Volver a Titulares
Fernando Pol, sempre entre nós

 

 

Despois dunha longa enfermidade, faleceu Fernando Pol, a persoa que máis contribuíu co seu labor case invisible a facer do IGADI, con esta páxina web, unha institución coñecida e recoñecida no mundo enteiro. Con el perdemos a súa incansable e xenerosa entrega, a súa firmeza e dedicación inesgotable, a rixidez benfeitora que sempre garantía o traballo a conciencia, o seu entusiasmo militante e contaxioso, a pedagóxica paciencia coa que nos orientaba, emanada dun asombroso autodidactismo... Pese ao previsto do desenlace, será difícil facerse á idea de que xa non está do outro lado da Rede. Ou si está. Con nós queda o exemplo de tanta dedicación exemplar e a súa lembranza na trastenda de cada texto, de cada imaxe....

As nosas condolencias máis sentidas para a familia, moi especialmente para Eliza, a súa dona, que soubo acompañalo nas horas máis difíciles, e para as súas fillas, que tanto o querían.

Xulio Ríos
Director do IGADI
Persoal, membros do Consello Reitor e Académico, colaboradores e amig@s



 
Volver a Titulares



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org


Subir