Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nº 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que actividades proporciona o Fondo ós seus socios?


Existe a convicción de que non se trata unicamente de que os socios transfiran recursos ó Fondo para que este decida onde efectuar o gasto, senón que parte desa enerxía debe regresar ás súas distintas orixes para sensibilizar, concienciar e facer medrar o compromiso solidario da nosa colectividade.

Esta é unha das preocupacións primeiras do Fondo. Por iso preparamos unha exposición que leva por título “Solidariedade? A fondo!” que se facilita gratuitamente a todos os Concellos.

Igualmente, coas memorias dos proxectos executados e a participación de persoas directamente involucrados nos mesmos, programanse actividades informativas dirixidas ó gran público para que perciba máis de preto o destino das axudas, o impacto que producen, e teña a oportunidade de interrogar directamente ós actores da cooperación.

A medida que o Fondo asegure maior capacidade de financiamento de proxectos, maiores serán as actividades de “retorno”que se irán desenvolvendo.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nº 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir