Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nš 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Como chegan os proxectos ó Fondo?


En cada exercicio realizase unha convocatoria anual convidando ás ONGs a presentar as súas propostas. Esa convocatoria está rexida por unhas bases que se elaboran en primeira instancia na Comisión Executiva, a renglón seguido discutense coas ONGs integrantes do Consello Municipalista e novamente regresan á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva.

O seguinte paso consiste en promover a súa divulgación entre os hipotéticos destinatarios a través de diferentes vías (correo normal, electrónico, etc) establecendo un prazo para a recepción dos proxectos que deben respectar os parámetros xerais da convocatoria.

Non existe entón unha convocatoria aberta e permanente, pero non se descarta tampouco a posibilidade de que, dende o Fondo, poidan financiarse proxectos de xestión directa (entre entidades municipalistas), sen a intermediación de ONGs, que poden xurdir en calquer momento.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nš 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir