|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que relación existe entre o Fondo e a Xunta
de Galicia?
Nunha carta que nos foi remitida polo presidente da
Xunta de
Galicia o pasado 30 de xuño de 1998, ós
poucos meses de adquirir persoalidade plena, Manuel Fraga expresou o seu respaldo a esta iniciativa. Non se trata
dunha simple declaración sen contido nin compromiso. Precisamente, o 10 de abril de 2000, o conselleiro
de Presidencia e Administración Pública, Jaime Pita Varela, asinaba co Fondo Galego un convenio de
colaboración para a realización de actividades relacionadas coa sensibilización social en
materia de cooperación ó desenvolvemento e que permitirán desenvolver importantes iniciativas
neste ámbito.

|