| Programas de Investigación |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Programa “Seguridade, Conflitos e Alternativas no Sistema Internacional” | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1. Obxectivos e plan xeral de traballo O programa de investigación "Seguridade, Conflitos e Alternativas no sistema internacional" concibido dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) aspira a contribuír na análise e afondamento de determinados conflitos internacionais de relevancia e dos escenarios de cambio dentro do sistema internacional, que permitan perfilar novas pautas de actuación no mundo global. A estrutura deste programa constará dun Director e dun Equipo Central composto polos diferentes membros, entre quen se espera incluír a habituais colaboradores e tamén a outras persoas do ámbito profesional e académico, que estean interesados en integrarse, establecendo un marco de participación plural e internacional. O programa actual aspira igualmente a constituír un foro de debate e reflexión que permita consolidar un espazo público social e comunicativo. Así, se establecerán os seus eixes orientadores, as propostas de investigación a realizar e unha dinámica específica de actividades, tanto restrinxidas como de vocación pública. En cada Programa se desenvolverán catro planos de actuación: información e debate sobre os aspectos mais destacables da xestión do IGADI nese campo; a reflexión creativa sobre a liña de traballo; propostas de orientación estratéxica; e actividades de intercambio de experiencias e de implicación social.
2. Equipo de traballo Director _________ Pilar López-Dafonte Suanzes Roberto Mera Daniel González Palau Colaboradores Jared D. Larson Moncho Iglesias Míguez David Alvarado Jaume Giné Daví María Vila Rebolo
3. División temática e por escenarios a) Escenarios dos conflitos: b) Alternativas de cambio no sistema internacional: O obxectivo está dirixido a realizar un seguimento analítico e informativo de determinados escenarios de cambio ou ruptura coas pautas tradicionais existentes no sistema internacional, especificamente centrados nos países en desenvolvemento e as súas alternativas de cambio:
4. Metodoloxía - Establecer as liñas prioritarias de investigación e de difusión do programa. - Reanudación da "Guía Exterior" e dos “IGADI Paper” como ferramentas de traballo, con carácter analítico e didáctico, afondando nas claves que encerran diversas problemáticas da política internacional que posúan amplo interese e repercusión informativa. Difusión dixital, na prensa escrita e na comunidade académica, como ferramenta de análise e documentación universitaria. - Reunións do grupo de traballo, a fin de definir estratexias de actuación e difusión. Periodicidade: 1-2 veces ao ano.
- Fomentar a publicación dun libro ou estudo colectivo. Neste apartado, está a disposición a utilización da colección "Texturas Internacionais" do IGADI. -Plan de Actuación e Impacto social:
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tema central de investigación: “A Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA)” |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a) Marco de xustificación: a.1) Por qué o ALBA? Impulsada polo presidente venezolano Hugo Chávez a partir de 2005, no marco da súa idea plasmada no Socialismo do Século XXI, a aparición da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA) como mecanismo de integración latinoamericana (baseada na loita contra a pobreza, a exclusión social, a integración humanitaria e autóctona) supón un reto histórico cara os tradicionais procesos de integración existentes no continente latinoamericano, especificamente nas últimas dúas décadas, determinadas pola preponderancia da integración de carácter económica e comercial, traducida en imperativos de corte liberal. Comunmente interpretada como un desafío á Alternativa de Libre Comercio para as Américas (ALCA), establecido no Cumio das Américas de Miami (1994) e impulsada polo ex presidente estadounidense Bill Clinton, o ALBA comeza a configurar os seus primeiros eidos de integración incorporando a novos actores. Orixinalmente concibido por Venezuela e Cuba, actualmente o ALBA logrou ampliarse cara países como Bolivia, Nicaragua, Dominica, Honduras, San Vicente e Granadinas e Ecuador, este último recentemente admitido (maio de 2009). Como mecanismo de integración en pleno desenvolvemento, con múltiples dinámicas e desafíos a longo prazo, cumpre considerar a necesidade de afondar, desde unha perspectiva de investigación, sobre a natureza e os alcances do ALBA como referencia de integración latinoamericana e como alternativa deseñada dende o Sur, destinada a afrontar os retos que supoñen a configuración dun novo sistema internacional, mais multipolar e multilateral, enmarcadas nas demandas dos países latinoamericanos como actores de relevancia neste proceso de cambios.
