·Fundación Plácido Castro
Volver


Posdata a un comentario lírico-deportivo


Plácido Ramón Castro del Río
Faro de Vigo, 12/06/1965.


Nas páxinas de "Arte e Letras" deste xornal pubricáronse fai pouco uns comentarios meus encol dos himnos e cancións nacionales, patrióticos para expoñer que non son sempre os solemnes acordes oficiales os que mellor expresan os sentimentos fondos dun pobo, que mooitas veces atopan o seu reflexo íntimo nas verbas dun poeta axuntadasa unha música tradicional, especialmente en aquelestempos nos que as arelas de libertade nacional, baixo o dominio dun goberno alléo, aconsellan a comenencia de esconder tales anceíos tras un disfrace lírico.

O orixen das moñas ouservacións non era precisamente poético, xa que xurdía do equívoco prantexado pola Banda Municipal de Sevilla cando tocóu, en logor do himno oficial irlandés, denantes do escontro, España-Eire, unha canción tradicional irlandesa, con letra de Thomas Moore, aínda que non aquela do mesmo poeta que durante máis de cen anos foi a recoñecida manifesto musical do patriotismo de Irlanda.

Tiven a sorte, que non sempre se oferece na tradución da poesía, de que me fose posibre facer unha versión galega do poema de Moore "The Ministrel Boy" que se axustaba esaitamente á melodía orixinal. E citei de pasada outra canción patriótica do mesmo poeta que somentes diante da anterior pode considerarse como ocupando un logar secundario, ousexa a sua "Arpa de Tara". Non esgadín unha tradución deste poema por non alingar demaís aquel artigo, e tamén polo feito de facerse máis dificíl a sua versión galega e sobre todo o coordinála coa correspondente melodía.

Penso, porén, que unha versión galega deste poema pode ter algún intrés para aqueles leitores nosos que pensen que todo o que nos aporte un reflexo da eisistencia íntima de outra terrra irmá do mundo céltico é dino de ser rexistrado e comunicado. Por eso e porque xa fai pouco falei do tema, quixera oferecerlle a quen poida interesarllle unha recreación galega da líriva eisaltación potriótica quen fai máís dun século creóu Tomas Moore para a sua Irlanda amada... (Tara foi craro está, a sede da corte dos antigos reises de Eire.)

A arpa que antano nas salas de Tara
da música a alma vertía,
pendúrase muda nos muros de Tara
cal si aquela alma fuxira.
Así se finou i tremere da groria,
e durme de outrora o orgulo,
e os bós corazóns que batían na lóa
non sinten xa máis aquel pulso.
Pra os xefes e as damas brilantes xa hoxe
a arpa de Tara non se inza,
o acorde senlleiro que sóa n a noite
só conta unha historia de ruína,
Así a Liberdade ben pouco hoxe esperta,
e o seu latoxar só se sinte
si algún corazón, indignado reventa
en proba de que Ela inda vive.

P. R. Castro.

Volver


Volver ao principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/09/2000


Logotipo, obra de Pepe Carreiro