Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nš 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que é a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade?


A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade é un marco de coordinación e representación conxunta de todos os Fondos existentes no Estado: Catalán, Vasco, Valenciano, Mallorquí, Menorquí, Ibiza e Formentera, e Andaluz. Ademais de conciliar vontades para a difusión deste modelo de cooperación, intercambiar experiencias que sempre enriquecen a todos, asume a interlocución común ante as institucións estatais, europeas e mundiais partindo da asunción de puntos de vista comúns.

A Confederación, reunida en Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 1998, expresou o seu total e decidido apoio ó Fondo Galego. Recentemente foi convidada a participar de pleno dereito na Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento (Ministerio de Asuntos Exteriores) que creou a Lei 23/1998 de 7 de xullo de cooperación internacional para o desenvolvemento.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nš 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir