 36

Os traballadores migratorios e os seus familiares que estean documentados ou se atopen en situación regular no Estado de emprego gozarán dos dereitos enunciados na presente Parte da Convención, ademais dos enunciados na presente Parte da Convención, ademais dos enunciados na Parte III.


Artigo 37

Antes da súa partida, ou a máis tardar no momento da súa admisión no Estado de emprego, os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a ser plenamente informados polo Estado de orixe ou polo Estado de emprego, segundo corresponda, de tódalas condicións aplicables a súa admisión e, particularmente, as relativas á súa estancia e as actividades remuneradas que poderán realizar, así como dos requisitos que deberán cumprir no Estado de emprego e as autoridades a que deberán dirixirse para que se modifiquen esas condicións.


Artigo 38

1. Os Estados de emprego farán todo o posible por autorizar os traballadores migratorios e os seus familiares a ausentarse temporalmente sen que esto afecte á autorización que teñan que permanecer ou traballar, segundo sexa o caso.

2. O facelo, os Estados de emprego deberán ter presentes as necesidades e obrigas especiais dos traballadores migratorios e os seus familiares, particularmente nos seus Estados de orixe.

3. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a ser informados plenamente das condicións en que estean autorizadas esas ausencias temporais.


Artigo 39

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á liberdade de movemento no territorio do Estado de emprego e a escoller libremente en el a súa residencia.

2. Os dereitos mencionados no parágrafo 1 do presente artigo non estarán suxeitos a ningunha restricción, salvo as que estean establecidas por lei, sexan necesarias para protexer a seguridade nacional, a orde pública, a saúde ou a moral pública ou os dereitos e as liberdades dos demais e que sexan congruentes cos dereitos recoñecidos na presente Convención.


Artigo 40

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a establecer asociacións e sindicatos no Estado de emprego para o fomento e a protección de intereses económicos, sociais, culturais e de outra índole.

2. Non poderán impoñerse restriccións o exercicio de este dereito, salvo que as prescriba a lei e resulten necesarias nunha sociedade democrática en interese da democrática en interese da seguridade nacional ou da orde pública ou para protexer os dereitos e liberdades dos demais.


Artigo 41

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a participar nos asuntos públicos do seu Estado de orixe e a votar e ser elixidos en eleccións celebradas nese Estado, de conformidade coa súa lexislación.

2. Os Estados de que se trate facilitarán, segundo corresponda e de conformidade coa súa lexislación, o exercicio deses dereitos.


Artigo 42

1. Os Estados Partes considerarán a posibilidade de establecer procedementos ou institucións que permitan ter en conta, tanto nos Estados de orixe como nos Estados de emprego, as necesidades, aspiracións ou obrigas especiais dos traballadores migratorios e os seus familiares e considerarán tamén, segundo proceda, a posibilidade de que os traballadores migratorios e os seus familiares teñan en esas institucións os seus propios representantes libremente elixidos.

2. Os Estados de emprego facilitarán, de conformidade coa súa lexislación, a consulta ou a participación dos traballadores migratorios e os seus familiares nas decisións relativa á vida e a administración das comunidades locais.

3. Os traballadores migratorios poderán disfrutar de dereitos políticos no Estado de emprego se ese Estado, no exercicio da súa soberanía, concédelles tales dereitos.


Artigo 43

1.Os traballadores migratorios gozarán de igualdade de trato respecto dos nacionais do Estado de emprego en relación con:

a) Acceso a institucións e servicios de ensinanza, con suxeición os requisitos de admisión e outras regramentacións das institucións e servicios de que se trate;

b) Acceso a servicios de orientación profesional e colocación;

c) Acceso a servicios e institucións de formación profesional e readestramento;

d) Acceso á vivenda, con inclusión dos plans sociais de vivenda, e a protección contra a explotación en materia de alugamentos;

e) Acceso a cooperativas e empresas en réxime de autoxestión, sen que implique un cambio da súa a condición de traballadores migratorios e con suxeición as normas e os regramentos por que se rexan os órganos interesados;

f) Acceso a vida cultural e a participación en ela.

2. Os Estados Partes promoverán condicións que garantan unha efectiva igualdade de trato, a fin de que os traballadores migratorios poidan gozar dos dereitos enunciados no parágrafo 1 do presente artigo, sempre que as condicións establecidas para a súa estancia, con amaño a autorización do Estado de emprego, satisfagan os requisitos correspondentes.

3. Os Estados de emprego non impedirán que un empregador de traballadores migratorios instale vivendas ou servicios sociais ou culturais para elo. Con suxeición ó disposto no artigo 70 da presente Convención, o Estado de emprego poderá subordinar a instalación de eses servicios os requisitos xeralmente esixidos en ese Estado en relación coa súa instalación.


Artigo 44

1. Os Estados Partes, recoñecendo que a familia é o grupo básico natural e fundamental da sociedade e ten dereito a protección por parte da sociedade e do Estado, adoptarán as medidas apropiadas para asegurar a protección da unidade da familia do traballador migratorio.

2. Nos Estados Partes tomarán as medidas que estimen apropiadas e entren na esfera da súa competencia para facilitar a reunión dos traballadores migratorios cos seus cónxuxes ou con aquelas persoas que manteñan co traballador migratorio unha relación que, de conformidade co dereito aplicable, produza efectos equivalentes o matrimonio, igual que cos seus fillos solteiros menores de idade que estean ó seu cargo.

3. Os Estados de emprego, por razóns humanitarias, considerarán favorablemente conceder un trato igual o previsto no parágrafo 2 do presente artigo a outros familiares dos traballadores migratorios.


Artigo 45

1. Os familiares dos traballadores migratorios gozarán, no Estado de emprego, de igualdade de trato respecto dos nacionais de ese Estado en relación con:

a) Acceso a institucións e servicios de ensinanza, con suxeición os requisitos de ingreso e a outras normas das institucións e dos servicios dos que se trate;

b) Acceso a institucións e servicios de orientación e capacidade vocacional, a condición de que se cumpran os requisitos para a participación nos plans correspondentes;

c) Acceso a servicios sociais e de saúde, a condición de que se cumpran os requisitos para a participación nos plans correspondentes;

d) Acceso a vida cultural e a participación en ela.

