A acollida da primeira edición desta Guía de Recursos
de Acción Exterior de Galicia foi excelente. Persoas e institucións eloxiaron a iniciativa tanto
pola súa oportunidade como tamén polo seu rigor e amplitude.
Certamente, por primeira vez, resumíase nun único instrumento
as diferentes manifestacións da proxección exterior que dende Galicia podiamos impulsar e vertebrar.
Esta segunda edición, revisada e aumentada, incorpora notables melloras e precisións e, por iso mesmo,
a súa utilidade directa vai ser maior. Ademais de incorporar novos axentes e escenarios, profundiza na información
facilitada, de xeito que calquer usuario poderá optar pola comunicación que prefira (correspondencia,
teléfono, fax, e-mail).
Ese fomento da comunicación constitúe un dos principios
fundamentais que animan este proxecto. Porque o diálogo, o encontro, a posta en común é unha
necesidade imperiosa nas sociedades modernas. De igual modo, esa secuencia de múltiples datos que a Guía
incorpora responde á convicción de que Galicia debe proxectarse no mundo actual implementando, a
todos os niveis, estratexias de acción exterior. E o primeiro instrumento é unha información
apropiada.
Estamos seguros de que todos os axentes da sociedade galega implicados
nesta ilusionante tarea saberán tirar un abondoso proveito desta segunda edición que agora chega
ás súas mans.