b) Os eidos de integración do ALBA -A integración enerxética: PETROCARIBE (2005): Venezuela, Cuba, República Dominicana, Antiga e Barbuda, Bahamas, Belice, Dominica, Grenada, Guíana, Honduras, Xamaica, Surinam, Santa Lucía, Guatemala, San Cristóbal e Neves, Costa Rica e San Vicente e as Granadinas. PETROSUR (2005): Venezuela, Brasil, Arxentina e Uruguai. PETROAMÉRICA (2004): proposta de integración continental enerxética enmarcada no ALBA, impulsada por Venezuela cara tres vertentes: PETROSUR, PETROCARIBE E PETROANDINA. - A integración da comunicación: TELESUR (Nova Televisora do Sur): creada en Caracas en xuño de 2005 como alternativa de información contra os grandes medios de comunicación (CNN, NBC, BBC, TVE, etc), actualmente está integrada por Venezuela, Cuba, Arxentina, Bolivia, Ecuador, Nicaragua e Uruguai. - A integración económica e social: Tratado Comercial dos Pobos (TCP): concibida en abril de 2006 polo presidente boliviano Evo Morales como alternativa aos tratados de libre comercio impulsados por Washington. Actualmente agrupa a Bolivia, Venezuela e Cuba - A integración financeira: O sistema de pagos dentro do ALBA (2008): concibido durante o III Cumio Extraordinario do ALBA, propón unha moeda común, o “SUCRE” (Sistema Único de Compensación Rexional) Mecanismos para poñer fin á preponderancia do dólar estadounidense. - A integración de defensa militar e xeopolítica: A Organización do Tratado do Atlántico Sur (OTAS): concibido por Chávez en 2007 como substituto do Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca (TIAR); un reto á OTAN? Gasto militar e desafíos xeopolíticos en América do Sur (Brasil, Venezuela, Arxentina, Perú, Colombia)
c) Importancia estratéxica e xeopolítica: Afondar na perspectiva dun achegamento, plural e de carácter académico, sobre o ALBA, deixa sobre a mesa unha serie de escenarios descifrados en importantes cambios xeopolíticos en América Latina: - O modelo do Socialismo do Século XXI como referencia para América Latina: Bases teóricas; capacidades de adaptación dun novo modelo económico e social alternativo; desafíos, fortalezas e debilidades medidas dentro do contexto xeopolítico hemisférico. - A Venezuela de Chávez: unha nova “potencia emerxente”?: fortalecerase o “socialismo bolivariano”?; unha política exterior cada vez máis global (China, Irán, Rusia, África, Oriente Medio); Unha Venezuela sen Chávez: adeus ao ALBA e retorno da influencia de Washington? - Bolivia e Ecuador: aliados dependentes de Chávez e do ALBA?; posible inestabilidade; o peso do indixenismo e dos movementos sociais. - Colombia: a posibilidade dunha nova reelección de Uribe Vélez e a súa alianza estratéxica con EEUU; o desafío da esquerda colombiana e o ALBA; é posible a pacificación do conflito armado colombiano?; ingresarán as FARC como actor do escenario político, proclive ao “socialismo bolivariano” e ao ingreso ao ALBA? - Brasil e Arxentina: posibles novos actores dentro do ALBA? O remate da presidencia de Lula da Silva: cambiará a orientación xeopolítica de Brasil? Cómo afectaría o ingreso de países co peso de Brasil e Arxentina dentro do ALBA? - O contexto andino e sudamericano e a posibilidade de conformación de varios bloques xeopolíticos: o “eixe do ALBA” (Venezuela, Bolivia, Ecuador); posibles novos actores dentro do