2. Os Estados de emprego, en colaboración cos Estados de orixe, cando proceda, aplicarán unha política encamiñada a facilitar a integración dos fillos dos traballadores migratorios no sistema escolar local, particularmente no tocante a ensinanza do idioma local.

3. Os Estados de emprego procurarán facilitar os fillos dos traballadores migratorios a ensinanza na súa lingua e cultura maternas e, cando proceda, os Estados de orixe colaborarán a eses efectos.

4. Os Estados de emprego poderán establecer plans especiais de ensinanza na lingua materna dos fillos dos traballadores migratorios, en colaboración cos Estados de orixe se esto fose necesario.


Artigo 46

Os traballadores migratorios e os seus familiares estarán exentos, con suxeición á lexislación aplicable dos Estados de que se trate e os acordos internacionais pertinentes e as obrigas de ditos Estados dimanantes da súa participación en unións aduaneiras, do pago de dereitos e impostos en concepto de importación e exportación polos seus efectos persoais e aparellos domésticos , así como polo equipo necesario para o desempeño da actividade remunerada para a que foran admitidos no Estado de emprego:

a) No momento de saír do Estado de orixe ou do Estado de residencia habitual;

b) No momento da súa admisión inicial no Estado de emprego;

c) No momento da súa saída definitiva do Estado de emprego;

d) No momento do seu regreso definitivo ó Estado de orixe ou o Estado de residencia habitual.


Artigo 47

1. Os traballadores migratorios terán dereito a transferir os seus intereses e aforros, en particular, os fondos necesarios para o sustento dos seus familiares, do Estado de emprego o seu Estado de orixe ou a calquera outro Estado. Esas transferencias faranse con arreglo os procedementos establecidos na lexislación aplicable do Estado interesado ou de conformidade cos acordos internacionais aplicables.

2. Os Estados interesados adoptarán as medidas apropiadas para facilitar ditas transferencias.


Artigo 48

1. Sen perxuicio dos acordos aplicables sobre dobre tributación, os traballadores migratorios e os seus familiares, no que respecta os ingresos no Estado de emprego:

a) Non deberán pagar impostos, dereitos nin gravames de ningún tipo que sexan máis elevados ou gravosos que os que deban pagar os nacionais en circunstancias análogas;

b) Terán dereito a deduccións ou exencións de impostos de todo tipo e as desgravacións tributarias aplicables os nacionais en circunstancias análogas, incluídas as desgravacións tributarias por familiares o seu cargo.

2. Os Estados Partes procurarán adoptar as medidas apropiadas para evitar que os ingresos e os aforros dos traballadores migratorios e os seus familiares sexan obxecto de dobre tributación.


Artigo 49

1. Nos casos en que a lexislación nacional esixa autorizacións separadas de residencia e de emprego, os Estados de emprego outorgarán os traballadores migratorios unha autorización de residencia polo menos polo mesmo período de duración do seu permiso para desempeñar unha actividade remunerada.

2. Nos Estados de emprego nos que os traballadores migratorios teñan liberdade de elixir unha actividade remunerada, non se considerará que os traballadores migratorios atópanse en situación irregular, nin se lles retirará a súa autorización de residencia, polo solo feito do cese da súa actividade remunerada con anterioridade o vencemento do seu permiso de traballo ou autorización análoga.

3. A fin de permitir que os traballadores migratorios mencionados no parágrafo 2 do presente artigo teñan tempo suficiente para atopar outra actividade remunerada, non se lles retirará a súa autorización de residencia, polo menos por un período correspondente a aquel no que tiveran dereito a prestacións por desemprego.


Artigo 50

1. En caso de falecemento dun traballador migratorio ou de disolución do matrimonio, o Estado de emprego considerará favorablemente conceder a autorización para permanecer en el os familiares dese traballador migratorios que residan nese Estado en consideración da unidade da familia; o Estado de emprego terá en conta o período de tempo que eses familiares residiran nel.

2. Darase os familiares a quenes se conceda esa autorización tempo razoable para arreglar os seus asuntos no Estado de emprego antes de saír del.

3. Non poderá interpretarse que as disposicións dos parágrafos 1 e 2 de este artigo afectan adversamente o dereito a permanecer e traballar concedido a eses familiares pola lexislación do Estado de emprego ou por tratados bilaterais e multilaterais aplicables a ese Estado.


Artigo 51

Non se considerará que se atopen en situación irregular os traballadores migratorios que no seu Estado de emprego non están autorizados a elixir libremente a súa actividade remunerada, nin tampouco se lles retirará a súa autorización de residencia polo solo feito de que cesase a súa actividade remunerada con anterioridade o vencemento do seu permiso de traballo, excepto nos casos nos que a autorización de residencia dependa expresamente da actividade remunerada, con suxeición ás condicións e limitacións que se establezan en dito permiso.


Artigo 52

1. Os traballadores migratorios terán no Estado de emprego liberdade de elixir a súa actividade remunerada, con suxeición as restriccións ou condicións seguintes.

2. Respecto de calquera traballador migratorio, o Estado de emprego poderá:

a) Restrinxir o acceso a categorías limitadas de emprego, funcións, servicios ou actividades, cando esto era necesario en beneficio do Estado e estea previsto pola lexislación nacional;

b) Restrinxir a libre elección de unha actividade remunerada de conformidade coa súa lexislación relativa as condicións de recoñecemento de cualificacións profesionais adquiridas fora do territorio do Estado de Emprego. Sen embargo, os Estados Partes interesados tratarán de recoñecer estas cualificacións.

