| O máis importante cargo desempeñado por Plácido
Castro no seo do galeguismo foi o de secretario de Relacións Internacionais, representando a Galicia no
IX Congreso de Nacionalidades Europeas en setembro de 1933. Meses despois participa no Pacto de Compostela, onde
se xesta “Galeuzca”. Durante este período, Plácido non deixa o seu labor intelectual, publicando
artigos en diversos xornais e traducindo, en colaboración cos irmáns Vilar Ponte, ó Nobel
W.B. Yeats. En 1936 participa moi intensamente na campaña a prol do Estatuto de Galicia. |