|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que relación existe entre o Fondo e a FEGAMP?
O Fondo naceu co apoio da FEGAMP
(Federación Galega de Municipios e Provincias). Foi co seu apoio, entre outros, que se celebrou un primeiro
encontro sobre esta temática, o 30 de novembro de 1996, e logo unha sesión informativa, realizada
na Escola Galega de Administración Pública o 30 de maio de 1997.
Actualmente existe un acordo de colaboración
entre a FEGAMP e o Fondo que, a partir das múltiples coincidencias, recomenda a todos os Concellos e Deputacións
a adhesión e respaldo a esta iniciativa.
Na última Asemblea Xeral, celebrada o pasado 14 de decembro
de 1999 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, por unanimidade, a FEGAMP aprobou unha declaración
de apoio ó Fondo. Ademáis, a FEGAMP presta ó Fondo todo o seu apoio material e técnico.
Na sede da FEGAMP reside o domicilio social do Fondo Galego.

|