3. No caso de traballadores migratorios que teñan permiso de traballo de tempo limitado, o Estado de emprego tamén poderá:

a) Subordinar o dereito de libre elección de unha actividade remunerada a condición de que o traballador migratorio residira legalmente no territorio do Estado de emprego para os fins de exercer unha actividade remunerada por un período de tempo determinado na lexislación nacional de dito Estado que non sexa superior a dous anos;

b) Limitar o acceso do traballador migratorio a unha actividade remunerada en aplicación de unha política de outorgar prioridade os seus nacionais ou as persoas que estean asimiladas os seus nacionais para eses fins en virtude da lexislación vixente ou de acordos bilaterais ou multilaterais. As limitacións deste tipo non se aplicarán a un traballador migratorio que residira legalmente para os fins de exercer unha actividade remunerada por un período determinado na lexislación nacional de dito Estado que non sexa superior a cinco anos.

4. O Estado de emprego fixará as condicións en virtude das cales un traballador migratorio que fora admitido para exercer un emprego poderá ser autorizado a realizar traballos por conta propia. Terase en conta o período durante o cal o traballador residira legalmente no Estado de emprego.


Artigo 53

1. Os familiares dun traballador migratorio que teña autorización de residencia ou admisión non teña limite de tempo ou se renove automaticamente poderán elixir libremente unha actividade remunerada nas mesmas condicións aplicables a dito traballador migratorio de conformidade co artigo 52 da presente Convención.

2. En canto os familiares dun traballador migratorio a quenes non se lle permita elixir libremente a súa actividade remunerada, os Estados Partes considerarán favorablemente darlles prioridade, a efectos de obter o permiso para exercer unha actividade remunerada, respecto de outros traballadores que traten de lograr admisión no Estado de emprego, con suxeición os acordos bilaterais e multilaterais aplicables.


Artigo 54

1. Sen perxuicio das condicións da súa autorización residencia ou do seu permiso de traballo nin dos dereitos previstos nos artigos 25 e 27 da presente Convención, os traballadores migratorios gozarán de igualdade de trato respecto dos nacionais do Estado de emprego en relación con:

a) A protección contra os despedimentos;

b) As prestacións de desemprego;

c) Acceso os programas de obras públicas destinados a combater o desemprego;

d) Acceso a outro emprego en caso de quedar sen traballo ou darse termo a outra actividade remunerada, con suxeición o disposto no artigo 52 da presente Convención.

2. Se un traballador migratorio alega que o seu empregados violou as condicións do seu contrato de traballo , terá dereito a recorrer ante as autoridades competentes do Estado de emprego, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 18 da presente Convención.


Artigo 55

Os traballadores migratorios que obtiveran permiso para exercer unha actividade remunerada, con suxeición as condicións adscritas a dito permiso, terán dereito a igualdade de trato respecto dos nacionais do Estado de emprego no exercicio de esa actividade remunerada.


Artigo 56

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares os que se refire a presente parte da Convención non poderán ser expulsados dun Estado de emprego salvo por razóns definidas na lexislación nacional de ese Estado e con suxeición as salvagardas establecidas na Parte III.

2. Non se poderá recorrer á expulsión como medio de privar a un traballador migratorio ou a un familiar seu dos dereitos emanados da autorización de residencia e o permiso de traballo.

3. O considerar se se vai a expulsar a un traballador migratorio ou a un familiar seu, deben terse en conta consideracións de carácter humanitario e tamén o tempo que a persoa de que se trate leve residindo no Estado de emprego.



PARTE V - Disposicións aplicables a categorías particulares de traballadores migratorios e os seus familiares



Artigo 57

Os traballadores migratorios e os seus familiares incluídos nas categorías particulares enumeradas na presente Parte da Convención que estean documentados ou en situación regular gozarán dos dereitos establecidos na Parte III e, con suxeición as modificacións que se especifican a continuación, dos dereitos establecidos na Parte IV.


Artigo 58

1. Os traballadores fronteirizos, definidos no inciso a) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na Parte IV que poidan corresponderlles en virtude da súa presencia e o seu traballo no territorio do Estado de emprego, tendo en conta que non estableceron a súa residencia habitual en dito Estado.

2. Os Estados de emprego considerarán favorablemente a posibilidade de outorgar os traballos fronteirizos do dereito a escoller libremente unha actividade remunerada logo dun período determinado. O outorgamento de ese dereito non afectará á súa condición de traballadores fronteirizos.


Artigo 59

1. Os traballadores de temporada, definidos no inciso b) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na parte IV que poidan corresponderlles en virtude da súa presencia e o seu traballo no territorio do Estado de emprego e que sexan compatibles coa súa condición de traballadores de temporada en ese Estado, tendo en conta o feito de que se atopen en ese Estado só unha parte do ano.

2. Estado de emprego, con suxeición o parágrafo 1 dese artigo, examinará a conveniencia de conceder os traballadores de temporada que estiveran empregados no seu territorio durante un período de tempo considerable a posibilidade de realizar outras actividades remuneradas, outorgándolles prioridade respecto de outros traballadores que traten de lograr a admisión en ese Estado, con suxeición os acordos bilaterais e multilaterais aplicables.


Artigo 60

Os traballadores itinerantes, definidos no inciso e) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán de todos os dereitos recoñecidos na Parte IV que poidan corresponderlles en virtude da súa presencia e o seu traballo no territorio do Estado de emprego e que sexan compatibles coa súa condición de traballadores itinerantes.


Artigo 61

1. Os traballadores vinculados a un proxecto, definidos no inciso f) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, e os familiares gozarán dos dereitos recoñecidos na Parte IV, salvo os establecidos nos incisos b) e c) do parágrafo 1 do artigo 43, no inciso d) do parágrafo 1 do artigo 45 e nos artigos 52 a 55.

2. Se un traballador vinculado a un proxecto alega que o seu empregador violou as condicións do seu contrato de traballo, terá dereito a recorrer ante as autoridades competentes do Estado que teñan xurisdicción sobre o empregador, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 18 da presente Convención.

