![]() |
|
| -Fundación Plácido Castro | |
| Premio de tradución “Plácido Castro” 10ª
edición
|
|
1. Participarán na convocatoria da décima edición do Premio de Tradución Plácido Castro tódolos tradutores que teñan publicada en www.bivir.com algunha obra traducida ao galego no ano 2010. 2. O xurado do Premio estará composto por cinco membros pertencentes ou designados por cada unha das seguintes institucións: Asociación de Tradutores Galegos (ATG), Fundación Plácido Castro, Real Academia Galega, Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e Administración Autonómica. Actuará como secretario do Premio con voz e sen voto un representante do IGADI. 3. O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ó destinatario. 4. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do Premio. 5. O premio consistirá nun diploma e nunha peza escultórica deseñada expresamente para o evento, obra de Xaquín Chaves. 6. A entrega do Premio celebrarase na vila de Corcubión na data sinalada polo xurado.
A Fundación PLÁCIDO CASTRO constituíuse para reivindicar a figura, a obra e o pensamento de Plácido Ramón Castro del Río (1902-1967), atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo. A Fundación dedica especial atención á difusión da súa obra artística e literaria, especialmente no campo da tradución, do pensamento e xornalística. Integran a Fundación Plácido Castro os Concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía
de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación
Internacional. Está presidida por Susi Castro Sineiro. |
|
|
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/04/2011
|