ALBA (Paraguai); o “eixe máis pro-estadounidense” (Colombia e Perú); os actores “moderadores” (Brasil, Chile, Arxentina e Uruguai); - América Central: o ALBA como resposta ao libre comercio con EEUU; Honduras e Nicaragua, baluartes do ALBA no contexto centroamericano; O Salvador baixo o goberno do FMLN: cara o ALBA ou cara Washington? Guatemala: crise político cun goberno progresista. México: cara outra transición post-PRI? - O futuro de Cuba: transición ou reforzamento das estruturas de poder? Actor fundamental dentro do ALBA ou elemento suxeito ás vicisitudes dunha integración hemisférica afastada dos imperativos de Washington? Unha “nova era” entre Cuba e EEUU? - O Caribe: “patrio traseiro” de Washington ou do ALBA? Adeus ao CARICOM como referencia de integración? - O ALBA e EEUU: perde influencia Washington no hemisferio latinoamericano? Resucitará Obama a “Alianza para o Progreso”? - O ALBA ante a crise económica mundial - ALBA, UNASUR e a OEA: o pulso hemisférico das novas e vellas estruturas de integración.
d) Enlaces de interese: Como elementos de referencia informativa de cara a concretar niveis de análise e investigación, proponse unha serie de enlaces na rede que, paulatinamente, poden ampliarse cara outros medios de análise e información: - Páxina web do ALBA: - Altermundo - Aporrea (Comunicación Popular para a Construción do Socialismo do Século XXI) - Axencia Bolivariana de Noticias (ABN) - Axencia Latinoamericana de Información (ALAINET) - Fundación Centro de Estudos Político se Sociais (CEPS) - Inter Press Service en español - Petróleos de Venezuela (PDVSA) - TELESUR
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Observatorio do ALBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dentro do Programa de Investigación “Conflitos, Seguridade e Alternativas no Sistema Internacional”, coa temática principal de investigación centrada na Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA), configurase o “Observatorio do ALBA” como espazo actualizado de información e análise, sobre a evolución e dinámica desta alternativa de integración latinoamericana. O Observatorio do ALBA estará dividido nas seguintes seccións, que serán actualizadas a través da periodicidade dos acontecementos:
a) Países membros do ALBA:
b) Cumios do ALBA: Declaracións finais de cada cumio I Cumio Extraordinario (La Habana, 14 de decembro de 2004) II Cumio Extraordinario (La Habana, 28-29 de abril de 2006) III Cumio Extraordinario (Caracas, 26 de novembro de 2008) IV Cumio Extraordinario (Caracas, 2 de febreiro de 2009) V Cumio Extraordinario (Cumaná-Venezuela, 17 de abril de 2009) VI Cumio Extraordinario (Maracay, Venezuela, 29 de xuño de 2009) Declaración final do VII Cumio da ALBA (Cochabamba-Bolivia. 16-17 de agosto de 2009) Declaración Final IX Cumio da ALBA- Manifiesto Bicentenario (Caracas, 19 de abril de 2010) http://www.alianzabolivariana.org/modules.php?name=News&file=article&sid=6266 X Cumio da ALBA. Declaración de Otavalo (Ecuador) 25 de xuño de 2010. http://www.alianzabolivariana.org/modules.php?name=News&file=article&sid=6544
