| Seguridade, Conflitos e Pacificación |
|
1. Obxectivos e plan xeral de traballo O estudo e investigación sobre os conflitos e as súas repercusións na seguridade e pacificación mundiais cobra unha maior relevancia tralo fin da "guerra fría" en 1991 e, principalmente, cos atentados terroristas do 11-S de 2001 en EEUU e as súas posteriores consecuencias. Intervencións militares en Afganistán e Iraq e atentados terroristas a nivel global (Bali, Estambul, Madrid e Londres) contribúen a reforzar esta relevancia no estudo dos conflitos. Neste sentido, resulta imperativo distinguir a natureza dos conflitos a estudar, algúns deles non necesariamente vencellados á percepción actual que os inclúe na dinámica do terrorismo internacional. Do mesmo xeito, convén resaltar a vixencia de outros conflitos que, se ben non ocupan a atención da opinión pública, non deixan de constituír problemas para a seguridade e estabilidade internacional. Neste sentido, o programa de investigación "Seguridade, Conflitos e Pacificación" concibido dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, aspira a contribuír na análise e profundización desta temática. A estrutura do mesmo consta dun Director, un Coordinador Executivo e os diferentes membros, entre quen se espera incluír a habituais colaboradores e tamén a outras persoas do ámbito profesional e académico, que estean interesados en integrarse, establecendo un marco de participación plural e internacional. O programa actual aspira a constituír un foro de debate e reflexión que permita ter espazo público social e comunicativo. Para ilo, se establecerán os seus eixes orientadores, as propostas de investigación a realizar e unha dinámica específica de actividades, tanto restrinxidas como de vocación pública. En cada Programa se desenvolverán catro planos de actuación: información e debate sobre os aspectos mais destacables da xestión do IGADI nese campo, a reflexión creativa sobre a liña de traballo, propostas de orientación estratéxica e actividades de intercambio de experiencias e de implicación social.
Teoría do conflito Oriente Medio Asia Central Cáucaso Sáhara occidental América Latina Curdistán Sureste de Asia Cachemira Balcáns África subsahariana Crisis nuclear Terrorismo e seguridade internacional Xenocidios Dinámica de pacificación
Liñas prioritarias de investigación
de conflitos Identificación dos principais conflitos mundiais e daqueles conflitos esquecidos. Mecanismos de pacificación. Realización de "Guías útiles" de contido didáctico sobre os principais conflitos (Palestina, Iraq, Chechenia, Colombia, etc), con preguntas e respostas clave. Colocación na páxina web. Reunións grupais Publicación de libro colectivo sobre
Conflitos Plan de Actuación e Impacto social Foros por Internet, publicación páxinas web e artigos, comentarios, seguimento informativo. Liñas orixinais de Investigación
Director Roberto Mansilla Blanco, Igadi. Coordinador executivo David Reinero, xornalista, Igadi. Integrantes Manuel Martorell, xornalista especializado no Oriente Medio. Cristóbal Ramírez, xornalista especializado en cuestión saharauí. Andrés Freire, colaborador do Igadi. Daniela Pichler, Universidade de Viena. Miriam Bader, Universidade de Paderborn, Alemania. Mabel González Bustelo, analista do CIP, Madrid. Mónica Rafael, Universidade de Coimbra, Portugal. Roberto Montoya, xornalista, xefe de internacional de El Mundo (Madrid). Rafael García Pérez, Universidade de Santiago de Compostela. Nair Millós Álvarez, colaboradora do Igadi. Laura Feal Sánchez, xornalista de Europa Press (Vigo). Carlos Negreira Espasandín, colaborador do Igadi.
Centros de Estudos e Investigación sobre Conflitos, Seguridade, Pacificación e Relacións Internacionais: Carnegie Endowment for International Peace (EEUU) Hoover Institution for War, Revolution and Peace (Hoover Institution-Standford University, EEUU) War Crimes, Genocide & Crimes against Humanity (The Genocide Research Project, Pennsylvania) International Conflict Research, INCORE (United Nations University-University of Ulster, Belfast) Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria, IECAH (Madrid) Centro de Investigación para la Paz, CIP-FUHEM (Madrid) Terrorism Knowledge Base (The National Memorial Institute for the Prevention of Terrorism, Oklahoma) The Terrorism Research Center (EEUU) Institute for War & Peace Reporting, IWPR (Gran Bretaña) International Crisis Group (Bruselas) The Center for Peace and International Relations Studies (Tbilisi, Georgia) Eurasianet (Central Eurasia Project-Open Society Institute, Nueva York) Department of Peace and Conflict Research (University of Uppsala, Suecia) Institute of World Affairs (Washington) International Relations and Security Network (Center for Security Studies, Zürich) International Peace Research Institute, PRIO (Oslo) The Stockholm International Peace Research Institute, SIPRI (Estocolmo) Transnational Institute (Holanda) The Online Journal of Peace and Conflict Resolution (Tabula Rasa Institute, Washington) Peace Brigades International (Londres) The South African Institute of International Affairs (Suráfrica) Africa Institute of South Africa (Suráfrica) Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales, FLACSO (Costa Rica) Institute of Peace and Conflict Studies (India) The Royal Institute of International Affairs (Reino Unido) L'Institut Française des Relations Internationales (Francia) Center for Eurasian and Strategic Studies (Turquía) Israeli-Palestine Center for Research and Information (Israel) The Power and Interest News Report (EEUU) Institut de Relations Internationales et Stratégiques (París) Institute for Policy Studies (Amsterdam) Foreign Policy in Focus (International Relations Center, EEUU) Escola de Cultura de Pau (Cataluña) |
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 21/01/2006 |