|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Existe pluralidade no Fondo?
Do Fondo forman parte actualmente entidades locais e
provinciais de todas as sensibilidades políticas. Dende a Asemblea de socios ata a Comisión Executiva
existe unha representación moi plural, inspirada pola vontade de consenso e pola idea de que a solidariedade
e a cooperación deben ser campos de colaboración e non de confrontación. A pluralidade é
a mellor garantía para o avance e a consolidación do Fondo Galego, e xurde tamén desa unanimidade
que caracteriza a adopción dos acordos de adhesión ó Fondo por parte das diferentes entidades
locais e provinciais.

|