Que é o IGADI?

Igadi na Rede

Volver
   

¿Qué es el IGADI?
Què és l'IGADI?
Zer da IGADI?
¿Qué ye l’igadi?
Que é o Igadi?
Que é o Igadi?
O que é o IGADI?
Qu'est-ce-que-c'est l'IGADI?
What is the IGADI?
Was ist das IGADI?
Kio estas la IGADI?
Que é o Igadi?
Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.


Documentación e investigación


O IGADI recibe e analiza a prensa de numerosos países; arquiva obras, xornais, revistas e outros soportes documentais (anuarios estatísticos, teses, actas de coloquios, conferencias, etc) referidos á situación económica, social e política de cada país, rexional e mundial. Estes materiais constitúen a base para a creación do Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea. Asimesmo o IGADI promove a realización de investigacións sobre as máis diversas problemáticas de orde internacional.


Á disposición da sociedade


Ambolos dous servicios concretan un programa de apoio ás colectividades de diferentes niveis educativos, ás empresas e outros axentes sociais, que se complementa coa activa divulgación de información ós medios de comunicación, movementos asociativos, parlamentarios, personalidades e institucións galegas.


Apoio e mediación


O IGADI ofrece un servicio de apoio e mediación para empresas e institucións que inclúe os seguintes aspectos particulares: realización de estudios sectoriais, de monografías, acompañamento de delegacións, traducción e interpretación, investimento e comercio exterior. Este servicio forma parte dun proxecto máis amplo que contempla a creación en Galicia dun Observatorio Exterior económico e sociopolítico.


Actividades públicas


Para difundir información e promover debates na opinión pública, o IGADI organiza seminarios, mesas redondas e conferencias. En permanente contacto con todo tipo de medios e institucións, facilita a presencia de membros do IGADI nos medios de comunicación, practicando unha política de intervención inmediata en cuestións de actualidade. Igualmente programa a realización de cursos de formación.


Relacións con outros centros e institucións


O IGADI mantén relacións de cooperación e de intercambio con outros centros de investigación estatais e internacionais. Ademais é signatario de convenios de colaboración con Universidades e con Administracións de diferentes niveis.


Financiamento


O IGADI financiase coas aportacións dos seus membros e colaboradores; coa remuneración dalgunhas das súas actividades e co apoio prestado polas Administracións Públicas, entidades financeiras e organizacións sociais.


Informacións adicionais


O IGADI está dirixido por Xulio Ríos. O seu domicilio (provisional) é o seguinte: Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra). Tel/Fax: 986 357238. e-mail: info@igadi.org.

O IGADI dispón do CIF G36741049. Está rexistrado no Censo de Asociacións e Entidades Culturais de Galicia (Dirección Xeral de Cultura): B-02-63/PO-403 libro 1 folio 151 expte. 1808. Igualmente está incluido no Rexistro de Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (Dirección Xeral de Relacións Institucionais): SGPA 96/13-ONGD-44. E no rexistro estatal de asociacións do Ministerio do Interior: número 105.600.


Organigrama (álbum de fotos)


Consello Asesor   Alejandro Molíns de la Fuente
  Antonio Martínez Puñal
  Enrique Sáez Ponte
  Fernando Pérez-Barreiro Nolla
  Jesús García Rojo
  Lois Tobío Fernández (falecido o 12/03/2003)
  Luís Álvarez Pousa
  Manuel Mera Sánchez
  Ramón Lugrís Pérez
  Ramón Máiz Suárez
  Víctor Fernández Freixanes
  Xosé Fortes Bouzán
  Xosé Luís Rodríguez Pardo
  Xulián Maure Rivas
 
Director   Xulio Ríos Paredes
 
Vicedirectora   Virxina Romero Sobral
     
Analistas   María del Mar Gómez Fernández
  Marola Padín Novas (OPCh)
  Noelia García Camiña
  Roberto Mansilla Blanco
 
Informática / webmaster   Fernando Pol Trigo
 
Investigadores asociados   David M. Alvarado Roales (xornalista no Magreb)
  Gustavo Cardozo (Centro Argentino de Estudios Internacionales)
  Jaume Giné Daví (Departamento de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona)
  Jared D. Larson (University of Delaware)
 
