|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que garantías hai de que os fondos se destinen
á finalidade prevista?
Dende o Fondo esmerase a atención para que a
identidade de asignación de recursos e proxecto financiado non se disocie. Os titulares das axudas son os
primeiros interesados en que así sexa pero dende a Comisión Executiva, tal como se recolle nas Bases
da convocatoria anual, establécense mecanismos de control e garantía para efectuar un seguimento
da marcha dos proxectos, dende o instante mesmo do libramento dos fondos. Periodicamente, e sempre que o considere
oportuno, a Comisión Executiva pode reclamar a comparecencia dos adxudicatarios para informar sobre a evolución
do proxecto financiado.

|