| Programas de Investigación |
| Cooperación Internacional ao Desenvolvemento |
|
1. Obxectivos A cooperación internacional para o desenvolvemento leva xa moitos anos conquistando un espazo propio nas axendas dos diferentes actores políticos e sociais que estruturan as nosas sociedades, independentemente da súas orientacións máis ou menos críticas con respecto ao tema. O certo é que, nun mundo en progresiva interconexión, cada vez é máis necesario introducir a cooperación ao desenvolvemento como un eido importante da acción social. Nos últimos anos, a nivel estatal viviuse un marcado incremento tanto dos fondos como dos instrumentos e actores (gobernamentais e non gobernamentais) dedicados á cooperación internacional; neste crecemento, contaron cun relevante papel certas Comunidades Autónomas e entes locais que sumaron á cooperación estatal un elevado grao de descentralización, achegando as súas especificidades e formas de facer. Neste senso, Galicia foise incorporando con certo retraso ao carro da cooperación e a remolque do resto do estado. Despois duns anos de progresivo crecemento do sector das ONGs e da paulatina incorporación de políticas públicas dirixidas á cooperación, cabe esperar un salto na consolidación destas temáticas na nosa sociedade; un salto que debe pasar pola adopción dun discurso e dunha orientación propia. Saber a onde se quere chegar para deseñar como ir avanzando. Por todo isto, consideramos importante abordar unha carencia que pon en entredito o crecemento do sector da cooperación: a falta de investigación sobre o tema. Sen reflexión previa, o traballo que se leva a cabo só serve para dar continuidade a dinámicas asumidas sen previo análise. A cooperación é un tema complexo, e como tal debe ser encarado, dende o estudo e a crítica construtiva. Con este obxectivo nace o Programa de Investigación sobre Cooperación Internacional ao Desenvolvemento. Aglutinando a diferentes disciplinas e sectores sociais que están levando a cabo accións de cooperación (universidades, ONGs, ámbito privado…), o que se busca é crear un grupo de debate e reflexión que incida na investigación e na difusión de temas de desenvolvemento e cooperación. O sentido último deste programa, sería contribuír a que se vaia establecendo un marco teórico que acompañe e oriente a práctica, a través da reflexión, o debate e a investigación.
Grupo estable de traballo formado por persoas de diferentes ámbitos relacionados coa cooperación: mundo académico, profesionais do terceiro sector, iniciativa privada, e persoas que representen temáticas transversais como a igualdade de xénero e a cuestión medioambiental. Marcaríanse 2/3 xornadas de traballo ao longo do ano, nas que se identificarían as liñas de actuación e a axenda para, por exemplo, realizar un informe anual con vistas á súa publicación e distribución entre todos aqueles actores dedicados á cooperación. O grupo de persoas implicado no Programa, a parte dos encontros presenciais, mantería a comunicación con certa regularidade a través de diversas vías. Tamén se buscaría a relación con centros de investigación do resto do Estado que inclúan a temática da cooperación (Hegoa, Cidob…) co obxectivo de compartir experiencias e coñecer outras realidades onde a cooperación ten unha maior implantación. Pódense organizar xornadas de encontro, visitas…
• Avaliación da cooperación que se levan a cabo en Galicia: impacto, debilidades e fortalezas. • Papel da cooperación descentralizada, especificidades e espazos propios de actuación. • Prioridades xeográficas. • Prioridades sectoriais. • Instrumentos. • Sociedade Civil: ONGs. • Relación co Sur: que actores, que grao de participación no deseño, implementación e avaliación.
Virginia Romero, vromerito@yahoo.es Quique Peña, epena@udc.es Luz Sela, luzvegadeo@hotmail.com María Caamaño, maria.caamano@aeci.es Pedro Krupenski, pedrok@plataformaongd.pt Xoán Hermida, amarante@amaranteong.org Emilio Martínez Rivas, emilio@galiciasolidaria.org Carlos Teijo, dteijo@usc.es Irene González Contreras, irenecontreras2003@yahoo.es Iria Alonso Casares, ialonso@igadi.org Mª del Mar Gómez Fernández, mmgomez@igadi.org Lara Barros Alfaro, lbalfaro@igadi.org Overseas Development Institute Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola da ONU Instituto de
Estudios sobre Conflictos e Axuda Humanitaria United Nations Development Programme (UNDP/PNUD) Publicacións
e documentos de Oxfam (Reino Unido) |
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 17/03/2006 |