|
|
|
![]() |
|
| Cumio de Johannesburgo 2002
Introducción O Cumio de Johannesburgo 2002 –Cumio Mundial sobre o Desenvolvemento Sostible– reunirá a milleiros de participantes, entre os que se inclúen os xefes de Estado e de Goberno, os delegados nacionais e os dirixentes das organizacións non gobernamentais (ONG), empresas e outros grupos principais co obxectivo de centrar a atención do mundo e a acción directa na resolución de complicados retos, como a mellora da calidade de vida dos cidadáns e a conservación dos nosos recursos naturais nun mundo no que a poboación crece cada vez máis, aumentando así a demanda de alimentos, auga, vivenda, saneamento, enerxía, servicios sanitarios e seguridade económica. No Cumio para a Terra de 1992, que tivo lugar en Río de Janeiro, a comunidade internacional adoptou o Programa 21, un plan de acción global sen precedentes a favor do desenvolvemento sostible. Pero as mellores estratexias soamente son boas se a súa execución tamén o é. Dez anos despois, o Cumio de Johannesburgo presenta unha oportunidade magnífica para que os dirixentes de hoxe en día adopten medidas concretas e identifiquen obxectivos cuantificables para unha mellor execución do Programa 21. A ampla participación e colaboración son claves para o éxito do desenvolvemento sostible. Todos os sectores da sociedade teñen un papel que desempeñar na construcción dun futuro no que os recursos naturais se protexan, e a prosperidade e a saúde estén ao alcance de todos os cidadáns do mundo. Ademáis dos gobernos, tamén participarán activamente representantes do comercio e da industria, nenos e xóvenes, agricultores, cidadáns autóctonos, autoridades locais, organizacións non gobernamentais, comunidades científicas e tecnolóxicas, mulleres, traballadores e sindicatos. O secretario xeral das Nacións
Unidas, Kofi Annan, convocou un Grupo de Expertos para estudiar os retos do desenvolvemento sostible e facer recomendacións
durante o proceso do Cumio. O obxectivo é que o traballo deste Grupo tamén axude aos estados membros,
especialmente no proceso preparatorio substantivo que culminará no período de sesións preparatorio
global final de Indonesia en maio de 2002. O secretario xeral pediu aos membros do Grupo que axuden a fomentar
a conciencia política do proceso do Cumio, tanto en termos xerais como dentro das súas propias esferas
individuais de influencia e impacto.Enlaces |
|
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/09/2002
|
|