3. Con suxeición os acordos bilaterais ou multilaterais que se lles apliquen, os Estados Partes procurarán conseguir que os traballadores vinculados a un proxecto estean debidamente protexidos polos sistemas de seguridade social dos seus Estados de orixe ou de residencia habitual durante o tempo que estean vinculados o proxecto. Os Estados Partes interesados tomarán medidas apropiadas a fin de evitar toda denegación de dereitos ou duplicación de pagos a este respecto.

4. Sen perxuicio do disposto no artigo 47 da presente Convención e nos acordos bilaterais ou multilaterais pertinentes, os Estados Partes interesados permitirán que os ingresos dos traballadores vinculados a un proxecto se abonen no seu Estado de orixe ou de residencia habitual.


Artigo 62

1. Os traballadores con emprego concreto, definidos no inciso g) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na parte IV, con excepción do disposto nos incisos b) e c) do parágrafo 1 do artigo 43, no inciso d) do parágrafo 1 do artigo 43 no referente os plans sociais de vivenda, no artigo 52 e no inciso d) do parágrafo 1 do artigo 54.

2. Os familiares dos traballadores con emprego concreto gozarán dos dereitos que se lles recoñecen os familiares dos traballadores migratorios na Parte IV, da presente Convención, con excepción do disposto no artigo 53.


Artigo 63

1. Os traballadores por conta propia, definidos no inciso h) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na parte IV, salvo os que sexan aplicables exclusivamente os traballadores que teñen contrato de traballo.

2. Sen perxuicio do disposto nos artigos 52 e 79 da presente Convención, a terminación da actividade económica dos traballadores por conta propia non implicará de seu o retiro da autorización para que eles ou os seus familiares permanezan no Estado de emprego ou se dediquen en el a unha actividade remunerada concreta para a cal foron admitidos.



PARTE VI - Promoción de condicións satisfactorias, equitativas, dignas e lícitas en relación coa migración internacional dos traballadores e os seus familiares



Artigo 64

1. Sen perxuicio das disposicións do artigo 79 da presente Convención, os Estados Partes interesados consultaranse e colaboraranse entre sí, segundo sexa apropiado, con miras a promover condicións satisfactorias, equitativas e dignas en relación coa migración internacional de traballadores e os seus familiares.

2. A ese respecto, teranse debidamente en conta non só as necesidades e recursos de man de obra, senón tamén as necesidades sociais, económicas e culturais e de outro tipo dos traballadores migratorios e os seus familiares, así como as consecuencias de tal migración para as comunidades de que se trate.


Artigo 65

1. Os Estados Partes manterán servicios apropiados para atender as cuestións relacionados coa a migración internacional de traballadores e os seus familiares. As súas funcións serán entre outras:

a) A formulación e a execución de políticas relativas a esa clase de migración;

b) Intercambio de información, as consultas e a cooperación coas autoridades competentes de outros Estados Partes interesados en esa clase de migración;

c) Suministro de información apropiada, en particular empregadores, traballadores e as súas organizacións, acerca das políticas, leis e regramentos relativos a migración e o emprego, os acordos sobre migración concertados con outros Estados e outros temas pertinentes;

d) Suministro de información e asistencia apropiada os traballadores migratorios e os seus familiares no relativo as autorizacións e formalidades e arreglos requiridos para a partida, o viaxe, a chegada, a estancia, as actividades remuneradas, a saída e o regreso, así como en o relativo as condicións de traballo e de vida no Estado de emprego, as normas aduaneiras, monetarias e tributarias e outras leis e regramentos pertinentes.

2. Os Estados Partes facilitarán, segundo corresponda, a provisión de servicios consulares adecuados e outros servicios que sexan necesarios para atender as necesidades sociais, culturais e de outra índole dos traballadores migratorios e dos seus familiares.


Artigo 66

1. Con suxeición ó disposto no parágrafo 2 deste artigo, o dereito a realizar operacións para a contratación de traballadores en outro Estado só corresponderá a:

a) Os servicios ou organismos públicos do Estado no que teñan lugar esas operacións;

b) Os servicios ou organismos públicos do Estado de emprego sobre a base dun acordo entre os Estados interesados;

c) Un organismo establecido en virtude dun acordo bilateral ou multilateral.

2. Con suxeición á autorización, a aprobación e a supervisión das autoridades públicas dos Estados Partes interesados que se establezan con arreglo as lexislacións e prácticas de eses Estados, poderá permitirse tamén que organismos, futuros empregadores ou persoas que actúen no seu nome realicen as operacións mencionadas.


Artigo 67

1. Os Estados Partes interesados cooperarán da maneira que resulte apropiada na adopción de medidas relativas o regreso ordenado dos traballadores migratorios e os seus familiares o Estado de orixe cando decidan regresar, cando expire o seu permiso de residencia ou emprego, ou cando se atopen en situación irregular no Estado de emprego.

2. Polo que respecta os traballadores migratorios e os seus familiares que se atopen en situación regular, os Estados Partes interesados cooperarán da maneira que resulte apropiada, nas condicións convidas por eses Estados, con miras a fomentar condicións económicas adecuadas para o seu reasentamento e para facilitar a súa reintegración social e cultural duradeira no Estado de orixe.


Artigo 68

1. Os Estados Partes, incluídos os Estados de tránsito, colaborarán con miras a impedir e eliminar os movementos e o emprego ilegal ou clandestinos dos traballadores migratorios en situación irregular. Entre as medidas que se adopten con ese obxecto dentro da xurisdicción de cada Estado interesado, contaranse:

a) Medidas adecuadas contra a difusión de información enganosa no concernente á emigración e a inmigración;

b) Medidas para detectar e eliminar os movementos ilegais ou clandestinos de traballadores migratorios e os seus familiares e para impoñer sancións efectivas as persoas, grupos ou entidades que organicen ou dirixan eses movementos ou presten asistencia a tal efecto;

c) Medidas para impoñer sancións efectivas ás persoas, grupos ou entidades que fagan uso da violencia ou de ameazas ou intimidación contra os traballadores migratorios ou os seus familiares en situación irregular.

2. Os Estados de emprego adoptarán tódalas medidas necesarias e efectivas para eliminar a contratación no seu territorio de traballadores migratorios en situación irregular, incluso, se procede, mediante a imposición os empregadores de eses traballadores. Esas medidas non menoscabarán os dereitos dos traballadores migratorios fronte os seus empregadores en relación co seu emprego.


Artigo 69

1. Os Estados Partes que teñan no seu territorio traballadores migratorios e os seus familiares en situación irregular tomarán medidas apropiadas para asegurar que esa situación non persiste.

2. Cando os Estados Partes interesados consideren a posibilidade de regularizar a situación de ditas persoas de conformidade coa lexislación nacional e os acordos bilaterais ou multilaterais aplicables, teranse debidamente en conta as circunstancias da súa entrada, a duración da súa estancia nos Estados de emprego e outras consideracións pertinentes, en particular as relacionadas coa súa situación familiar.


Artigo 70

Os Estados Partes deberán tomar medidas non menos favorable que as aplicadas os seus nacionais para garantir que as condicións de traballo e de vida dos traballadores migratorios e os seus familiares en situación regular estean en consonancia coas normas de idoneidade, seguridade e saúde, así como os principios da dignidade humana.


Artigo 71

1. Os Estados Partes facilitarán, sempre que sexa necesario, a repatriación o Estado de orixe dos restos mortais dos traballadores migratorios ou dos seus familiares.

2. No tocante as cuestións relativas á indemnización pola causa de falecemento dun traballador migratorio ou de un dos seus familiares, os Estados Partes, segundo proceda, prestarán asistencia as persoas interesadas con miras a lograr o pronto arreglo de ditas cuestións. O arreglo de ditas cuestións realizarase sobre a base do dereito nacional aplicable de conformidade coas disposicións da presente Convención e dos acordos bilaterais ou multilaterais pertinentes.



PARTE VII - Aplicación da Convención



Artigo 72

1. a) Co fin de observar a aplicación da presente Convención establecerase un Comité de protección dos dereitos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares (denominado en adiante “o Comité”);

b) O Comité estará composto, no momento en que entre en vigor a presente Convención, de dez expertos e despois da entrada en vigor da Convención para o cuadraxésimo primeiro Estado Parte, de catorce expertos de gran integridade moral, imparciais e de recoñecida competencia no sector abarcado pola Convención.

2. a) Os membros do Comité serán elixidos por votación secreta polos Estados Partes dunha lista de persoas designadas polos Estados Partes. Prestarase a debida consideración á distribución xeográfica equitativa, incluíndo tanto Estados de orixe como Estados de emprego, e a representación dos principais sistemas xurídicos.

Cada Estado Parte poderá propoñer a candidatura dunha persoa elixida entre os seus propios nacionais;

b) Os membros serán elixidos e exercerán as súas funcións a título persoal.

3. A elección inicial celebrarase a máis tardar seis meses despois da data de entrada en vigor da presente Convención, e as eleccións subseguintes celebraranse cada dous anos. Polo menos catro meses antes da data de cada elección, o Secretario Xeral das Nacións Unidas dirixirá unha carta a todos os Estados Partes para invitalos a que presenten as súas candidaturas nun prazo de dous meses. O Secretario Xeral preparará unha lista por orde alfabético de tódolos candidatos, na que indicará os Estados Partes que os designen, e transmitiraa os Estados Partes a máis tardar un mes antes da data da correspondente elección, xunto coas notas biográficas dos candidatos.

4. Os membros do Comité serán escollidos nunha reunión dos Estados Partes que será convocada polo Secretario Xeral e celebrarase na sede das Nacións Unidas. Na reunión, para a cal constituirán quórum dous tercios dos Estados Partes, consideraranse elixidos para o Comité os candidatos que obteñan o maior número de votos e da maioría absoluta dos votos dos Estados Partes presentes e votantes.

5. a) Os membros do comité serán escollidos por catro anos. Non obstante, o mandato de cinco dos membros elixidos en primeira elección expirará o cabo de dous anos ; inmediatamente despois da primeira elección, o presidente da reunión dos Estados Partes designará por sorteo os nomes de eses cinco membros;

b) A elección dos catro membros adicionais do Comité realizarase, de conformidade coas disposicións dos parágrafos 2,3 e 4 do presente artigo, inmediatamente despois da entrada en vigor da Convención para o cuadraxésimo primeiro Estado Parte. O mandato de dous dos membros adicionais elixidos en esa ocasión expirará o cabo de dous anos; o Presidente da reunión dos Estados Partes designará por sorteo o nome deses membros;

c) Os membros do Comité poderán ser reelixidos se a súa candidatura volve a presentarse.

6. Se un membro do Comité falece ou renuncia ou declara que por algún outro motivo non pode continuar desempeñando as súas funcións no Comité, o Estado Parte que presentou a candidatura de ese experto nomeará a outro experto de entre os seus propios nacionais para que cumpra a parte restante do mandato. O novo nomeamento quedará suxeito a aprobación do Comité.

7. O Secretario Xeral das Nacións Unidas proporcionará o persoal e os servicios necesarios para o desempeño eficaz das funcións do Comité.

8. Os membros do Comité percibirán emolumentos con cargo os recursos das Nacións Unidas nos termos e condicións que decida a Asemblea Xeral.

9. Os membros do Comité terán dereito as facilidades, prerrogativas e inmunidades dos expertos en misión das Nacións Unidas que se estipulan nas seccións pertinentes da Convención sobre Prerrogativas e Inmunidades das Nacións Unidas.


Artigo 73

1. Os Estados Partes presentarán ó Secretario Xeral das Nacións Unidas, para o seu exame polo Comité, un informe sobre as medidas lexislativas, xudiciais, administrativas e de outra índole que adoptaran para dar efecto as disposicións da presente Convención:

a) No prazo dun ano a partir da entrada en vigor da Convención para o Estado Parte de que se trate;

b) No sucesivo, cada cinco anos e cada vez que o Comité o solicite.

2. Nos informes presentados con arreglo o presente artigo indicaranse tamén os factores e as dificultades, segundo o caso, que afecten á aplicación da Convención e proporcionarase información acerca das características das correntes de migración que se produzan no Estado Parte de que se trate.

3. O Comité establecerá as demais directrices que corresponda aplicar a ese respecto do contido dos informes.

4. Os Estados Partes darán unha ampla difusión pública os seus informes nos seus propios países.


Artigo 74

1. O Comité examinará os informes que presente cada Estado e transmitirá as observacións que considere apropiadas o Estado Parte interesado. Ese Estado Parte poderá presentar o Comité os seus comentarios sobre calquera observación feita polo Comité con arreglo o presente artigo. O examinar eses informes, o Comité poderá solicitar os Estados Partes que presenten información complementaria.

2. O Secretario Xeral das Nacións Unidas , coa debida antelación á apertura de cada período ordinario de sesións do Comité, transmitirá ó Director Xeral da Oficina Internacional do Traballo copias dos informes, a fin de que a Oficina poida proporcionar o Comité os coñecementos especializados de que dispoña respecto das cuestións tratadas na presente Convención que caian entro do ámbito de competencia da Organización Internacional do Traballo. O Comité examinará nas súas deliberacións os comentarios e materiais que a Oficina poida proporcionarlle.

3. O Secretario Xeral das Nacións Unidas poderá tamén, tras celebrar consultas co Comité, transmitir a outros organismos especializados, así como as organizacións intergubernamentais, copias das partes de eses informes que sexan da súa competencia.

4. O Comité poderá invitar os organismos especializados e a órganos das Nacións Unidas, así como de organizacións intergubernamentais e demais órganos interesados, a que presenten, para o seu exame polo Comité, información escrita respecto das cuestións tratadas na presente Convención que caian dentro do ámbito das súas actividades.

5. O Comité invitará á Oficina Internacional do Traballo a nomear representantes para que participen, con carácter consultiva nas súas sesións.

6. O Comité poderá invitar a representantes de outros organismos especializados e órganos das Nacións Unidas, así como de organizacións intergubernamentais, a estar presentes e ser escoitados nas sesións cando se examinen cuestións que caian dentro do ámbito da súa competencia.

7. O Comité presentará un informe anual á Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre a aplicación da presente Convención, na que se exporá as súas propias opinións e recomendacións, baseadas, en particular, no exame dos informes dos Estados Partes e nas observacións que estes presenten.

8. O Secretario Xeral das Nacións Unidas transmitirá os informes anuais do Comité os Estados Parte na presente Convención, ó Consello Económico e Social, á Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, o Director Xeral da Oficina Internacional de Traballo e a outras organización pertinentes.


Artigo 75

1. O Comité aprobará o seu propio regramento.

2. O Comité elixirá a súa Mesa por un período de dous anos.

3. O Comité reunirase ordinariamente tódolos anos.

4. As reunións do Comité celebraranse ordinariamente na Sede das Nacións Unidas.


Artigo 76

1. Todo Estado Parte na presente Convención poderá declarar en calquera momento, con arreglo a este artigo, que recoñece a competencia do Comité para recibir e examinar as comunicacións nas que nun Estado Parte alegue que outro Estado Parte non cumpre as súas obrigas dimanadas da presente Convención. As comunicacións presentadas conforme a este artigo só se poderán recibir e examinar se as presenta un Estado Parte que fixera unha declaración pola cal recoñece con respecto a sí mesmo a competencia do Comité. O Comité non recibirá ningunha comunicación que se refira a un Estado Parte que non fixera esa declaración. As comunicacións que se reciban conforme a este artigo quedarán suxeitas o seguinte procedemento:

    a) Se un Estado Parte na presente Convención considera que outro Estado Parte non está cumprindo as súas obrigas dimanadas da presente Convención, poderá, mediante comunicación por escrito, sinalar o asunto a atención do Estado Parte. O Estado Parte poderá tamén informar o Comité do asunto. Nun prazo de tres meses contado dende a recepción da comunicación, o Estado receptor ofrecerá o estado que enviou a comunicación unha explicación ou outra exposición por escrito na que aclare o asunto e que, na medida do posible e pertinente, faga referencia os procedementos e recursos internos feitos vales, pendentes ou existentes sobre a materia;

    b) Se o asunto non se resolve a satisfacción de ambos Estados Partes interesados dentro de seis meses de recibida a comunicación inicial polo Estado receptor, calquera deles poderá recibir o asunto o Comité, mediante notificación cursada o Comité, mediante notificación cursada o Comité e a outro Estado;

    c) O Comité examinará o asunto que se lle referira só despois de cerciorarse de que se fixeron valer e esgotáronse tódolos recursos internos sobre a materia, de conformidade cos principios de dereito internacional xeralmente recoñecidos. Non se aplicará esta norma cando, a xuízo do Comité, a tramitación deses recursos se prolongue inxustificadamente;

    d) Con suxeición o disposto no inciso c) do presente parágrafo, o Comité porá os seus bos oficios a disposición dos Estados Partes interesados con miras a chegar a unha solución amigable da cuestión sobre a base do respecto as obrigas establecidas na presente Convención;

    e) O Comité celebrará sesións privadas cando examine comunicacións con arreglo o presente artigo;

    f) En todo asunto que se lle refire de conformidade co inciso b) do presente parágrafo, o Comité poderá pedir os Estados Partes interesados, que se mencionan no inciso b), que faciliten calquera outra información pertinente;

    g) Ambos Estados Partes interesados, conforme ó mencionado no inciso b) do presente parágrafo, terán dereito a estar representados cando o asunto sexa examinado polo Comité e a facer declaracións oralmente ou por escrito;

    h) O Comité, nun prazo de doce meses a partir da data de recepción da notificación con arreglo o inciso b) do presente parágrafo, presentará un informe, como se indica a continuación:

En todos casos o informe transmitirase os Estados Partes interesados.

2. As disposicións do presente artigo entrarán en vigor cando dez Estados Partes na presente Convención fixeran unha declaración con arreglo ó parágrafo 1 do presente artigo. Os Estados Partes depositarán ditas declaracións en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas, quen remitirá copia de elas os demais Estados Partes. Toda declaración poderá retirarse en calquera momento mediante notificación dirixida o Secretario Xeral. Dito retiro non será obstáculo para que se examine calquera asunto que sexa obxecto dunha comunicación xa transmitida en virtude do presente artigo; despois de que o Secretario Xeral recibise a notificación de retiro da declaración, non se recibirán novas comunicacións de ningún Estado Parte con arreglo o presente artigo, a menos que o Estado Parte interesado fixera unha nova declaración.


Artigo 77

1. Todo Estado Parte na presente Convención poderá declarar en calquera momento, con arreglo ó presente artigo, que recoñece a competencia do Comité para recibir e examinar as comunicacións enviadas por persoas sometidas á súa xurisdicción, ou no seu nome, que aleguen que ese Estado Parte violou os dereitos individuais que lles recoñece a presente Convención. O Comité non admitirá comunicación algunha relativa a un Estado Parte que non fixera esa declaración.

2. O Comité considerará inadmisible toda comunicación recibida de conformidade co presente artigo que sexa anónima ou que, o seu xuízo constitúa un abuso de dereito a presentar ditas comunicacións ou sexa incompatible coas disposicións da presente Convención.

3. O Comité non examinará comunicación algunha presentada por unha persoa de conformidade co presente artigo amenos que se cerciorase de que:

a) A mesma cuestión non foi, nin está sendo, examinada por outro procedemento de investigación ou solución internacional;

b) A persoa esgotara tódolos recursos que existan na xurisdicción interna; non se aplicará esta norma cando, a xuízo do Comité, a tramitación dos recursos se prolongue inxustificadamente ou non ofreza posibilidades de dar un amparo eficaz a esa persoa.

4. Sen perxuicio do disposto no parágrafo 2 do presente artigo, o Comité sinalará as comunicacións recibidas de conformidade co presente artigo á atención do Estado Parte na presente Convención que fixera unha declaración conforme o parágrafo 1 e respecto do cal se alegue que violou unha disposición da Convención. Nun prazo de seis meses, o Estado receptor proporcionará o Comité unha explicación ou outra exposición por escrito na que aclare o asunto e expoña , no seu caso, a medida correctiva que adoptara.

5. O Comité examinará as comunicacións recibidas de conformidade co presente artigo á luz de toda a información presentada pola persoa ou no seu nome ou polo Estado Parte de que se trate.

6. O Comité celebrará sesións privadas cando examine as comunicacións presentadas conforme ó presente artigo.

7. O Comité comunicará as súas opinións o Estado Parte de que se trate e a persoa que presentara a comunicación.

8. As disposicións do presente artigo entrarán en vigor cando dez Estados Partes na presente Convención fixeran as declaracións a que se fai referencia no parágrafo 1 do presente artigo. Os Estados Partes depositarán ditas declaracións en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas. Dito retiro non será obstáculo para que se examine calquera asunto que sexa obxecto de unha comunicación xa transmitida en virtude do presente artigo; despois de que o Secretario Xeral recibise a notificación de retiro da declaración non se recibirán novas comunicacións presentadas por unha persoa, ou no seu nome, con arreglo o presente artigo, a menos que o Estado Parte de o Estado parte de que se trate fixera unha nova declaración.


Artigo 78

As disposicións do artigo 76 da Presente Convención aplicaranse sen perxuicio de calquera procedemento para solucionar as controversias ou denuncias relativas á esfera da presente Convención establecido nos instrumentos constitucionais das Nacións Unidas e os organismos especializados ou en Convencións aprobadas por eles, e non privarán os Estados Partes de recorrer a outros procedementos para resolver unha controversia de conformidade con convenios internacionais vixentes entre eles.



PARTE VIII - Disposición xerais



Artigo 79

Nada do disposto na presente Convención afectará o dereito de cada Estado Parte a establecer os criterios que rexan a admisión dos traballadores migratorios e dos seus familiares. En canto a outras cuestións relacionadas coa súa situación legal e o trato que se lles dispense como traballadores migratorios e familiares destes, os Estados Partes estarán suxeitos as limitacións establecidas na presente Convención.


Artigo 80

Nada do disposto na presente Convención deberá interpretarse de maneira que menoscabe as disposicións da Carta das Nacións Unidas ou das Constitucións dos organismos especializados en que se definen as responsabilidades respectivas dos diversos órganos das Nacións Unidas e dos órganos das Nacións Unidas e dos organismos especializados en relación cos asuntos de que se ocupa a presente Convención.


Artigo 81

1. Nada do disposto na presente Convención afectará a ningún dereito ou liberdade máis favorable que se conceda os traballadores migratorios e os seus familiares en virtude de:

a) Dereito ou a práctica dun Estado Parte; ou

b) Todo trato bilateral ou multilateral vixente para o Estado Parte interesado.

2. Nada do disposto na presente Convención poderá interpretarse no sentido de conceder dereito algún a un Estado, grupo ou individuo para emprender actividades ou realizar actos que poidan menoscabar calquera dos dereitos ou liberdades recoñecidas na presente Convención.


Artigo 82

Os dereitos dos traballadores migratorios e dos seus familiares previstos na presente Convención non poderán ser obxecto de denuncia. Non se permitirá exercer ningunha forma de presión sobre os traballadores migratorios nin sobre os seus familiares para facelos renunciar a calquera dos dereitos mencionados ou privarse de algún deles. Non se poderán revocar mediante contrato os dereitos recoñecidos na presente Convención. Os Estados Partes tomarán medidas apropiadas para asegurar que se respecten estes principios.


