Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 78 - 5 de xullo de 2005
 
 

O Fondo participa nas I Xornadas Interculturais do Concello de Cangas

O Fondo Galego foi convidado polo Concello de Cangas para participar nunha mesa redonda sobre cooperación. Este concello brindounos a oportunidade de materializar o noso compromiso cos concellos socios do Fondo de colaborar no impulso de actividades que permitan aos municipios abandeirar políticas propias no campo da difusión e educación para o desenvolvemento. Por outra banda, este convite tamén nos permitiu trasladar á cidadanía o traballo que desenvolve este organismo e desvelar as claves da identidade e singularidade da cooperación que levamos a cabo. Neste coloquio tamén participou Nelson Frechauth, de Mozambique, estudoso da cooperación internacional. Dende o Fondo Galego entendemos que se queremos afondar sobre as causas e consecuencias deste mundo desigual e inxusto que estamos construíndo, e debater sobre as cuestións que afectan ao desenvolvemento, non podemos suplantar a voz do Sur.


Pouco a pouco medran os fondos do Fondo Galego

Os concellos asociados continúan adiantando as cuotas correspondentes ao exercicio de 2005. Aos concellos de Arteixo, Baiona, Bergondo, Betanzos, Caldas de Reis, Cabanas, Cambre, Carballo, Culleredo, Cerceda, Gondomar, Lousame, O Irixo, Oleiros, Outes, Noia, Neda, O Rosal, Samos, Rianxo, Rodeiro, Pontecesures, Poio, Soutomaior, Santiago de Compostela e a Deputación de Pontevedra, sumáronse A Guarda, Ames, A Coruña, As Pontes, Boiro, Brión, Castrelo do Val, Ferrol, Guitiriz, Lugo, Mos, Mugardos, Nigrán, O Barco de Valdeorras, Oímbra, Pontedeume, Porto do Son, Redondela, Sandiás, Verea, Vilagarcía e Vilar de Santos.

Recen aprobada a Proposta de Resolución da Convocatoria de proxectos de 2005 é fundamental a máxima colaboración no abono das cuotas para non dificultar nin retrasar os pagos ás ONGs e parceiros que comezarán a executar os proxectos.


Xornadas de Cooperación e Voluntariado no Concello de Caldas

O Concello de Caldas de Reis, a través da Concellaría de Asuntos Sociais, Igualdade e Asociacionismo, celebrará en xullo as primeiras Xornadas de Cooperación. Este concello comparte co Fondo Galego a idea de que as entidades locais deben ter un papel protagonista á hora de abandeirar políticas propias no eido da sensibilización, contribuíndo a propiciar o respecto aos dereitos, aos valores democráticos e a unha maior receptividade aos problemas da pobreza, das desigualdades sociais e da solidariedade en tódolos ámbitos.


  Foto Igadi: IIº Premio de redacción, clic para aumentar
Foto Igadi: IIº Premio de redacción, clic para aumentar
IIº Premio de redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”.
 
Acto de entrega do IIº Premio de redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”

O venres 24 de xuño celebrouse en Santiago o acto de entrega de premios do Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”, que por segundo ano convoca o Fondo Galego.

Este ano presentáronse máis de corenta traballos de mozos e mozas dos centros de Ensino Secundario de Galicia. Na Categoría A “Individual” Modalidade 1ª (1º e 2º ESO) o primeiro premio correspondeu a Luís Bouzón Mouzo do IES Antón Fraguas (Santiago) polo seu texto “Cartas no tempo”, e na Modalidade 2ª (3º e 4º ESO) a Xosé Francisco Lemiña do IES Vilalonga (Sanxenxo) por “A Odisea de NABI”. Como finalista na Modalidade 1ª quedou Brais Palmeiro do IES Antón Fraguas co texto “A Plataforma 0,7” e na Modalidade 2ª Rebeca Domínguez Álvarez do IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra) polo texto “Sino?”. Pese a quedar deserta a Categoría B “Grupo”, o IES de Vilalonga (Sanxenxo) e o IES Antón Fraguas foron agasallados cun Bolechas Solidario de Pepe Carreiro, autor que ofreceu desinteresadamente a súa obra. No acto de entrega dos premios participaron o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, o tesoureiro, Xosé Mª Permui, e o director do Fondo, Xulio Ríos.


Rutas Solidarias

“O Eterno Feminino” e “A Paz Cuestión de Fondo” continúan a súa viaxe por Galicia. Institutos, salóns de plenos, prazas e rúas… calquera escenario é valido para acoller os testemuños gráficos e fotográficos destas exposicións que nos convidan a reflexionar sobre outras realidades tan afastadas e tan próximas.


  Foto Igadi: Asemblea socios Fondo Galego, clic para aumentar
Foto Igadi: Asemblea socios Fondo Galego, clic para aumentar
Asemblea xeral de socios do Fondo Galego.
 
Celebración da Asemblea xeral de socios

O 28 de xuño en Santiago de Compostela celebrouse a Asemblea xeral de socios do Fondo Galego para debater e aprobar a Proposta de Resolución da Convocatoria 2005 para o financiamento de proxectos de cooperación e a ratificación de altas de novos socios.

Presentáronse a esta convocatoria un total de 54 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Norteamérica, 1; Centroamérica, 18; Caribe, 3; Sudamérica 19; África, 11; e Asia, 2. A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes dos Concellos de Vigo, Baiona, Oleiros e da Secretaría do Fondo, con ausencia xustificada do Concello de Arteixo e da Deputación de Pontevedra, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.

A Proposta de Resolución da Convocatoria 2005 foi aprobada, un ano máis, por unanimidade, confirmándose a tendencia ao aumento dos proxectos, con 15, do que se evidencia unha consolidación do Fondo Galego, pasando dos 3 proxectos de 1998, aos 8 de 2001 e aos 12 nos anos 2002, 2003 e 2004. En relación ás áreas xeográficas dos proxectos son as seguintes: África, 6 (Cabo Verde 5 e Mauritania 1); América Central, 5 (Nicaragua 3, Honduras 1 e El Salvador 1); América do Sur, 3 (Perú 3); e Asia, 1 (Palestina 1). Co que confírmase a tendencia dunha progresiva viraxe cara África con seis proxectos aprobados, poñendo especial atención nos países da África subsahariana, e entre eles os de expresión lusófona. Dotación de infraestruturas, saúde e capacitación xunto coa educación e o empoderamento das mulleres son os eixes temáticos dos proxectos presentados.


O Comercio Xusto chega aos concellos do Fondo Galego

Na Asemblea xeral de socios do Fondo, Xan Hermida, director da ONGD galega Amarante, explicou a identidade e características do Comercio Xusto. Os concellos amosáronse moi interesados neste outro comercio posible e algún comprometeuse a favorecer unha maior difusión dos retos e oportunidades do Comercio Xusto na procura dun mundo máis equitativo e solidario.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Guitiriz Deputación Deputación
A Coruña Lugo A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Estrada
Ames Monforte Castrelo do Val A Guarda
Arteixo Samos Entrimo Baiona
As Pontes Sarria Manzaneda Bueu
Bergondo Viveiro O Barco Caldas de Reis
Betanzos   O Irixo Cambados
Boiro   Oimbra Cangas
Brión   Ourense Cuntis
Cabanas   Ribadavia Gondomar
Cambre   San Cibrao das Viñas Moaña
Carballo   Sandiás Mos
Carral   Verea Nigrán
Cedeira   Verín O Porriño
Cerceda   Vilar de Santos O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame     Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia     Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver a Fondo Galego

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/07/2005
Fernando Pol