|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que ideas expresa a “Declaración Programática”
do Fondo?
Esta especie de manifesto fundacional reivindica o papel
que poden e deben desempeñar as Corporacións Locais nun mundo efectivamente globalizado, pero que
se obstina en marxinar do progreso a todos aqueles que non son capaces de seguir o vertixinoso ritmo imposto polos
máis avanzados e poderosos.
A cooperación constitúe hoxe un campo máis
de actividade da acción pública local. Fronte á idea de crecemento a calquer prezo, insístese
na importancia de moderala atendendo a razóns de equilibrio, distribución e solidariedade, para crear
unha sociedade internacional máis xusta e humana.
A Declaración Programática
pretende ser a base mínima de entendemento para o exercicio das políticas de cooperación e
solidariedade por parte das administracións locais galegas, o nexo filosófico que dé sentido
á coordinación, interlocuión e aprendizaxe mutua, sen merma do máis escrupuloso respecto
á autonomía de cada Corporación para asumir compromisos de maior envergadura.

|