|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Cal é a aportación do municipalismo
galego ás políticas de cooperación e solidariedade?
Aínda que a aportación do municipalismo
galego ás políticas de cooperación e solidariedade avanzou nos últimos anos, é
moi reducida en comparación coas aportacións doutras zonas do Estado.
Cando aquí falamos de aportacións de dúas
pesetas por habitante, non debemos ignorar o feito de que en Cataluña, por exemplo, superan a media das
oitenta pesetas. O frío exame das cifras pode dar a impresión de que Galicia non é solidaria,
a pesar de que, noutro tempo, moitas sociedades foron solidarias con aqueles galegos que emigraban polo mundo adiante
en busca dunha vida mellor. Somos conscientes de que non é exactamente así, pero debemos demostralo
incrementando progresiva e constantemente o noso esforzo solidario.

|