|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Cales son os gastos de funcionamento do Fondo?
Toda entidade xenera unha burocracia. Dende o Fondo
pretendemos que esta sexa a mínima imprescindible para garantir un digno e eficaz funcionamento. Actualmente
o nivel de gasto deste capítulo sitúase por debaixo do cinco por cento do noso orzamento anual. Con
esa porcentaxe atendemos todos os custes de xestión. Esto é posible en virtude do esforzo que se
efectúa dende a Secretaría do Fondo, auténtica columna vertebral da nosa estructura, pero
tamén é consecuencia dos apoios loxísticos e materiais que de procedencia diversa, contribúen
a aliviar sensiblemente esta carga.
Cómpre ter en conta que o Fondo trata igual a todos os
socios con independencia do seu tamaño ou aportación e dado o perfil do municipalismo galego, son
moitos os Concellos que aportan cantidades baixas que sen embargo aspiran lexitimamente a estar informados das
iniciativas do Fondo e a participar e beneficiarse das actividades programadas.
A autorestricción no gasto burocrático obedece
á idea de concentrar a maior parte posible dos recursos propios no financiamento de proxectos de desenvolvemento.

|