Artigo 83

Cada un dos Estados Partes na presente Convención comprometese a garantir que:

a) Toda persoa que teña os seus dereitos e liberdades recoñecidas nesta Convención foran violados poida obter unha reparación efectiva, aínda cando tal violación fora cometida por persoas que actuaban en exercicio das súas funcións oficiais;

b) A autoridade xudicial, administrativa ou lexislativa competente, ou calquera outra autoridade competente prevista no sistema xurídico do Estado, decida sobre a procedencia da demanda de toda persoa que interpoña tal recurso, e que se amplíen as posibilidades de obter reparación pola vía xudicial;

c) As autoridades competentes cumpran toda decisión no que o recurso se estimara procedente.


Artigo 84

Cada un dos Estados Partes comprométese a adoptar as medidas lexislativas e de outra índole que sexan necesarias para aplicar as disposicións da presente Convención.



PARTE IX - Disposicións finais



Artigo 85


O Secretario Xeral das Nacións Unidas será depositario da presente Convención.


Artigo 86

1. A presente Convención quedará aberta á firma de tódolos Estados. Estará suxeita á ratificación.

2. A presente Convención quedará aberta á firma de tódolos Estados.

3. Os instrumentos de ratificación ou de adhesión depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 87

1. A presente Convención entrará en vigor o primeiro día do mes seguinte a un prazo de tres meses contado a partir da data en que fora depositado o vixésimo instrumento de ratificación ou adhesión.

2. Respecto de todo Estado que ratifique a Convención ou se adhira a ela despois da súa entrada en vigor, a Convención entrará en vigor o primeiro día do mes seguinte a un prazo de tres meses contado a partir da data en que ese Estado depositara o seu instrumento de ratificación ou adhesión.


Artigo 88

Os Estados que ratifiquen a presente Convención ou se adhiran a ela non poderán excluír a aplicación de ningunha parte dela nin tampouco, sen perxuicio do disposto no artigo 3, poderán excluír da súa aplicación ningunha categoría determinada de traballadores migratorios.


Artigo 89

1. Todo Estado Parte poderá denunciar a presente Convención, unha vez transcorridos cinco anos dende a data en que a Convención entrara en vigor para ese Estado, mediante comunicación por escrito dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

2. A denuncia farase efectiva o primeiro día do mes seguinte á expiración dun prazo de doce meses contando a partir da data en que o Secretario Xeral das Nacións Unidas recibira a comunicación.

3. A denuncia non terá o efecto de liberar o Estado Parte das obrigas contraídas en virtude da presente Convención respecto de ningún acto ou omisión que acontecera antes da data en que se fixo efectiva a denuncia, nin impedirá en modo algún que continúe o exame de calquera asunto que se sometera a consideración do Comité antes da data en que se fixo efectiva a denuncia.

4. A partir da data en que se faga efectiva a denuncia dun Estado Parte, o Comité non poderá iniciar o exame de ningún novo asunto relacionado con ese Estado.


Artigo 90

1. Pasados cinco anos da data en que a presente Convención entrara en vigor, calquera dos Estados Partes na mesma poderá formular unha solicitude de emenda da Convención mediante comunicación escrita dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas. O Secretario Xeral comunicará acto seguido as emendas propostas os Estados Partes e solicitaralles que lle notifiquen si se pronuncian a favor da celebración de unha Conferencia de Estados Partes para examinar e someter a votación as propostas. No caso de que, dentro dun prazo de catro meses a partir da data de dita comunicación, polo menos un tercio dos Estados Partes se pronuncie a favor da celebración da Conferencia baixo os auspicios das Nacións Unidas. Toda emenda aprobada pola maioría dos Estados Partes presentes e votantes na Conferencia presentarase á Asemblea Xeral das Nacións Unidas para a súa aprobación.

2. Tales emendas entrarán en vigor cando foron aprobadas pola asemblea Xeral das Nacións Unidas e aceptadas por unha maioría de dous tercios dos Estados Partes na presente Convención, de conformidade cos seus respectivos procedementos constitucionais.

3. Cando tales emendas entren en vigor, serán obrigatorias para os Estados Partes que as aceptaran, en tanto que os demais Estados Partes seguirán obrigados polas disposicións da presente Convención e por toda emenda anterior que aceptaran.


Artigo 91

1. O Secretario Xeral das Nacións Unidas recibirá e comunicará a tódolos Estados Partes o texto das reservas formuladas polos Estados no momento da firma, a ratificación ou adhesión.

2. Non se aceptará ningunha reserva incompatible co obxecto e o propósito da presente Convención.

3. Toda reserva poderá ser retirada en calquera momento por medio de unha notificación a tal fin dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas, quen informará de esto a tódolos Estados. Esta notificación surtirá efecto na data da súa recepción.


Artigo 92

1. Toda controversia que xurda entre dous ou máis Estados con respecto a interpretación ou a aplicación da presente Convención e non se solucione mediante negociacións someterase a arbitraxe a petición de un deles. Se no prazo de seis meses contados a partir da data de presentación da solicitude de arbitraxe as Partes non conseguen pórse de acordo sobre a organización do arbitraxe , calquera das Partes poderá someter a controversia á Corte Internacional de Xustiza mediante unha solicitude presentada de conformidade co Estatuto da Corte.

2. Todo Estado Parte, no momento da firma ou ratificación da Convención ou da súa adhesión a ela, poderá declarar que non se considera obrigado polo parágrafo 1 do presente artigo. Os demais Estados Partes non estarán obrigados por ese parágrafo ante ningún Estado Parte que formulase esa declaración.

3. Todo Estado Parte que formulase a declaración prevista no parágrafo 2 do presente artigo poderá retirala en calquera momento mediante notificación dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 93

1. A presente Convención, que ten o seu texto en árabe, chino, español, francés, inglés e ruso son igualmente auténticos, depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

2. O Secretario Xeral das Nacións Unidas enviará copias certificadas da presente Convención a tódolos Estados.


EN TESTIMONIO DO CAL, os infrascritos plenipotenciarios, debidamente autorizados para esto polos seus respectivos gobernos, firmaron a presente Convención.
Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/08/2000