Colaboradores/as   Alexis B. Romanow
  Andrés Herrera Feligreras (IPES)
  Ângelo Gonçalves Vicente
  Daniela Pichler
  David Reinero González
  Félix Soria
  Fernando Bruna Quintas
  Iago Bañobre
  José Fernando Pérez Oya
  Lara Barros Alfaro
  Manoel Santos (altermundo.org)
  Manuel Morán García
  Marcos Martín Pérez
  María Vila Rebolo
  Pedro Casteleiro López
  Raimundo Viejo Viñas
  Vítor E. Rodríguez Barca
 
Asesoramento Lingüístico   Alberto Estévez
  Antón Valverde Valtierra
  Cruz López Martínez
  Gabriel Pérez
  Irene Romero
  Mª Benilde Castiñeira Souto
  Olga Castro Vázquez
 
Profesor visitante   Zhu Lun (Academia de Ciencias Sociais de China)
 
En prácticas   Elvira Tejedor García (Universidad de Valencia)
  Masashi Oki (Chuo University, Tokio, Japón)
 
Colaboraron co Igadi   Alberto Arce
  Andrés Freire
  Carlos Méixome Quinteiro
  Gustavo Sanromán Vázquez
  Inma Pérez Rocha
  Irene González Contreras
  Iria Alonso Casares
  Jairo Dorado Cadilla
  Joaquim Brito
  Laudelino Pellitero Ramilo
  Lorena Pose Varela
  Luz María Sela Méndez
  María Xosé Viqueira Cores
  Moncho Iglesias Míguez
  Naír Millos Álvarez
  Nelson Xavier
  Nuria Pitarque
  Sylvia Gómez Saborido
  Xosé Manuel Figueiras
 
Realizaron prácticas   Aarón Lemos Correa (USC)
  Águeda Guimarey Formoso
  Ana Leyenda Barreiro (USC)
  Beatriz Urgal Puentes
  Begoña Carrera Ríos
  Benjamín Kienzle
  Cándido Rial Rodríguez
  Carlos Negreira Espasandín (USC)
  Carmen Miranda
  Cristina Sangil Páez
  Daniel Ricart Alonso
  Esther Castro Cidre
  Fani Fernández Míguez
  Gabriele Hagmüller
  Inés Cadahía
  Isabel M. Rodríguez
  María Camba López
  María Corral Fernández (USC)
  María José Caamaño
  Marta Fernández Pedrido (2007)
  Marta González Cabrera
  Marta Núñez Martínez-Corbalán
  Marta Táboas Fernández (USC)
  Miriam Bader (Universidade de Paderborn-Alemania)
  Mónica Bande Rodríguez
  Nunzia Acanfora (Universidade de Nápoles)
  Óscar Curros Moure
  Paulo Alonso
  Raquel Quinteiro Castromil
  Ricardo Vieitez Pérez
  Ruth Losada Sanmartín
  Silvia Costas Marcote
  Xesús M. Piñeiro


Dez anos para coller impulso


O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) nace en 1991 como un proxecto inspirado para comprender o mundo desde aquí e proxectar a Galicia no contexto internacional. Dez anos despois é unha realidade asentada, un instrumento vivo e dinámico, que ofrece a oportunidade de implicarse no seguimento da realidade internacional e na vertebración dos intereses estratéxicos de Galicia no exterior:

• O IGADI dispón dun
Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea que recibe e clasifica máis dun cento de publicacións especializadas nos diversos conflictos e áreas xeográficas. Este Centro elabora trimestralmente un Boletín de Sumarios e mantén unha base de datos sobre as transformacións no mundo chinés. Asi mesmo acolle os principais Anuarios estratéxicos.

• Conta cunha
hemeroteca na que dende 1989 e diariamente é obxecto de clasificación a información xerada dende os medios de prensa arredor de conflictos e crises internacionais, con especial atención á evolución política, socioeconómica e en materia de defensa e relacións exteriores, de Occidente, países de Europa Central e Oriental, Rusia e países ex-soviéticos, Cuba e o conxunto de América Latina, China, Xapón e outras zonas xeográficas. Os principais conflictos e crises internacionais son obxecto dun tratamento especial.

• Impulsa reflexións arredor da
acción exterior de Galicia, habilitando unha Lista en internet (Galicia Exterior) para debater abertamente sobre tan decisiva cuestión. Igualmente acomete a realización das Guías de Recursos (de acción exterior, do Arco Atlántico), auténticos inventarios para unha acción comprometida coa inserción de Galicia no mundo.

