Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nš 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que proxectos desenvolveu ata agora o Fondo Galego?


Na convocatoria de 1998 financiaronse os seguintes proxectos: construcción dunha casa de acollida para menores en alto risco social (Guatemala, Arquitectos sen fronteiras); instalación dunha rede de auga potable (Perú, Amigos Escaes); construcción de módulos básicos para servicios hixiénicos e lavandería (Perú, Inti), por un valor total de 3.922.565 de pesetas.

En 1999 financiouse a construcción dun muíño para facilitar o traballo das mulleres (Nicaragua, Axunica); o desenvolvemento dunha zona en base á conservación de áreas naturais e o fomento do ecoturismo e técnicas gandeiras de baixo impacto (Bolivia, Natura Hispánica); a ampliación dunha escola e a construcción de letrinas para 400 alumnos (Angola, Intermón); a instalación de emisoras de radiocomunicación para as poboacións indíxenas (Perú, Paz e Solidariedade), por un importe total de 6.754.876 de pesetas, un 72,2 por cento máis que na convocatoria anterior.

Así mesmo, o Fondo canalizou axudas de carácter urxente para Timor e Cósovo.

Na convocatoria do ano 2000 prodúcense novidades importantes. Dunha banda, o Fondo Galego comeza a xestionar a cooperación directamente, é dicir, sen a intermediación de ONGs, participando no financiamento de dous proxectos en colaboración con entidades do Sur.

Trátase da construcción dunha ponte en Guatemala, e da construcción de vivendas en Nicaragua. Os partenaires son, respectivamente, a entidade municipalista INCIDE e a Fundación Augusto César Sandino. En ambos os dous casos, o Fondo, aportando unha cantidade inicial, aspira a cofinanciar a totalidade dos proxectos con aportacións extraordinarias dalgúns Concellos.

Esta liña de traballo aposta por incrementar as cantidades destinadas a xestión directa que se sitúan de entrada nunha terceira parte da totalidade dos recursos manexados polo Fondo Galego.

Nesta convocatoria, ademais, perseverarase na vía tradicional, financiando os proxectos presentados por Cosal (construcción dunha rede de auga potable en El Salvador), Amigos Escaes (instalación dun módulo de ovinos en Perú), Entrepobos (mellora do bosque, en Ecuador) e Intermón (producción económica de agricultores en Haití).

O importe destas axudas ascende a 8.509.162 de pesetas que, sumados ós catro millóns iniciais destinados a cooperación directa, sitúanos nun total superior ós 12,5 millóns de pesetas, e con posibilidades de multiplicar por tres o importe dos recursos destinados a este fin na convocatoria do ano 1999.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nš 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir