|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que relación hai entre o Fondo e as ONGs?
As organizacións non gobernamentais (ONGs) constitúen
un referente importante no mundo da cooperación. Sen dúbida, gañaron a pulso un considerable
respecto social, proporcional ó seu nivel de compromiso e adicación.
Dende o inicio das súas actividades, o Fondo considerou
a necesidade de crear un Consello Municipalista da Cooperación que facilitaría a libre e voluntaria
participación de todas elas nas dinámicas municipalistas de cooperación.
As finalidades principais deste Consello son as seguintes: actuar
como órgano consultivo do Fondo nalgunhas materias; participar na elaboración das bases reguladoras
para a concesión de axudas a proxectos de cooperación; participar no seguemento, control, supervisión
e avaliación da eficacia con que se utilizaron os fondos asignados a cada proxecto; promover iniciativas
de cooperación e solidariedade en Galicia, etc.
O Consello conta con un Regulamento de funcionamento que foi
aprobado por unanimidade na sesión constitutiva celebrada o 17 de decembro de 1998. Na actualidade, forman
parte do Consello un total de catorce ONGs, pero todas poden participar se así o solicitan.

|