• Intercambia información sobre o diagnóstico e prospección exterior coa
Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, no marco dun convenio estable de colaboración.

• Dispón dun amplo abano de
publicacións propias, entre as que cómpre sinalar a revista semestral de análise e estudios internacionais, Tempo exterior, e a colección Texturas internacionais.

• Coordina e exerce a secretaría do
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha asociación do municipalismo galego que pretende a homologación e pleno desenvolvemento das políticas de solidariedade internacional.

• Promove a recuperación de figuras históricas como
Plácido Castro, participando activamente na creación da Fundación que leva o seu nome e organizando cada ano unha Conferencia Anual.

• Multiplica o seu labor de intervención social en diferentes medios: prensa escrita, radio, televisión, publicacións especializadas, etc, tanto de Galicia, como de España e outros países. Cada semana elabora o Canal Mundo, un semanario dixital de análise internacional, editado en colaboración con Vieiros (
http://www.vieiros.com).

• Xunto con outros centros, participa en numerosos encontros de debate e reflexión sobre cuestións de actualidade e interese internacional. Desenvolve, ademáis, fondas relacións de intercambio e colaboración con múltiples entidades similares de todo o mundo.

• Organiza
actividades propias: seminarios, conferencias, mesas redondas e outras, co obxecto de incrementar a sensibilización da sociedade galega arredor da importancia e transcendencia do feito internacional.

• Dispón dunha páxina web, http://www.igadi.org, permanentemente actualizada e que constitúe unha auténtica fiestra para contemplar e entender o mundo desde Galicia.

• Integrado por Luis Alvarez Pousa, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Fortes Bouzán, Jesús García Rojo, Ramón Máiz Suárez, Antonio Martínez Puñal, Xulián Maure Rivas, Manuel Mera Sánchez, Alejandro Molins de la Fuente, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, Xosé Lois Rodríguez Pardo, e Lois Tobío Fernández, conta cun
Consello Asesor no que milita a pluralidade e o compromiso cunha Galicia de seu e universalista.

• Conta cun
equipo básico de traballo e de analistas que observan e interpretan dende unha óptica galega as principais transformacións do mundo contemporáneo. Igualmente conta cunha rede ampla de colaboradores en varios lugares do planeta.

• Estreita a colaboración co mundo universitario, especialmente mediante a realización de prácticas que se recoñecen como créditos nos curricula dos alumnos (Facultade de Ciencias Políticas da USC) e a oferta dunha formación complementaria e rigurosa.

• Realiza proxectos de investigación que brindan a oportunidade de afondar en problemas de especial transcendencia para Galicia. Habitualmente en colaboración con outros axentes, Universidades ou centros semellantes de calquera parte do mundo, tamén executa proxectos propios.

• Reforza a súa colaboración con todas as institucións, estreitando os seus vinculos e relacións de cooperación con múltiples entidades, a fin de promover unha maior comprensión e sinerxia da sociedade galega a respecto dos asuntos internacionais.

• Insiste na creación dun Foro Iberoamericano, atendendo á necesidade de crear espacios xenuinos para a reflexión e o intercambio a todos os niveis entre as comunidades ibérica e americana, e apostando polo fomento do mutuo coñecemento, a cooperación e a solidariedade.

• Inicia a súa andaina na xestión de programas comunitarios, especialmente no ámbito local, a fin de favorecer a súa implicación en estratexias de inserción internacional que posibiliten ese intercambio de experiencias que mellore a cualidade das políticas públicas.

• Dende o firme compromiso co noso idioma, promove a traducción ó galego dos
principais intrumentos internacionais. En 2001 recibiu o Premio da Fundación “Lois Peña Novo” pola creación e difusión en lingua galega da información internacional.

Dende o IGADI queremos expresar o noso agradecemento a todas as institucións que apoiaron o desenvolvemento das nosas actividades, e aos numerosos colaboradores que nos acompañaron nestes dez anos. Sen os uns e sen os outros, non sería posible a consolidación do IGADI como unha institución de prestixio, independente, plural, e útil á nosa sociedade.

   
Volver



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/04/2008
Fernando Pol


Subir

   

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta