| Plácido R. Castro foi enviado a estudiar a Glasgow (Escocia)
cando tiña seis anos e alí continuou ata licenciarse en Filoloxía Inglesa na prestixiosa Universidade
desta cidade. Foi no tempo de universitario cando comezou facer traduccións. Viaxou polas illas interesándose
polo “celtismo” e realizando reportaxes fotográficas; así, no exterior foi nacendo a súa simpatía
polo galeguismo. Nas súas visitas a Galicia pasou tempadas en Cambados, onde colaborou en actividades culturais. |