·Fundación Plácido Castro
Volver


Transixencia incomprendida


Plácido Ramón Castro del Río
“Transixencia incomprendida”. El Pueblo Gallego, martes 25 de xullo de 1933.

Un importante partido político –iñoro si se trata da súa fracción oficial ou desidente porque vai sendo imposibre entender a clasificación das forzas políticas en Galicia– quer xustificar a sua actitude de oposición ao Estatuto, presentándoo como unha obra do nacionalismo galego que o utilizará como medio para chegar ao separatismo e â independencia de Galicia...cabería discutir si o nacionalismo ten un carácter arredista ou si a sua visión do estado hespañol non é a única que faga posibre unha verdadeira unidade. Poderiamos tamén indicar aos nosos adversarios que o seu razonamento representa un erro político porque nos fan o favor de concedernos unha excepcional importancia, posto que por medo ao nacionalismo chegan a renunciar â Autonomía que profesan chegar.

Pero cometen ademais o erro de colocarse n–unha posición completamente contraria ao que queren defender. Un pouco de transixencia pol–a sua parte sería o medio máis doado de evitar a posibilidade d–un trunfo separatista. E n–ese camiño de transixencia atopáronse coa axuda sinceira dos nacionalistas.

Vexamos si os feitos xustefican a acusación que contra nós se dirixe. Ninguén pode negar que dende que a implantación da República fixo posibre a autonomía de Galicia, os nacionalistas colaboraron sempre en todo intento de acadar para a hora tersa un Estatuto por bundado que fose. Non é esta unha posición arredista. Procedendo como separatistas os nacionalistas terían feito todo o posibre por poñerlle obstáculos ao proceso autonómico, que xa estaría detido si lle fallase o apoio do galeguismo. Si o nacionalismo fose egoista e puxese os seus intereses políticos por enriba das conveniencias de Galicia desexaría a continuación d–unha Galicia sometida a un...........unitario, sin defensa posibre contra o centralismo, obrigada a sufrir as consecuencias d–unha política inxusta e desacertada. Entón si que Galicia se faría separatista e o seu pobo, deixando aos partidos nacionaes, se incorporaría aos que propugnasen a sua absoluta independencia.

Pero os nacionalistas teñen un outo senso de responsabilidade que non lles permite iñorar as urxentes necesidades do pobo e os graves perigos que o ameazarían si non chegase agora a ser autónomo. Non queren sacrificar a un pobo, contribuir â sua miseria material, aínda que sexa en aras d–un ideal que consideran o máis nobre que eisiste na nosa terra. Pensan que o mellor para Galicia sería a independencia, coidan que a opinión galega chegará tamén a comprendelo así, pero non están dispostos, por intransixencia, a que Galicia perda a oportunidade de obter un medio de se gobernar algo mellor que agora, unha posibilidade de defensa do seu espírito e da sua economía, unha garantía contra o desgoberno que soporta baixo o centralismo.

Esta é a posición do nacionalismo galego, enteiramente franca e nidia e sinceira. A sua transixencia ao aceptar o Estatuto é maior que a de ninguén. Porque o Estatuto –compárese co programa nacionalista– non concede ningunha das suas reivindicacións esenciaes. Lonxe de ser un medio de chegar ao separatismo representa a única posibilidade de que Galicia non se arrede de Hespaña, a única fórmula capaz de producir a convivencia de Galicia no estado hespañol. É evidente que os nacionalistas seguirán defendendo as suas ideas dentro d–unha Galicia autónoma. Pero veranse privados de algúns dos seus principaes argumentos, dos flejonamentos capaces de chegar ás masas e movelas. Estarán obrigados a emprender unha longa etapa de regaleguización de Galicia e de orgaización i–estímulo do galeguismo latente do noso pobo, tan longa que cecais non vexa o seu remate e ningún dos que hoxe loitan por esa causa.

Transixencia e sacrificio e non solo de ideais sinón de posicións políticas ventaxosas porque por un senso de responsabilidade arrincan os...................(redima)..................................................en troques a unha longa loita na que podemos non trunfar si os demais partidos políticos non responden ao noso xesto, a responsabilidade será sua.

Serán culpabres da rruiña de Galicia e de que a disespranza leve aos gallegos a seguir un reino moito máis extremo que o do autonomismo. E cecais rectifiquen así un erro de táctica política do nacionalismo e lle fagan ao arredismo un favor que somentes máis adiante chegarán a comprender.

P. R. Castro.

Volver


Volver ao principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/08/2001


Logotipo, obra de Pepe Carreiro