Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nš 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Como nos aseguramos de que os proxectos se realizan en debida forma?


Ademáis do control e seguimento durante o proceso de execución, establécense dous mecanismos adicionais.

En primeiro lugar, a cantidade que resta por entregar non se libra ata que por parte do adxudicatario se aporte o correspondente informe-memoria da actividade desenvolvida, con explicación dos pormenores, ilustración gráfica e resume contable.

Así mesmo, o Fondo Galego, a través da Confederación de Fondos, dispón dunha Oficina de Seguimento de Proxectos en Managua (Nicaragua), que efectúa visitas a todos os proxectos emitindo con posterioridade un amplo informe sobre a consecución de obxectivos. Esta Oficina constitúe un valioso aporte en toda a área centroamericana e do Caribe para asegurar a realización dos proxectos en debida forma. Similar importancia ten o feito de que o Fondo non actúe en accións de emerxencia humanitaria, nas que resulta máis difícil o control da xestión da axuda.

O Fondo prioriza o desenvolvemento sobre outras actuacións pois considera que é na superación desa situación de postración que radica a propia capacidade de acceder a maiores niveis de progreso e benestar.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nš 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir