|
A avalancha do automóbil
Plácido Ramón Castro
del Río
El Pueblo Gallego, España adiante,
venres 10 de febreiro de 1928.
Deberiamos estar acostumados, pola maneira
brusca de pruducirse que teñen o nosos ríos, ó réxime de avenidas violentas. Réxime
alterno de seca e inundación. Sen embargo, é difícil habituarse ás pragas. Hoxe bótasenos
enriba outra crecida, outra avalancha; pero -adiantémonos a dicilo- benéfica, favorable, civilizada.
Falo dela nese sentido, considerándoa como algo ameazador porque temo que veña a sorprendernos mal
preparados. Quero falar hoxe da avalancha do automóbil por tódalas rutas de España.
Máis dunha vez, neste mesmo periódico,
tratei co debido eloxio o progreso das nosas estradas. Os últimos dez anos fixeron variar por completo o
cadro dos camiños españois. Primeiro foron os plans de Obras Públicas e as famosas, menosprezadas
estradas parlamentarias. O menosprezo poderá ser merecido atendendo ó favoritismo na orde de prelación;
pero non creo que sexan moitas as estradas innecesarias. Por onde queira que se trace un camiño, alí
fai falla e é de utilidade pública, aínda que outro poidera ser máis preciso.
Andando polas vilas, máis que polos salóns
madrileños, consideraría inxusto non acordarnos de Rafael Gasset e da súa insistencia en dá-la
maior eficacia á súa lei de camiños veciñais. Gasset repetiu con abstinación
dous ou tres motivos que o país aprendeu de memoria, e que acaso, pola falta de desenrolo orquestral, chegaron
a cansarlle un pouco. Pero os camiños veciñais non son música. Fomento traballou ben e os
Concellos comezaron a responder mostrando por primeira vez vontade, espertando e axudándose a si mesmos.
A construcción de camiños veciñais foi o ensaio, case sempre (...) Encaixa perfectamente este
coidado nunha concepción militar de España. As consignacións para conservación eran
mesquiñas e se llas aumentou, sen dúbida por comprender ó actual réxime que apoiándose
nunha “política de realidades”, co criterio do século XVIII anterior ós doceanistas, conviña
mellorar os camiños. O camiño, ademais de instrumento para a circulación da riqueza , é
o mellor cartel de propaganda a favor ou en contra dun país.
A actualidade chega neste momento a un alto desde
o cal imos descubrir un novo panorama. Debemos servila, sen temor a desmpeñar funcións humildes porque
tamén servimos á Historia. Vimos onte a curiosidade do pobo de Madrid agolpándose a contempla-lo
coche máis xigantesco e máis cómodo que entrou na meseta. O que noutro tempo foi o Pullmann,
e agora o autobus de liña, o autobus para grandes viaxes internacionais. Só con ve-la impoñente
masa destes monstruos comprendemos que empeza unha nova época para as estradas ó mesmo tempo que
para a vida española. Van estar sometidas a unha proba moi dura se as consideramos como a continuación
das rutas de Europa, non só os grandes camiños interurbanos, senón tamén os outros,
máis modestos, que levan a lugares de turismo. Eu sei –porque as miñas viaxes destes últimos
anos mo ensinaron- que a maioría das estradas importantes están ben. Os viaxeiros terán ó
chegar esa sorpresa; moi agradable, aínda que lles desfaga o seu prexuízo do pintoresco. Nalgunha
outra cousa se desquitarán. Ben construidas, ben conservadas, son perfectamente trnsitables; normais en
Europa.
Pero a rede é complicadísima e a
medida que xa internándose, o viaxeiro chega a camiños antigos, apenas reformados, e entra na zona
abandoada, onde non é que sexan malos, senón que non os hai. Non falo desa súa posta “Siberia
extremeña” –que non é tal Siberia fóra deste trazo da falta de camiños-. Falo de moitas
rexións que agardan, o complemento de obras xa comezadas: o camiño que une dous trozos xa construídos;
a estrada de enlace. E sobre todo imaxino o que será dentro de pouco o tránsito por estrada, cando
a competencia das marcas ponga o coche e a camioneta ó alcance das xentes do campo.
Este cambio vai a ser moi brusco. Empezou xa nalgúns
lugares; non moitos aínda. Pero ven a marcha rapidísima. Eu creo que debe organizarse como un plan
de campaña con estudios serios, con orzamento adecuado, a defensa dos camiños.
P. R. Castro.
|