| Observatorio Galego da Lusofonía (Ogalus) |
||
| Ogalus, perspectiva internacional Por Ângelo Gonçalves Vicente (Vieiros, 11/05/2006) |
||
|
O Ogalus, que botaba a andar a finais do pasado 2005 como aposta do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, principia así a desenvolver unha das súas funcións esenciais: a concienciación da sociedade e das institucións galegas en relación ao potencial da súa lingua para promover todo tipo de intercambios (culturais, económicos, políticos, sociais...) cos países e rexións de lingua galego-portuguesa que representan, na actualidade, máis de 223 millóns de persoas en 4 continentes e preto do 2% do PIB mundial. Cifras que, en todo o caso, están a aumentar de maneira exponencial de ano para ano. O Ogalus, pois, quere ser un axente dinamizador e dinámico, ao servizo do país, para traballar no aproveitamento da vantaxe estratéxica que a lingua do noso país supón, para dotarse de ferramentas especializadas na Lusofonía como unha Biblioteca, un Centro de Documentación, unha Hemeroteca que actualmente xa supera as 1.200 noticias e que é renovada diariamente, unha rede de contactos que multipliquen o capital relacional do país ou o Ogalus.info, un servizo informativo gratuíto froito dunha selección semanal de noticias aparecidas nos principais medios de comunicación de todas ás áreas xeográficas da Lusofonía, esparexidas por diversos continentes. |
||
|
||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 11/05/2006 |