| ·Fundación Plácido Castro |
Plácido Ramón Castro del Río
O humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza
a universalidade do nacionalismo galego
Cronoloxía
| 1902 | Nace en Corcubión o 25 de xaneiro. | |
| 1908 | Inicia en Glasgow os seus estudios. | |
| 1919 | Matriculase na Universidade de Glasgow para cursar estudios de Filoloxía Inglesa. | |
| 1923 | Solicita a convalidación dos seus estudios adquirindo o título de profesor de idiomas. | |
| 1927 | Comeza a colaborar cos diarios "El Pueblo Gallego", de Vigo, e "Informaciones", de Madrid. | |
| 1928 | Publica "La saudade y el arte en los pueblos célticos". | |
| Traduce ó inglés "Almas Brujas" de Manuel Linares Rivas. | ||
| 1931 | Pronuncia a conferencia "O nacionalismo, un credo moderno". | |
| Participa na Asemblea de constitución do Partido Galeguista. É elixido membro do Consello Permanente e directivo provisional. | ||
| 1932 | Na IIª Asemblea do Partido Galeguista é reelixido membro do seu Consello directivo. | |
| Forma parte da comitiva que participa no mitin de Carral. | ||
| 1933 | Representa ó Partido Galeguista no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna os días 16, 17 e 18 de setembro. | |
| 1934 | Na III Asemblea do Partido Galeguista obtén, en votación secreta, 1.654 votos. É o máis votado para a Secretaría Executiva asumindo a responsabilidade de relacións internacionais. | |
| É elixido Conselleiro primeiro do Grupo do Partido Galeguista de A Coruña. | ||
| Participa na reunión de Galeuzca celebrada en Compostela. | ||
| 1935 | Publica na Editorial NOS: "Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W.B. Yeats", traducidos directamente do inglés, en colaboración cos irmáns Vilar Ponte. | |
| Na IV Asemblea do Partido Galeguista é reelixido secretario de relacións internacionais e membro do Comité Executivo. | ||
| É elixido presidente da nova directiva da Irmandade da Fala da Coruña. | ||
| Preside a tribuna da homenaxe rendida a Curros Enríquez na Coruña. | ||
| Representa o Partido Galeguista no Consello Galego de GALEUZCA | ||
| 1936 | É designado representante da Asociación de Escritores de Galicia en A Coruña. | |
| Participa activamente na campaña a prol do Estatuto. | ||
| Consumada a rebelión fascista, establecese en Muxía na casa duns familiares. | ||
| 1940 | É condenado a quince anos de inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a mais de cen km. de Muxía e ó abono dunha multa de 25.000 pts. | |
| Traslada a súa residencia a Coruxo-Vigo. | ||
| 1944 | Casa en Cambados con dona Jesusa Sineiro Vidal. | |
| 1945 | Trasladase a Vigo. | |
| 1946 | A Federación de Sociedades Galegas da Arxentina premia as súas traduccións de poesía inglesa ó galego. | |
| 1948 | Recibe en Galicia a Mr. George Hills, da emisora BBC. | |
| Exiliase en Portugal. | ||
| 1949 | Publicase "Poesía inglesa y francesa vertida al gallego" (Buenos Aires, en colaboración con Luis Tobío e F.M. Delgado Gurriarán). | |
| De novo en Londres, comezan as súas colaboracións na BBC. | ||
| Colabora co Jornal de Noticias de Porto. | ||
| 1950 | Publica "Un tema de Galicia: la saudade y la poesía" (Boletín do Instituto Español de Londres). | |
| Colabora co diario "La Nación" de Buenos Aires. | ||
| 1955 | Anima a celebración da Iª Festa do viño albariño. | |
| 1956 | Regresa a Galicia definitivamente. | |
| Incorporase como profesor de inglés ó Instituto Laboral de Vilagarcía. | ||
| 1957 | Colabora ocasionalmente co Diario de Pontevedra e El Pueblo Gallego. | |
| 1960 | Principia as súas colaboracións con Faro de Vigo. | |
| 1961 | É un dos principais impulsores da Romaría viquinga de Catoira. | |
| 1964 | Participa en Baden (Viena) na V Conferencia de Ministros europeos de educación adicada ó estudio "Da civilización do pais da lingua que se ensina". | |
| 1965 | Publica na revista Grial (núm. 8) a traducción de "Os Rubáiyat" de Omar Khayyám, poeta persa do século XI, a partir da versión inglesa de Edward Fitzgerald. | |
| 1967 | Falece en Cambados o 17 de xullo. | |
| Publicase en Grial, a titulo póstumo, un traballo seu adicado á figura do poeta e nobel irlandés W. B. Yeats. | ||
| 1974 | Publicase en Grial, "Laios gaélicos", obra inédita de Plácido Castro. |
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/05/2000