c) Documentos de importancia: - Construíndo o ALBA dende os Pobos- Principios Básicos do ALBA -Acordo de Cooperación Enerxética PETROCARIBE (14 de outubro de 2005) -Acordo de Cooperación para a aplicación da Alternativa Bolivariana dos Pobos da Nosa América e o Tratado de Comercio dos Pobos (A Habana, 28-29 de abril de 2006. Cuba, Venezuela e Bolivia) - Acta Fundacional do Banco do ALBA (Caracas, 6 de xuño de 2007) - Tratado Enerxético do ALBA (Barquisimeto-Venezuela, 29 de abril de 2007) - "Los países del ALBA ratifican el Tratado de Constitución del Sucre" - COMUNICADO ESPECIAL DEL ALBA ratificando su apoyo a Siria, (XI Cumbre del ALBA, Caracas, 5 de febrero de 2012) - COMUNICADO ESPECIAL DEL ALBA sobre situación colonial en las Islas Malvinas, 04 de febrero de 2012 - Aprueban zona económica común para países del ALBA, 05 de febrero de 2012 - Aprobada resolución de miembros especiales y permanentes del ALBA, 05 de febrero de 2012 - Movimientos Sociales y Políticos apoyan acuerdos y proyectos del ALBA, 05 de febrero de 2012 d) Análise e información: artigos de interese en diversos medios dixitais “ALBA, PETROCARIBE y el CARICOM: Asuntos claves en una nueva dinámica”, por Norman Girvan “ALBA: ¿un proyecto alternativo para América Latina?”, por Josette Altmann “Entre UNASUR y ALBA: ¿otra integración (ciudadana) es posible?”, por Andrés Serbin “ALBA crece y se hace alianza”, por Humberto Márquez en Inter Press Service en español “A madurez do ALBA” , por Roberto Mansilla en IGADI “ALBA apoya regreso de Zelaya a Honduras” "Siete países fundan el Banco del Sur" "Consejo de Movimientos Sociales debatió en VII Cumbre del ALBA" “Venezuela: acelerando la Revolución Bolivariana” en International Crisis Group (5 de novembro de 2009) El ALBA de los Movimientos Sociales (Brasil) A ALBA e os movementos sociais "ALBA intenta fortalecer posturas unidas" (Inter Press Service, 14 de decembro de 2009) http://www.ipsenespanol.net/nota.asp?idnews=94235 “Congreso Nacional de Honduras aprueba la salida del ALBA” (Axencia RIA Novosti- Rusia) “Honduras fuera del ALBA” (Diario El Heraldo, Honduras) "ALBA afina proyecto para seguridad alimentaria" http://www.granma.cu/espanol/2010/enero/vier29/alba.html “Acuerdan estatutos de la empresa grannacional ALBA alimentos” http://www.abn.info.ve/go_news5.php?articulo=217798&lee=4 “ALBA: círculo pechado” “Cumbre Alba buscará mecanismos de inclusión para indígenas y afrodescendientes” (Axencia EFE, 22 de xuño de 2010) http://www.google.com/hostednews/epa/article/ALeqM5j1lZEHmWwlZoarl5PnyZfT0hibBw “Indígenas ecuatorianos alborotan Cumbre ALBA” (BBC en español) http://www.bbc.co.uk/mundo/america_latina/2010/06/100625_ecuador_alba_ao.shtml “La derecha al ataque contra el ALBA. Detrás del golpe en Ecuador” (Rebelión, 01/10/2010) http://www.rebelion.org/noticia.php?id=114032 “Evo Morales acusa a EEUU de promover desestabilización en América Latina y ALBA” (Pueblo en Línea, China, 23/11/2010) “Con el ALBA y con la Reina de ALBA”, por Isaac Bigio en La Tercera (Nicaragua) http://www.lajornadanet.com/diario/archivo/2010/diciembre/14/6.html “Al menos 50% del intercambio comercial Ecuador-Venezuela se transa en SUCRE” (EastSide Magazine, Venezuela) 06/02/2012 Embajadas del ALBA en España celebraron a casa llena VII Aniversario de la plataforma de integración http://www.embajadadevenezuela.es/index.php?option=com_content&view=article&id=665%3Aalba-en-madrid&catid=45%3Aprensa&Itemid=83&lang=es
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 21/02/2012
|